Novas

O Colexio de Podólogos de Galicia aconsella aos peregrinos llevar un control estricto no coidado dos pés para evitar ampolas e tendinite

O Colexio de Podólogos de Galicia aconsella aos peregrinos llevar un control estricto no coidado dos pés para evitar ampolas e tendinite

Recomendan o uso dun calzado axeitado, boa colocación do calcetín e vaselina para evitar friccións

O Colexio de Podólogos de Galicia ofrece aos peregrinos unha serie de recomendacións para que poidan evitar as doenzas e lesións máis habituais nos pés durante a realización do Camiño de Santiago polas súas diferentes rutas de peregrinación.

As etapas xacobeas caracterízanse por atravesar camiños abruptos, cubertos de pedras e maleza e con moitas pendentes. Os profesionais da podoloxía aconsellan empregar un calzado cómodo e, de ser posible, levar máis dun par para poder alternar. Destacan que non deben ser botas de montaña novas, senón algo usadas para que se poidan adaptar fácilmente aos pés. Os calcetís deben ser de algodón, sen costuras. “É moi importante que os calcetís nunca estén húmedos para manter secos os pés –lembran os podólogos–, ademais dunha boa colocación destes no calzado para evitar a formación de ampolas”.

Os expertos recomendan aplicar un pouco de vaselina para evitar as friccións e desaconsellan ducharse antes de empezar a camiñar, pois a pel debilítase con máis facilidade. Unha vez finalizado o percorrido, os podólogos aconsellan lavar e secar cuidadosamente os pés.

Estas pautas evitarán a aparición de ampolas, aínda que ao camiñar moitos kilómetros en días consecutivos non será posible erradicalas por completo. Ademáis, poden xurdir outras lesións que fagan máis complicada a peregrinación, como son as tendinites ou as dores musculares. Se isto ocorre, os peregrinos deben intentar adaptar a ruta ás súas capacidades físicas, percorrendo menos distancia e aumentando o ritmo diario de maneira paulatina. Se a lesión continúa, recoméndase abandoar o camiño e visitar o podólogo para facer un estudo da marcha e buscar a orixe da lesión e poder tratalo.

Consellos podolóxicos antes da ruta

  • Hidratar convenientemente a pel (preferiblemente pola noite antes de deitarse).
  • Hiperhidrose ou exceso de sudoración: usar produtos secantes específicos para os pés (tipo polvo), entre o pé-calcetín e o calcetín-calzado.
  • Corte de unllas: de forma recta.
  • En caso de helomas, hiperqueratose, fungos ou papilomas debe acudirse a un podólogo.

Recomendacións para o trascurso da ruta

  • Non experimentar. Usar calcetín e zapatilla habitual.
  • A zapatilla ideal é a que se adapta á estrutura do pé. Ás veces é preferible andar ou correr cunha zapatilla máis pesada pero con maior amortiguación e suxección.
  • Humidade e calor posibilitan a aparición de ampolas. Intentar que os calcetíns se manteñan sempre secos. Se é necesario levar outro par de reposto.
  • Se se producen ampolas ou rozaduras colocar apósito para evitar unha posible infección.

Consellos podolóxicos para despois da ruta

  • Lavar os pés con auga xabonosa morna.
  • Sumerxir os pés en auga fresca con líquidos relaxantes, para aliviar o quentamento dos pés.
  • Estirar minuciosamente toda a musculatura do pé.
  • Mobilizar todas as articulacións do pé, masaxeándoo sobre todo pola zona da planta.
  • Se aparecen lesións, tratalas axeitadamente acudindo ao podólogo.
Posted in Novas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

🔶 ⚠️ Los callicidas que se distribuyen en farmacias, internet o supermercados incluyen un ácido en su composición q… https://t.co/W1uNWzIKmo
🔶📢Hoy, en el COPOGABLOG queremos alertar sobre el riesgo que supone el uso de los callicidas que se distribuyen en… https://t.co/g8CPVpdgUJ
🏃‍🤾‍⛹‍Este pasado sábado, 24 de octubre, organizamos una webinar gratuita sobre "Introducción al calzado deportivo.… https://t.co/0ZzSx3LYhz
🔶🆕 ‼️ Ya está disponible el nuevo número de nuestro Boletín Trimestral, en el que puedes consultar la actualidad de… https://t.co/0AiwOCnqog
🔷 El presidente del COPOGA, Juan Dios, intervino hoy en el programa Bos días de @TVGalicia para hablar sobre la cam… https://t.co/GMx2k7jUGi
⚽️🎾 Los podólogos recuerdan que un pie sano es clave en el rendimiento del deportista, en @elprogreso_Lugo y… https://t.co/JJdNlVX2OU
🔷Manifestamos o noso rexeitamento á proposta da subida do IVE ao 21% nos servizos sanitarios privados 🦶A podoloxía… https://t.co/AugyLFksVJ
Los podólogos inician una campaña sobre la salud de los pies de los deportistas, en @lavozdegalicia https://t.co/XpFPCQOALP
Podólogos alertan del cuidado del pie del deportista, vía @elcorreogallego https://t.co/hTG5sBddTr
🦶🏽👣 Los esguinces representan el 30% de las lesiones deportivas, pero también son frecuentes la fasciopatía plantar… https://t.co/aQZBUZQvEi
🤩 Faltan 24 horas para comenzar el I CONGRESO INTERNACIONAL VIRTUAL MONOGRÁFICO DE #PODOLOGÍA/PODIATRÍA, organizad… https://t.co/zt64c5iRGT