Novas

O Colexio de Podólogos de Galicia alerta sobre os perigos da cirurxía “cincenta” nos pés

O Colexio de Podólogos de Galicia alerta sobre os perigos da cirurxía “cincenta” nos pés

Esta práctica altera a estrutura ósea e muscular do pé e pode provocar problemas futuros de mobilidade

No verán os pés sofren en exceso polo cambio de calzado con rozaduras e bochas, suoración, sequidade, infeccións cutáneas por fungos ou a aparición de verrugas plantares

A moda actual convida a levar zapatos e sandalias de tacón alto e os deseñadores non teñen en conta as recomendacións que se fan desde o sector da podoloxía. Xurdiu unha tendencia en Gran Bretaña e EEUU na cirurxía plástica, coñecida como “cirurxía cincenta” para os pés. Realízanse liposucións de dedos, lifting de pés e recheos plantares. As mulleres recorren a estas técnicas para embelecer os seus pés e poder adaptalos aos stilettos, uns zapatos de tacón fino, de máis de dez centímetros e orma estreita, de moda actualmente. O Colexio de Podólogos de Galicia explica que este tipo de operacións pode alterar a estrutura ósea e muscular do pé, e mesmo nun futuro causar problemas serios de mobilidade.

Ademais, o Colexio de Podólogos de Galicia explica que un uso excesivo dos zapatos de tacón pode causar afeccións graves nos pés, como metatarsalxias ou dores na planta dos pés, problemas de estabilidade, dedos en garra ou xuanetes. Tamén poden carrexar malformacións, durezas nas plantas dos pés e no dorso dos dedos, e fan que as articulacións e a musculatura da zona véxanse mermadas. Segundo os podólogos galegos, a operación de xuanetes é a quinta máis demandada na Seguridade Social, e máis do 50% destas intervencións poderíanse evitar co uso dun bo calzado.

Os podólogos recomendan o uso dun tacón dun máximo de catro centímetros  e no seu lugar, o Colexio de Podólogos de Galicia aposta por utilizar zapato de cuña corrida, onde cinco centímetros de altura poden ser beneficiosos para combater a fascite plantar (dor no talón).

As chancletas, o calzado específico para a praia

Coa chegada do verán e as altas temperaturas chega tamén un período delicado para os pés. O calzado nada ten que ver co que se usa no inverno e os pés sofren as consecuencias. Algunhas persoas se despreocupan tanto que caen no erro de comprar zapatos que poden pór en perigo a saúde dos pés. Pásase dun calzado pechado a un aberto, ademais de prescindir de calcetíns ou medias que protexen os pés.

Así, xorden problemas comúns como as rozaduras e bochas, exceso de suoración, sequidade, infeccións cutáneas por fungos ou a aparición de verrugas plantares. Tamén o feito de que a sola normalmente é menos amortiguadora que no inverno (cando adoitan ser de goma) pode provocar sobrecargas na planta que provocan metatarsalxias, rozaduras e bochas, ou a aparición de talalxias, sobre todo fascite plantar pola utilización de calzado demasiado plano ou que non suxeite o pé.

En caso de detectar algunha anomalía nos pés, o Colexio de Podólogos de Galicia aconsella visitar a un profesional da podoloxía para que realice unha exploración e poida pór en marcha o tratamento máis adecuado para evitar un empeoramento do problema.

Cada tipo de calzado está deseñado para un uso concreto. É o que ocorre coas chancletas, que non son uns zapatos anatómicos para levar no día a día. A súa función é a de calzar para ir á praia ou á piscina, pero non para ir traballar ou pasear. Para entrar na auga hai calzados específicos, unhas zapatillas de goma moi axustadas ao pé que evitan as lesións plantares producidas por ourizos de mar, peixes rabuña, fanecas ou outros animais e obxectos que están nas beiras das praias. Son as coñecidas como cangrexeiras ou fanequeiras.

Posted in Novas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

¿Sabíais que el pie zambo se suele descubrir al nacer👶? Es una afección que se puede detectar desde edades bien tem… https://t.co/yYb6ubwSIE
🔶 🗣 No paramos nuestra actividad, y hoy se ha reunido la comisión de intrusismo, compuesta por el presidente Juan D… https://t.co/IJgn6ORGM4
Insisten en evitar los sabañones y que no se vuelvan crónicos, en @vozdesantiago https://t.co/kKUPVQ4Q0d
Los podólogos recomiendan evitar contrastes térmicos para prevenir sabañones https://t.co/6lZD2lyngB vía @laopinioncoruna
Usar calzado y calcetines aislantes y evitar los contrastes de frío-calor, claves para prevenir los sabañones en in… https://t.co/eNXaYXigIB
Los podólogos aconsejan "calzado y calcetines aislantes" y evitar contrastes térmicos para prevenir sabañones… https://t.co/FOTxDSI5Ic
Los podólogos gallegos aconsejan "calzado y calcetines aislantes" y evitar contrastes térmicos para prevenir sabaño… https://t.co/1V1sNNM80e
Os podólogos galegos aconsellan "calzado e calcetíns illantes" e evitar contrastes térmicos para previr frieiras… https://t.co/E67qxce1hF
Recomendaciones para el frío invernal ☃️❄️, usar calzado y calcetines aislantes, evitar los contrastes de frío-calo… https://t.co/BWQgyiolnv
Un diagnóstico precoz y un tratamiento adecuado, con hábitos de vida saludables, pueden evitar que el pie reumático… https://t.co/2jg0y3TILl
#formación Mañana sábado celebramos un curso sobre podología reumática en nuestra sede en Santiago 👣 La jefa de se… https://t.co/8Mi2UKv25B
🗞 🗣 ¡Extra, extra! Ya tenemos aquí el 1º boletín del año, con un resumen de la actividad y difusión en medios de la… https://t.co/UeU2Yna8QL
Para empezar el año con buen pie 👣, os recomendamos la lectura del último boletín de 2019 del @CGPodologoshttps://t.co/Z13Z8cvJww
Feliz Año a tod@s‼️ ¿Ya tenéis hecha vuestra lista de propósitos para este 2020? Os recordamos que no se os puede o… https://t.co/hgcGBRSM2j