Novas

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda calzado con sola de goma debuxada para illar os pés do frío e humidade do inverno e evitar esvaróns

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda calzado con sola de goma debuxada para illar os pés do frío e humidade do inverno e evitar esvaróns

O calzado ideal debe ser impermeable e permitir a transpiración

Advirten que as botas coñecidas como “katiuskas” só deben usarse para a choiva e durante un período curto de tempo

Co frío, vento e humidade do inverno a pel enfróntase cada ano a unha importante deshidratación e a un envellecemento que se acelera coas baixas temperaturas. Os contrastes entre humidade e temperatura ambiental acentúanse considerablemente nesta época do ano e contribúen a deteriorar os pés. O Colexio de Podólogos de Galicia explica que o máis importante do calzado de inverno é que a sola sexa de goma para poder illar e protexer os pés do frío e a humidade. Destaca tamén que a sola debe ter debuxo para que permita un mellor agarre e evite os temidos esvaróns.

Os podólogos lembran que unha das cousas máis importantes no inverno é manterner os pés o máis secos posibles, evitando que se mollen coa choiva ou a suor excesiva. Indican que cando os pés están mollados a pel abrándase e é máis probable que aparezan bochas ou fungos, mesmo nas unllas.

Ás veces o calzado que se elixe para a choiva é impermeable, pero impide a evaporación da suor. É o caso das concocidas botas de goma para a choiva, as katiuskas, que os podólogos galegos só recomendan usar durante un momento concreto e nunca durante moito tempo. “Ao camiñar e facer exercicio o corpo sobe de temperatura e expulsa suor para regularse. Para non acabar co pé mollado debemos elixir un calzado que permita a transpiración” –destaca o voceiro do Colexio, Borja Pérez–.

Por tanto, os podólogos apuntan que o calzado ideal é o que impide a entrada de auga desde o exterior e, á vez, permite a evapiración da suor grazas a materiais que posúen buracos microscopicos, máis pequenos que unha pinga de auga pero máis grandes que o tamaño do vapor de auga. Tamén destacan que existen produtos como a graxa animal, que aplicados sobre un calzado de pel, conseguen leste mesmo efecto.

Unha bota de esquí adecuada pode previr lesións

Un dos deportes que máis se practica no inverno é o esquí. En relación aos pés, débese prestar atención á elección da bota de esquí, porque o pé está enclaustrado e nunha situación anómala. “O pé debe estar en perfectas condicións dentro da bota para evitar alteracións que poden provocar accidentes ou converterse en lesións” –apuntan os podólogos galegos–. Entre as posibles lesións destaca o Neuroma de Morton, unha lesión onde se comprimen os nervios intermetatarsianos (os nervios que dan sensibilidade aos dedos dos pés). A bota e a fixación son dous elementos aos que hai que prestar especial atención porque son os que poden previr lesións.

Como en calquera deporte, quentar antes de realizar o exercicio é básico. Segundo os podólogos, as persoas que usan persoais ao camiñar tamén deben utilizalas coas botas de esquí, sobre todo con deformidades nos pés porque a súa ausencia podería xerar sobrecargas que empeorarían a alteración podológica de base. Tampouco hai que esquecer, segundo os profesionais, a importancia de vestir calcetíns adecuados para esquiar, dun grosor determinado, e de utilizar as proteccións adecuadas nos nocellos.

Posted in Novas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Los podólogos alertan contra la tentación de estar mucho sentado, en @elprogreso_Lugo https://t.co/Nxnhw3CD2a
Recomendaciones del @CGPodologos para atender una urgencia en tiempos del COVID-19 https://t.co/NOWXB5eiSf
«No estar mucho tiempo sentado», nuestros consejos para el confinamiento en @Diario_Pontev https://t.co/KcAGJVCL7W
El @CGPodologos pide al Gobierno el cierre de las consultas. Los podólogos han aparcado su reinvidicación de formar… https://t.co/x7kG3doQXE
Evitar el sedentarismo en confinamiento,nuestros consejos en @elcorreogallego https://t.co/uCfuT4IR47
Los podólogos gallegos recomiendan evitar el sedentarismo por los problemas circulatorios https://t.co/WJAO60Mo9U vía @Farodevigo
Recomendaciones de los podólogos ante el confinamiento, @ABCenGalicia https://t.co/DQfAxv3l19
El Colegio de Podólogos de Galicia recomienda estar poco tiempo sentado https://t.co/80vKCNa9TF https://t.co/6zw6Zl4qhY
Los podólogos gallegos aconsejan "no estar mucho tiempo sentado" para "evitar problemas circulatorios" https://t.co/ivPeLmtof9
🔶 ¿Quieres reducir los efectos del confinamiento en los pies? Recomendaciones básicas para evitar problemas circul… https://t.co/bZZOBDK8QX
🔶 ¿Por qué pedimos el cierre de nuestras clínicas 🔑? Desde el @CGPodologos se han enviado al @sanidadgob los motiv… https://t.co/PxY9WyOtGm
🔶 Hoy conmemoramos el Día Mundial del Síndrome de Down 🎗👦🏼🧒🏽 Es recomendable que estas personas sean revisadas peri… https://t.co/kqaNNQGRhl
🔶Últimos protocolos de actuación frente a COVID-19 #QuedateEnCasaLeyendo .......... 🔷Derradeiros protocolos de act… https://t.co/kI7DqnDoFr
Rogamos a los colegiados prudencia en las redes sociales, nuestros pacientes las observan también. No realicemos ni… https://t.co/sZhUBc2d1A
Consejos sanitarios para el aislamiento domiciliario para personas con COVID-19 --- Consellos sanitarios para o ill… https://t.co/rBWaApI6oW