Novas

O Colexio de Podólogos de Galicia presenta propostas á Consellería de Sanidade para facilitar o acceso da poboación a servizos de podoloxía

O Colexio de Podólogos de Galicia presenta propostas á Consellería de Sanidade para facilitar o acceso da poboación a servizos de podoloxía

Solicitou poder colaborar en procesos de inspección sanitaria, como mecanismo eficaz na loita contra o intrusismo profesional

O presidente do Colexio de Podólogos de Galicia, Borja Pérez, reuniuse co conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez Almuiña, para reforzar as relacións coa Administración autonómica co obxecto de facilitar á poboación galega o acceso a un servizo especializado de podoloxía. Á reunión asisitió tamén o director Xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, e a asesora xurídica do Colexio, Paloma Sánchez Martínez-Zárate.

Nun encontro cordial entre ambos os organismos, o colexio profesional expuxo á Consellería unha serie de propostas. Ofreceuse para redactar, da man do departamento de Sanidade, un anexo específico ao decreto de acreditación de centros sanitarios para as clínicas de podoloxía, tal como xa sucede con outras disciplinas sanitarias. Neste documento especificaranse todos os requisitos e esixencias técnicas e hixiénico-sanitarias que se deben cumprir para conseguir a acreditación de clínica podológica. “Esta regulación permitirá proxectar un maior grao de profesionalización sanitaria da profesión podológica e significará un punto de diferenciación con respecto ao intrusismo profesional” –explica Borja Pérez–.

Así mesmo, o Colexio de Podólogos de Galicia ofreceu á Consellería de Sanidade a posibilidade de elaborar un protocolo de actuación para a loita contra o intrusismo profesional. Segundo manifestaron, este documento será o primeiro paso para alcanzar mecanismos eficaces na loita contra o intrusismo. Unha das propostas do colectivo profesional é que a Consellería dote ao Colexio de capacidade inspectora para apoiar os procesos de inspección sanitaria en clínicas podológicas, así como xa se realiza noutras comunidades autónomas. Requiriu tamén o endurecemento das sancións aos centros non sanitarios nos que se detecten actuacións ou publicidades que poidan levar a engano e supor unha práctica de intrusismo profesional.

En canto á reivindicación do Colexio para a incorporación do podólogo á carteira de servizos do Servizo Galego de Saúde, Borja Pérez indicou ao conselleiro diversas actuacións que xa se están aplicando en diferentes comunidades autónomas. En Cantabria, o podólogo é unha figura que forma parte de Atención Primaria e hospitalaria, pero noutros puntos do país creáronse bolsas de axudas para facilitar a atención podológica a través dos colexios profesionais.

Outra das cuestións que abordaron foi a situación dos centros sociocomunitarios e os servizos de podoloxía que alí se practican, sobre todo, para persoas maiores. Borja Pérez comentou a problemática da titularidade destes centros de podoloxía e a posibilidade de emprender fórmulas alternativas para ofercer ás persoas maiores un servizo de calidade e con todas as garantías sanitarias.

Finalmente, o presidente do Colexio tamén aproveitou o encontro para solicitar unha maneira formal de facer chegar á poboación información específica sobre saúde podológica, elaborada polo colexio profesional.

Posted in Novas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

🔶 🗣 No paramos nuestra actividad, y hoy se ha reunido la comisión de intrusismo, compuesta por el presidente Juan D… https://t.co/IJgn6ORGM4
Insisten en evitar los sabañones y que no se vuelvan crónicos, en @vozdesantiago https://t.co/kKUPVQ4Q0d
Los podólogos recomiendan evitar contrastes térmicos para prevenir sabañones https://t.co/6lZD2lyngB vía @laopinioncoruna
Usar calzado y calcetines aislantes y evitar los contrastes de frío-calor, claves para prevenir los sabañones en in… https://t.co/eNXaYXigIB
Los podólogos aconsejan "calzado y calcetines aislantes" y evitar contrastes térmicos para prevenir sabañones… https://t.co/FOTxDSI5Ic
Los podólogos gallegos aconsejan "calzado y calcetines aislantes" y evitar contrastes térmicos para prevenir sabaño… https://t.co/1V1sNNM80e
Os podólogos galegos aconsellan "calzado e calcetíns illantes" e evitar contrastes térmicos para previr frieiras… https://t.co/E67qxce1hF
Recomendaciones para el frío invernal ☃️❄️, usar calzado y calcetines aislantes, evitar los contrastes de frío-calo… https://t.co/BWQgyiolnv
Un diagnóstico precoz y un tratamiento adecuado, con hábitos de vida saludables, pueden evitar que el pie reumático… https://t.co/2jg0y3TILl
#formación Mañana sábado celebramos un curso sobre podología reumática en nuestra sede en Santiago 👣 La jefa de se… https://t.co/8Mi2UKv25B
🗞 🗣 ¡Extra, extra! Ya tenemos aquí el 1º boletín del año, con un resumen de la actividad y difusión en medios de la… https://t.co/UeU2Yna8QL
Para empezar el año con buen pie 👣, os recomendamos la lectura del último boletín de 2019 del @CGPodologoshttps://t.co/Z13Z8cvJww
Feliz Año a tod@s‼️ ¿Ya tenéis hecha vuestra lista de propósitos para este 2020? Os recordamos que no se os puede o… https://t.co/hgcGBRSM2j
Comer marisco en exceso también puede provocar gota https://t.co/i1h1pRGjhn vía @hola