Novas

O Colexio de Podólogos de Galicia alerta do mal uso dos calicidas, que poden provocar queimaduras nos pés

O Colexio de Podólogos de Galicia alerta do mal uso dos calicidas, que poden provocar queimaduras nos pés

As clínicas podolóxicas galegas detectaron un aumento preocupante do número de casos nos últimos meses

Alfonso Alonso, presidente do colexio profesional:

“Os danos da aplicación dun calicida son no 99 por cento dos casos moito peores que os beneficios”

O Colexio de Farmacéuticos da Provincia da Coruña explica que o colectivo ten “especial precaución con diabéticos” pola súa sensibilidade a úlceras e remítenos ao podólogo

O Colexio de Podólogos de Galicia manifesta a súa preocupación e activa unha alerta sanitaria ante o uso abusivo de produtos calicidas que, nos últimos tempos, está a producirse entre a poboación galega. O colectivo advirte que o número de consultas podolóxicas por queimaduras provocadas por estes produtos aumentou “de forma exponencial” nos últimos meses, un autotratamento asociado en gran medida á crise económica e ao descoñecemento da súa correcta aplicación.

Como profesionais sanitarios, os podólogos galegos destacan os graves efectos negativos que teñen os calicidas sobre o pé: irritación, queimaduras, bochas, abscesos, infección ou úlceras. En caso de non tratar estas afeccións pódese mesmo pór en risco a extremidade do paciente, sobre todo naqueles casos afectados de diabetes (Diabetes Mellitus), un trastorno metabólico que se manifesta por uns niveis de glicosa en sangue (glucemia) por encima dos límites normais.

Para comprobar o alcance do mal uso dos calicidas, o Colexio de Podólogos de Galicia fixo un estudo para analizar casos reais que atenden os profesionais galegos nas súas clínicas. Este informe sintetiza os datos básicos dos pacientes e as súas afeccións: datos persoais (sexo e idade), antecedentes persoais de problemas vasculares ou diabetes, lesións, uso de calicidas, orixe da prescrición, tempo de utilización do produto e tratamento podolóxico aplicado.

Tendo en conta as consecuencias negativas para os pés dos pacientes, o Colexio de Podólogos de Galicia pide prudencia aos diversos colectivos médicos que receitan e recomendan estes tratamentos. “Os danos da aplicación dun calicida son no 99 por cento dos casos moito peores que os beneficios- explica o presidente do Colexio de Podólogos, Alfonso Alonso.

O Colexio de Farmacéuticos da Provincia da Coruña considera necesario acordar un protocolo de actuación conxunta entre os profesionais de atención sanitaria

O presidente do Colexio de Podólogos de Galicia reuniuse o pasado mes de maio con representantes do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia da Coruña para comunicarlle a súa preocupación polo mal uso dos calicidas. O colectivo farmacéutico recibe con frecuencia nos seus establecementos a persoas maiores que piden algún produto para o tratamento dos callos. Nestes casos, os farmacéuticos aconsellan como utilizar estes produtos, empregando algún tipo de vaselina ou crema ao redor do callo para protexer e non queimar a zona. “Temos especial precaución con diabéticos pola súa sensibilidade a úlceras e moitas veces remitímolos ao podólogo, ademais de advertir a pacientes alérxicos ao ácido acetilsalicílico”- destacan.

Para controlar e erradicar a mala aplicación de calicidas en grupos de risco como as persoas diabéticas, os farmacéuticos coruñeses consideran que sería necesario acordar un protocolo de actuación conxuntamente con todos os profesionais implicados na atención sanitaria a estes pacientes.

En canto á necesidade de prescrición de calicidas con receita médica, o Colexio de Farmacéuticos da Provincia da Coruña lembra que a cualificación de medicamentos suxeitos a prescrición médica está recollida o a Lei 29/2006 de Garantías e Uso Racional dos Medicamentos e Produtos Sanitarios. “É competencia do Estado establecer se os diferentes medicamentos deben estar suxeitos ou non a prescrición médica, ou tendo en conta as últimas disposicións desa Lei a posible indicación por podólogos ou persoal de enfermaría”- subliña.

Ademais, o colectivo destaca que o farmacéutico, como profesional sanitario experto en medicamentos e produtos sanitarios, dispón de amplos coñecementos no “uso racional” dos mesmos para recomendar a súa utilización nos casos necesarios ou a remisión ao médico en caso de complicacións ou risco.

Vademécum de farmacoloxía aplicada en podoloxía

Os farmacéuticos cataláns, Santiago Gómez Ortiz e Santiago Gómez Facundo, son autores da “Guía Farmacolóxica de Utilización en Podoloxía”, editada en febreiro de 2010 a petición do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Podólogos. Ademais, son responsables da formación farmacolóxica continua dos profesionais do Colexio de Podólogos de Galicia.

Esta guía é un instrumento de traballo creado para que os podólogos realicen unha elección das mellores opcións fármaco-terapéuticas para o tratamento das diversas patoloxías do pé. Incluíronse aqueles medicamentos e fórmulas maxistrais, elaboradas nas farmacias, máis comúns e de uso cotián na práctica podolóxica que precisan receita médica. A guía farmacolóxica propón unha selección de medicamentos de utilidade podolóxica atendendo a parámetros de calidade na prescrición “eficacia, seguridade, avaliación na súa utilización e comodidade de prescrición”.

Existen preparados dermatolóxicos (antehidróticos, anteverrugas e calicidas) clasificados como cosméticos, con propiedades antetranspirantes e desodorizantes, cunha potencia e efectividade moi limitada que non están incluídos na guía. No caso dos calicidas, debido ás limitacións legais, as súas formulacións son restritivas cuantitativa e cualitativamente ao ter consideración de cosméticos e non de medicamentos. Santiago Gómez Ortiz indica que moitos destes preparados presentan unha cantidade elevada de ácido salicílico na súa composición para reducir as durezas ou os calos, superior na maioría dos casos ao 20 por cento e chegando ao 50 por cento, un produto para o que se necesitaría receita médica ou podolóxica. En cambio, hai outros produtos que teñen a súa razón de ser con niveis de ácido salicílico do 16 por cento.

Segundo Santiago Gómez Ortiz, esta guía apunta como contraindicación que os calicidas non deben ser utilizalos por pacientes que presenten alteracións da circulación periférica e diabéticos que non fosen avaliados por un podólogo. “O labor dun farmacéutico será aconsellar sobre o uso do produto e preguntar para quen é. A farmacia actúa de filtro e deriva ás persoas afectadas ao podólogo” -explica Santiago Gómez Ortiz

Posted in Novas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Los podólogos alertan contra la tentación de estar mucho sentado, en @elprogreso_Lugo https://t.co/Nxnhw3CD2a
Recomendaciones del @CGPodologos para atender una urgencia en tiempos del COVID-19 https://t.co/NOWXB5eiSf
«No estar mucho tiempo sentado», nuestros consejos para el confinamiento en @Diario_Pontev https://t.co/KcAGJVCL7W
El @CGPodologos pide al Gobierno el cierre de las consultas. Los podólogos han aparcado su reinvidicación de formar… https://t.co/x7kG3doQXE
Evitar el sedentarismo en confinamiento,nuestros consejos en @elcorreogallego https://t.co/uCfuT4IR47
Los podólogos gallegos recomiendan evitar el sedentarismo por los problemas circulatorios https://t.co/WJAO60Mo9U vía @Farodevigo
Recomendaciones de los podólogos ante el confinamiento, @ABCenGalicia https://t.co/DQfAxv3l19
El Colegio de Podólogos de Galicia recomienda estar poco tiempo sentado https://t.co/80vKCNa9TF https://t.co/6zw6Zl4qhY
Los podólogos gallegos aconsejan "no estar mucho tiempo sentado" para "evitar problemas circulatorios" https://t.co/ivPeLmtof9
🔶 ¿Quieres reducir los efectos del confinamiento en los pies? Recomendaciones básicas para evitar problemas circul… https://t.co/bZZOBDK8QX
🔶 ¿Por qué pedimos el cierre de nuestras clínicas 🔑? Desde el @CGPodologos se han enviado al @sanidadgob los motiv… https://t.co/PxY9WyOtGm
🔶 Hoy conmemoramos el Día Mundial del Síndrome de Down 🎗👦🏼🧒🏽 Es recomendable que estas personas sean revisadas peri… https://t.co/kqaNNQGRhl
🔶Últimos protocolos de actuación frente a COVID-19 #QuedateEnCasaLeyendo .......... 🔷Derradeiros protocolos de act… https://t.co/kI7DqnDoFr
Rogamos a los colegiados prudencia en las redes sociales, nuestros pacientes las observan también. No realicemos ni… https://t.co/sZhUBc2d1A
Consejos sanitarios para el aislamiento domiciliario para personas con COVID-19 --- Consellos sanitarios para o ill… https://t.co/rBWaApI6oW