Novas

O Colexio de Podólogos de Galicia aconsella un coidado regular dos pés na infancia para minimizar as complicacións podolóxicas

O Colexio de Podólogos de Galicia aconsella un coidado regular dos pés na infancia para minimizar as complicacións podolóxicas

O Colexio de Podólogos de Galicia ofrece unha serie de recomendacións aos pais neste incio do curso escolar para que vixilen o camiñar dos seus fillos e poidan protexer o futuro dos seus pés. Segundo os podólogos galegos, a forma do calzado dos nenos e nenas debe ser ampla, permitindo “maior liberdade de movementos e unha correta articulación das dedas”.

O calzado para os máis pequenos debe ter un parte dianteira flexible, de forma que só cunha lixeira presión da man se dobren ata formar un ángulo de 90 graos. A empeña (empeine en castelán) dos zapatos ten que estar feita dunha pel moi branda, ademais de ter unha sola moi elástica e antideslizante para evitar posibles caída. Pola parte traseira, este calzado ten que estar composto por un contraforte robusto para estabilizar o talón e evitar o risco de torsións laterais. “O zapato dos máis pequenos nunca incorporará unha plantilla corretora, será o podólogo quen a suscriba se é necesario” –apunta o voceiro colexial, Borja Pérez–.

Ademais, os pais deben prestar atención as deformacións do zapato (desgastes anormais ou excesivos da sola e tacóns); as alteracións en forma de pontes ou arcos, coñecido como bóveda plantar; a mala aliñación na zona perna-pé a nivel dos xeonllo e tamén das dedas; ou o corte recto das unllas, sen recortar os bordes e sen picos.

Para evitar problemas na idade adulta, o Colexio de Podólogos de Galicia aconsella un coidado regular dos pés na infancia para minimizar ou eludir complicacións podolóxicas. “Cando o bebé comeza a ter mobilidade propia hai que intentar non coller pequenos vicios, sobre todo posturais, para que o seu desenvolvemento serxa correto” –explica Borja Pérez–.

O Colexio de Podólogos de Galicia aconsella aos pais:

– Non obrigar ao neno ou nena a poñerse de pé, forzándoo a camiñar. É conveniente que gatee.
– Cando o rapaz ou rapaza comece a camiñar non son precisos os zapatos na casa. Os pais deben permitir que camiñe descalzo ou con calcetíns como axuda ao crecemento normal do pé. Ao camiñar pola rúa ou superficies ásperas, os pés deben protexerse con calzado lixeiro e flexible, feito de materiais naturais.
– O seu primeiro calzado debe ser de pel moi suave.
– Hai que controlar periodicamente o crecemento dos pés.
– Prestar atención ás dores persistentes en puntos concretos dos pés, rodillas ou mesmo da columna.
– Non é un sinal fiable que o neno non se queixe. Os seus osos en crecemento son tan flexibles que poden torcerse ou deformarse sen que o pequeno se de conta.

A partir dos tres anos considérase a mellor idade para a corrección da maioría das alteracións funcionais dos pés. Os especialistas da podoloxía suxiren acudir a unha clínica para controlar o crecemento periódico dos pés dos máis pequenos.

Posted in Novas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

La podóloga y tesorera del COPOGA, Celia Sieiro, comenta en Radio Coruña​ los consejos para el cuidado de los pies… https://t.co/IWZ8MFyj32
👣 La salud de nuestros pies en verano a análisis por el presidente del COPOGA, Juan Dios, en el programa A Revista… https://t.co/pnWFqkHnoo
🔸 El presidente del COPOGA, Juan Dios, participará el próximo lunes en las XXIV Jornadas de Orientación en Podologí… https://t.co/hgdi5u3uwF
Sancionado con 10.500 euros un enfermero que ejercía como podólogo en Pontevedra, en las páginas de Galicia del per… https://t.co/g0z2fbXhQE
🔶 Sanidade sanciona con 10.500 euros a un enfermero que ejercía labores de podólogo tras la denuncia del COPOGA, qu… https://t.co/QtVzY6dMds
🤩 El vocal del COPOGA, Gonzalo Barros, habla en A Tarde de @RadioGalega sobre las chanclas en verano, solo recomend… https://t.co/aFSX3DO9QC
🔶 Organizamos con @Radiomedicasl el curso ecografía básica e intervencionismo ecográfico en tobillo y pie ℹ️ 18 y 1… https://t.co/0QaOkNLHyK
🔶 El presidente Juan Dios se ha reunido hoy con la subdirectora xeral de Inspección para analizar los casos de intr… https://t.co/vpVWeEBm36
🔶 Curemos el dolor de talón 🦶 #LosPiesImportan #FeetMatter #DíaInternacionalPodiatría @IntPodiatryDay #8Octubre https://t.co/AOvmyFQEjf
#Sentidiño Indicaciones para la ciudadanía, para nuestra protección y para los que nos rodean, además de cuidar el… https://t.co/OyI4Hn3FM6
Los podólogos recomiendanpara el verano las sandalias sujetas al pie. Las chanclas se deben usar en playas y piscin… https://t.co/NA1HJd3Kp9
🔶 #verano #sol #piscinas ☀️🏊‍♀️🏖Recomendamos el uso de chanclas en playas y piscinas para evitar el contagio de hon… https://t.co/KcoRLqq1Ef
📰 Aquí están las últimas noticias de la profesión, en el boletín número 59 del @CGPodologos 🔶 Si queréis leer la… https://t.co/hYc7p08Q6u
La Asamblea General del @CGPodologos reúne hoy y mañana a todos los presidentes de los Colegios Oficiales de Podolo… https://t.co/qpQEuyF3cq
Homenaje de los colegios sanitarios de Galicia https://t.co/02sfKyIgZH a través de @Farodevigo