Novas

O Colexio de Podólogos de Galicia lanza un vídeo corporativo para fomentar a prevención e coidado dos pés e combater o intrusismo profesional

O Colexio de Podólogos de Galicia lanza un vídeo corporativo para fomentar a prevención e coidado dos pés e combater o intrusismo profesional

Pretende sensibilizar á poboación da necesidade de visitar ao podólogo coa lema “Dá o paso, visita á túa podólogo”

O anuncio “Que pode facer o teu podólogo por ti?” emitirase proximamente en TVG

O Colexio de Podólogos de Galicia presenta un vídeo corporativo no que describe e dá a coñecer as diversas especialidades da podoloxía actual. Titulado “Que pode facer o teu podólogo por ti?”, o anuncio forma parte dunha campaña publicitaria que o colectivo promocionará proximamente en TVG para sensibilizar á poboación da necesidade de visitar ao podólogo para previr futuras patoloxías nos pés baixo a lema “Dá o paso, visita ao teu podólogo”.

No vídeo – https://www.youtube.com/watch?v=2Qywg_9ZATo – o Colexio de Podólogos de Galicia explica como os profesionais no seu traballo diario pensan exclusivamente na saúde dos pés dos seus pacientes, “unha das partes do corpo que máis sofre e que nunca deixa de mandar sinais para que lembremos a importancia dos seus coidados”.

Para vixiar a saúde dos pés, o Colexio de Podólogos de Galicia asegura que se precisan unhas “mans expertas” para recoñecer as posibles patoloxías. “Somos profesionais cualificados, formados e expertos que ofrecemos toda a seguridade e garantías en cada un dos tratamentos que aplicamos” –asegura–. Actualmente, o colectivo está inmerso nun proceso xudicial por un caso de intrusismo profesional. O pasado 10 de maio celebrouse a vista oral no Xulgado número 2 do Penal de Santiago contra un “falso podólogo”, Emilio Arias Aparicio. O Colexio de Podólogos de Galicia se personó como acusación particular con obxecto de “apoiar aos potenciais pacientes do intruso e en defensa do interese da profesión podológica” para, en definitiva, loitar contra a secuela do intrusismo profesional na podoloxía galega. O proceso continuará o próximo 10 de xuño, ás 10:00 horas, coa comparecencia dos podólogos Ricardo Alexandre Caldas Días e Anxos Gestoso.

No anuncio promocional, o Colexio explica que os podólogos tamén traballan coa tecnoloxía máis avanzada, incorporando un amplo rango de especialidades podológicas como son a biomecánica, ortopodología, podoloxía pediátrica e deportiva, pé diabético e cirurxía podológica, coas que poden tratar calquera problema dos pés independentemente da idade, a sintomatología e os hábitos de vida.

Posted in Novas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

La podóloga y tesorera del COPOGA, Celia Sieiro, comenta en Radio Coruña​ los consejos para el cuidado de los pies… https://t.co/IWZ8MFyj32
👣 La salud de nuestros pies en verano a análisis por el presidente del COPOGA, Juan Dios, en el programa A Revista… https://t.co/pnWFqkHnoo
🔸 El presidente del COPOGA, Juan Dios, participará el próximo lunes en las XXIV Jornadas de Orientación en Podologí… https://t.co/hgdi5u3uwF
Sancionado con 10.500 euros un enfermero que ejercía como podólogo en Pontevedra, en las páginas de Galicia del per… https://t.co/g0z2fbXhQE
🔶 Sanidade sanciona con 10.500 euros a un enfermero que ejercía labores de podólogo tras la denuncia del COPOGA, qu… https://t.co/QtVzY6dMds
🤩 El vocal del COPOGA, Gonzalo Barros, habla en A Tarde de @RadioGalega sobre las chanclas en verano, solo recomend… https://t.co/aFSX3DO9QC
🔶 Organizamos con @Radiomedicasl el curso ecografía básica e intervencionismo ecográfico en tobillo y pie ℹ️ 18 y 1… https://t.co/0QaOkNLHyK
🔶 El presidente Juan Dios se ha reunido hoy con la subdirectora xeral de Inspección para analizar los casos de intr… https://t.co/vpVWeEBm36
🔶 Curemos el dolor de talón 🦶 #LosPiesImportan #FeetMatter #DíaInternacionalPodiatría @IntPodiatryDay #8Octubre https://t.co/AOvmyFQEjf
#Sentidiño Indicaciones para la ciudadanía, para nuestra protección y para los que nos rodean, además de cuidar el… https://t.co/OyI4Hn3FM6
Los podólogos recomiendanpara el verano las sandalias sujetas al pie. Las chanclas se deben usar en playas y piscin… https://t.co/NA1HJd3Kp9
🔶 #verano #sol #piscinas ☀️🏊‍♀️🏖Recomendamos el uso de chanclas en playas y piscinas para evitar el contagio de hon… https://t.co/KcoRLqq1Ef
📰 Aquí están las últimas noticias de la profesión, en el boletín número 59 del @CGPodologos 🔶 Si queréis leer la… https://t.co/hYc7p08Q6u
La Asamblea General del @CGPodologos reúne hoy y mañana a todos los presidentes de los Colegios Oficiales de Podolo… https://t.co/qpQEuyF3cq
Homenaje de los colegios sanitarios de Galicia https://t.co/02sfKyIgZH a través de @Farodevigo