Novas

Os especialistas do pé celebran este fin de semana unhas xornadas sobre podoloxía infantil en Ribadeo, ás que asistirán máis de 150 profesionais

Os especialistas do pé celebran este fin de semana unhas xornadas sobre podoloxía infantil en Ribadeo, ás que asistirán máis de 150 profesionais

O podólogo Roberto Pascual presentará a súa investigación sobre os problemas derivados do uso de zapatillas con ruedines

Nenos e nenas de Viveiro, Tui e Rianxo gañan o concurso de debuxo Como molan os meus pés! con creacións orixinais e coloristas

O Colexio de Podólogos de Galicia (COPOGA) e O Colexio de Podólogos de Asturias celebran este fin de semana en Ribadeo as primeiras Xornadas Astur-Galaicas de podoloxía pediátrica. Desenvolveranse o venres 22 e o sábado 23 no Auditorio Municipal Hernán Naval da localidade ribadense onde se reunirán máis de 150 podólogos galegos e asturianos e outros profesionais chegados de distintos puntos de España.

Os relatorios versarán sobre o crecemento dos nenos, o pé plano infantil flexible, a valoración clínica do pé infantil, o manexo farmacolóxico do paciente pediátrico, patoloxía do pé e nocello infantil desde o enfoque radiológico, abordaxe diagnóstico e terapéutico dos motivos de consulta infantil e a abordaxe cirúrxica do paciente pediátrico.

Os organizadores explican que as xornadas se convocan para transmitir á sociedade a necesidade dunha “maior prevención na podoloxía pediátrica”. De modo xeral, tamén servirán para dar a coñecer a figura do podólogo como o profesional “especialista no pé” en ámbitos tan diversos como a podoloxía deportiva ou o pé diabético. O congreso contará cun gran eleco de profesionais con experiencia clínica, como o podólogo e profesor da Universidade Miguel Hernández de Elxe, Roberto Pascual; o podólogo, profesor asistencial asociado de Enfermaría na Universidade Jaime I de Castelló e presidente do Colexio de Podólogos da Comunidade Valenciana, Alfredo Martínez; o médico-podólogo especialista en cirurxía do pé, Rafael Benegas; o pediatra do hospital de Barbanza, José Manuel Martín, e o xefe do servizo de Radiodiagnóstico do Hospital Universitario Central de Asturias, Faustino García.

Programas de atención primaria para a saúde podológica infantil

O especialista en podoloxía infantil Roberto Pascual será o encargado de iniciar o congreso cunha conferencia divulgativa sobre o coidado dos pés dos nenos e nenas. Na súa exposición, Pascual resaltará a importancia do podólogo na idade escolar, incidindo na necesidade de fomentar programas de atención primaria para a saúde podológica infantil como mecanismo precoz de detección de datos, non compatibles coa normalidade, para que o prognóstico e as opcións terapéuticas sexan satisfactorias.

Ademais, Roberto Pascual fará referencia ao calzado infantil como punto destacado e detallará a necesidade de non usar os heelys ou zapatillas deportivas con ruedines no ámbito escolar, tal como desenvolveu nun estudo publicado recentemente pola Universidade Miguel Hernández de Elxe e difundido polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Podólogos.

Pascual analizará o mal uso da zapatilla de fútbol como calzado habitual durante o cinco días lectivos da semana no ámbito escolar. Tentará tamén facer referencia aos puntos crave que os pais deben ter en conta para acudir ao podólogo, como o meter as puntas dos pés cara a dentro, a presenza ou non dun pé plano, as marchas no bico dos pés ou as posibles escoliosis, relacionadas en moitos casos co crecemento.

130 nenos galegos e asturianos participan no concurso de debuxo Como molan os meus pés!

Dentro desta colaboración entre colexios profesionais e no marco das xornadas, convocouse o primeiro concurso de debuxo infantil titulado Como molan os meus pés!, co fin de involucrar a nenos e mozos no papel que xoga o podólogo no coidado da saúde dos seus pés. Tras pechar a convocatoria o pasado 17 de abril, recibíronse 150 debuxos creados por 130 nenos galegos e asturianos.

O xurado compúxose por representantes dos colexios e presidido pola escritora e xornalista María Solar, que felicita sinceramente aos colectivos por esta iniciativa “realmente importante para pór en valor os pés desde pequenos e traballar na súa educación”. Desde a súa experiencia co libro “Teño uns pés perfectos”, María Solar viu de primeira man o ben que llo pasan os máis pequenos aprendendo curiosidades sobre os pés, e o descoñecemento que teñen sobre o seu coidado.

Tras as oportunas deliberacións, o xurado decidiu premiar na categoría de até 5 anos a Marian Balanta de Viveiro, co seu debuxo dun barco. María Solar destaca a beleza e orixinalidade dun debuxo “colorista e divertido, onde os pés son un medio de tranporte, esta vez por mar”. Na modalidade de 6 a 8 anos, prémiase o debuxo do pé na herba, de Darío Vidal de Rianxo, onde se mostra un pé riseiro e divertido con nubes que semellan as pegadas. “Conseguiu un efecto de proximidade do pé. É un pé simpático, moi creativo, e utilizou técnicas mixtas con pegada, materiais, e debuxo” –destaca María Solar–. E na categoría de 9 a 12 anos, o xurado seleccionou un debuxo de Iria Rei de Tui, no que se representa a terra rodeada de pés de distintas nacionalidades. Nesta modalidade, o xurado ha decidico primar o concepto. Neste caso, María Solar explica que o debuxo transmite a idea de que “todos temos pés e son semellantes”, sexan da cor que sexan, nacionalidade ou clase social. “O debuxo profunda na necesidade de non avergoñarnos dos pés, non escondelos, presumir deles sexan bonitos ou feos, porque todos eles son perfectos como estrutura” –indica a xornalista–.

A entrega do premio farase nun acto público este venres en plenas Xornadas Astur-Galaicas, onde tamén se exporán os debuxos. O autor do mellor debuxo por categoría será premiado cunha tablet infantil de 7 polgadas, un exemplar do libro de María Solar e un lote de produtos da editorial Kalandraka, que colabora nas xornadas.

Posted in Novas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Consejos del Colexio de Podólogos de Galicia para no descuidar el cuidado de los pies en el confinamiento. Nuetro p… https://t.co/MLIkTqgQfd
Los podólogos alertan contra la tentación de estar mucho sentado, en @elprogreso_Lugo https://t.co/Nxnhw3CD2a
Recomendaciones del @CGPodologos para atender una urgencia en tiempos del COVID-19 https://t.co/NOWXB5eiSf
«No estar mucho tiempo sentado», nuestros consejos para el confinamiento en @Diario_Pontev https://t.co/KcAGJVCL7W
El @CGPodologos pide al Gobierno el cierre de las consultas. Los podólogos han aparcado su reinvidicación de formar… https://t.co/x7kG3doQXE
Evitar el sedentarismo en confinamiento,nuestros consejos en @elcorreogallego https://t.co/uCfuT4IR47
Los podólogos gallegos recomiendan evitar el sedentarismo por los problemas circulatorios https://t.co/WJAO60Mo9U vía @Farodevigo
Recomendaciones de los podólogos ante el confinamiento, @ABCenGalicia https://t.co/DQfAxv3l19
El Colegio de Podólogos de Galicia recomienda estar poco tiempo sentado https://t.co/80vKCNa9TF https://t.co/6zw6Zl4qhY
Los podólogos gallegos aconsejan "no estar mucho tiempo sentado" para "evitar problemas circulatorios" https://t.co/ivPeLmtof9
🔶 ¿Quieres reducir los efectos del confinamiento en los pies? Recomendaciones básicas para evitar problemas circul… https://t.co/bZZOBDK8QX
🔶 ¿Por qué pedimos el cierre de nuestras clínicas 🔑? Desde el @CGPodologos se han enviado al @sanidadgob los motiv… https://t.co/PxY9WyOtGm
🔶 Hoy conmemoramos el Día Mundial del Síndrome de Down 🎗👦🏼🧒🏽 Es recomendable que estas personas sean revisadas peri… https://t.co/kqaNNQGRhl
🔶Últimos protocolos de actuación frente a COVID-19 #QuedateEnCasaLeyendo .......... 🔷Derradeiros protocolos de act… https://t.co/kI7DqnDoFr
Rogamos a los colegiados prudencia en las redes sociales, nuestros pacientes las observan también. No realicemos ni… https://t.co/sZhUBc2d1A