Novas

O Colexio de Podólogos desaconsella as chanclas para camiñar polo choque continuo ou “chancleteo” co talón que provoca a aparición de durezas

O Colexio de Podólogos desaconsella as chanclas para camiñar polo choque continuo ou “chancleteo” co talón que provoca a aparición de durezas

A mala calidade de algunhas, feitas con materiais ríxidos e sintéticos, pode causar bochas, rozaduras ou mesmo chagas

Borja Pérez, presidente:

“Os nenos deben usar un modelo de chanclas cunha sola máis grosa e con algo de suxeición no talón”

O verán xa está aquí, e coas altas temperaturas comeza unha época delicada para os pés. O calzado nada ten que ver co que se usa no inverno e os pés sofren as consecuencias. Preocupado pola aparición de rozaduras, bochas, exceso de sudoración, sequedad, fungos ou verrugas plantares, o Colexio de Podólogos de Galicia aconsella visitar a un podólogo para que realice unha exploración e poida pór en marcha o tratamento máis adecuado para evitar que a doenza se agrave.

Algunhas persoas se despreocupan dos seus pés e cometen o erro de comprar zapatos que poden pór en perigo a súa saúde podológica. É o caso das chanclas de materiais ríxidos e sintéticos –goma ou plástico–, baratas e de mala calidade que poden causar, polo rozamento directo, lesións na pel. O Colexio de Podólogos de Galicia alerta aos pais sobre este tipo de calzado co que moitos nenos camiñan durante as vacacións de verán. “Con estas chanclas os pés dos nenos non poden transpirar e poden sufrir rozaduras e bochas, ou mesmo chagas na pel” –manifesta o presidente do Colexio, Borja Pérez–.

No caso dos nenos, o Colexio destaca que o uso de chanclas pode ocasionar unha alteración na marcha, que consiste en que o pé debe facer un movemento para “reter” a chancla no período de apoio, sendo este movemento pouco natural e que podería resultar problemático para un pé en desenvolvemento. “Os nenos deben usar un modelo de chanclas cunha sola máis grosa e con algo de suxeición no talón que permita unha maior velocidade da marcha, reducir as forzas de impacto e achegar maior comodidade no porte” –destaca o presidente–.

Para os adultos, os podólogos sinalan que as chanclas non son un calzado anatómico para usar a diario e camiñar con el, xa que a súa función é a de calzar para ir á praia ou á piscina e protexer os pés dos fungos. Ao ser planas e ter unha sola con menos amortiguación, os podólogos explican que as chanclas poden provocar bochas e rozaduras, sobrecargas na planta –metatarsalxias ou talalxias–, e sobre todo fascitis plantar e dedos martelo. Aseguran que a falta de sujeción pode provocar resbalones e escordaduras de nocello. “Nunhas horas producen molestias en nocellos e xeonllos polo impacto que reciben ao camiñar e tendinite no tendón de aquiles por exceso de tensión” –indica Borja Pérez–.

Pero a lesión máis habitual son as durezas. Os podólogos consideran que o abuso das chanclas provoca a aparición de durezas que se forman por un micro traumantismo continuo, o “chancleteo” que ocasiona a chancla ao chocar co talón. “Cando estamos co pé apoiado, a chancla contacta con toda a nosa planta do pé, pero ao iniciar o paso a chancla queda no chan mentres o noso pé empeza a impulsarse. Cando facemos o despegamento do pé, a chancla precipítase co noso talón, chocando na parte final do impulso. Aínda que este choque é minúsculo, se camiñamos longas distancias ou temos as chanclas postas todo o día debemos sumar miles de micro choques, que son os que ocasionarán a dureza no talón” –explica Borja Pérez–.

Ademais, os podólogos galegos lembran que para bañarse no mar hai calzado específico, unhas zapatillas de goma moi axustadas ao pé que evitan as lesións plantares producidas por ourizos de mar, peixes rabuña, fanecas ou outros animais e obxectos que están nas beiras das praias. Son as coñecidas como cangrexeiras ou fanequeiras.

Posted in Novas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

🔶 🗣 No paramos nuestra actividad, y hoy se ha reunido la comisión de intrusismo, compuesta por el presidente Juan D… https://t.co/IJgn6ORGM4
Insisten en evitar los sabañones y que no se vuelvan crónicos, en @vozdesantiago https://t.co/kKUPVQ4Q0d
Los podólogos recomiendan evitar contrastes térmicos para prevenir sabañones https://t.co/6lZD2lyngB vía @laopinioncoruna
Usar calzado y calcetines aislantes y evitar los contrastes de frío-calor, claves para prevenir los sabañones en in… https://t.co/eNXaYXigIB
Los podólogos aconsejan "calzado y calcetines aislantes" y evitar contrastes térmicos para prevenir sabañones… https://t.co/FOTxDSI5Ic
Los podólogos gallegos aconsejan "calzado y calcetines aislantes" y evitar contrastes térmicos para prevenir sabaño… https://t.co/1V1sNNM80e
Os podólogos galegos aconsellan "calzado e calcetíns illantes" e evitar contrastes térmicos para previr frieiras… https://t.co/E67qxce1hF
Recomendaciones para el frío invernal ☃️❄️, usar calzado y calcetines aislantes, evitar los contrastes de frío-calo… https://t.co/BWQgyiolnv
Un diagnóstico precoz y un tratamiento adecuado, con hábitos de vida saludables, pueden evitar que el pie reumático… https://t.co/2jg0y3TILl
#formación Mañana sábado celebramos un curso sobre podología reumática en nuestra sede en Santiago 👣 La jefa de se… https://t.co/8Mi2UKv25B
🗞 🗣 ¡Extra, extra! Ya tenemos aquí el 1º boletín del año, con un resumen de la actividad y difusión en medios de la… https://t.co/UeU2Yna8QL
Para empezar el año con buen pie 👣, os recomendamos la lectura del último boletín de 2019 del @CGPodologoshttps://t.co/Z13Z8cvJww
Feliz Año a tod@s‼️ ¿Ya tenéis hecha vuestra lista de propósitos para este 2020? Os recordamos que no se os puede o… https://t.co/hgcGBRSM2j
Comer marisco en exceso también puede provocar gota https://t.co/i1h1pRGjhn vía @hola