Novas

ELECCIÓNS COGECOP- PAUTAS DE TRABALLO CANDIDATURA 1

ELECCIÓNS COGECOP- PAUTAS DE TRABALLO CANDIDATURA 1

Estimados compañeiros,

Como xa se vos comentaba na noticia anterior o día 6 de marzo de 2015 celebraranse, na súa sede situada en Madrid, as eleccións do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Podólogos, para as cales cada presidente de cada Colexio Oficial de Podólogos, membros da Asemblea Xeral do Consello, ten un voto.

Como podedes ver o presidente do Colexio Oficial de Podólogos de Galicia participa na candidatura 1, e,  por isto, gustaríanos compartir convosco algunha das liñas de traballo que, despois de varios meses, propón esta candidatura:

1- Funcionamento do Consello como un “paraugas” de todos os colexios nos cales se centrarán as actuacións deste (formación, promoción e divulgación da profesión…)

2- Contratación dun Gabinete de Prensa para a promoción e divulgación da Podoloxía a través de campañas de concienciación de toda a poboación referente á saúde de pé.

3- Profesionalización: valorar a incorporación da figura dun Xerente o cal xestionará os proxectos encargados pola xunta de Goberno e acordados en Asemblea.

4- Revisión profunda da Revista Española de Podoloxía: análise da situación actual da mesma (gastos, soldos, comités…) e tratar nunha Asemblea extraordinaria o rumbo a seguir (revista versión on-line…)

5- Transparencia: realizar unha Auditoría para analizar situación económica da institución no momento da toma de posesión da nova Xunta. levará o informe do auditor á Asemblea.

6- Revisión e renegociación de contratos do Consello: telefonía, xestoría, bancos…

7- Analizar e levar a Asemblea a posibilidade de cambio da Sede ou valorar facer un convenio con outros organismos para a realización das Asembleas nunha sala con medios audiovisuais e adaptada ás necesidades técnicas e de confort que se necesita en reunións de 17 persoas.

8- Estreitar relacións co Ministerio de Sanidade, inclusión da Podoloxía nas carteiras de servizos.

9- Facer unha campaña de loita contra o intrusismo profesional que tanto afecta á nosa profesión.

10- Valorar a posibilidade de “negociar” co Ministerio de Educación o número de profesionais que saen anualmente das universidades.

11- Elaboración dun Réxime Interno que cubra o baleiro que levamos sufrindo anos por non ter ao día os Estatutos que unha institución como un consello necesita para poder funcionar.

12- Revisión de Asesoría Xurídica: coñecer a actual e as condicións ou valorar facer convenio cunha nova.

13- Realizar as Xuntas de Goberno a través de Videoconferencia e valorar o estender este método para as Asembleas de Presidente, co consecuente aforro económico que isto suporía.

14- Todas as decisións de relevancia para a institución e para o colectivo decidiranse en Asemblea de Presidentes, non de forma unilateral pola Xunta de Goberno.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

La Junta de Gobierno se reunió ayer para tratar cuestiones de interés para la profesión y colegiad@s: temas con la… https://t.co/RBQcIPMtcb
#conlosmedicamentosnohayexcusas Muchas veces los pacientes no son conscientes de los efectos que puede conllevar la… https://t.co/ZI0u5qGfxg
«Pero... ¿para esto hace falta receta?» https://t.co/dnXss6iQXB
Intervención de nuestro presidente, Juan Dios, en la rueda de prensa del Colegio de Farmacéuticos presentando la ca… https://t.co/xJRCILilVB
El 90 de los farmacéuticos gallegos reciben cada día peticiones de medicamentos sin receta https://t.co/VEgIce7QLC
🔹El presidente Juan Dios ha asistido hoy al IX Congreso de Estudiantes de Podología, organizado por la Asociación d… https://t.co/PUIwUEcBty
La farmacia coruñesa liderará una campaña contra la automedicación promovida junto a los prescriptores… https://t.co/veRiyZaQ31
La campaña “Siempre con receta” en el Telexornal Galicia, con declaraciones de nuestro presidente Juan Dios… https://t.co/i21AzrK2xm
El presidente del Colexio de Podólogos de Galicia, Juan Dios, participó ayer en la presentación de la campaña sobre… https://t.co/jOtWlzTDgA
"Pero ¿para esto hace falta receta?" https://t.co/wFYp04fe2f vía @laopinioncoruna
Las farmacias de A Coruña inician una campaña informativa sobre la importancia de la receta médica https://t.co/Hn6QUa9xcx
Inicia unha campaña informativa sobre a importancia da receita médica na Coruña https://t.co/UdmJKD0erx vía @Gconfidencial
Las farmacias de A Coruña inician una campaña informativa sobre la importancia de la #recetamédica Médicos, odontó… https://t.co/R86QhZwFxS