Novas

Os podólogos galegos aconsellan aos costaleros dos pasos de Semana Santa realizar un estudo previo para evitar lesións na columna e os pés

Os podólogos galegos aconsellan aos costaleros dos pasos de Semana Santa realizar un estudo previo para evitar lesións na columna e os pés

Recomendan dar baños de auga fría para conseguir un “efecto antinflamatorio local” tras a procesión

Devoción e tradición fusiónanse estes días en todos os recunchos de España, ademais de en Galicia cos actos programados para a Semana Santa. Moitas son as persoas que deciden saír como penitentes ou costaleros nas procesións, pero esta práctica relixiosa pode carrexar numerosos problemas físicos.

O Colexio de Podólogos de Galicia explica que as partes do corpo máis castigadas cando se cargan as imaxes de Semana Santa adoitan ser a columna vertebral e os membros inferiores, a columna polo peso que recibe, e os membros inferiores pola necesidade de soportar o peso de abaixo cara arriba e polo sincronismo que debe levar entre todos os que portan o paso.

Segundo os podólogos, algunhas das lesións máis comúns nos membros inferiores son as roturas musculares, sobre todo no cuádriceps e nos xemelgos polo posicionamento adoptado debaixo do trono e polo movemento de vaivén típico. Neste punto, os podólogos recomendan que os costaleros sométanse a un estudo da marcha antes de empezar esta tarefa, para descartar patoloxías previas do aparello locomotor que poderían verse agravadas con esta actividade, como a escoliosis ou a desviación de columna, a hernia de disco e as lesións meniscales ou de tendón de Aquiles. “A elevación do peso debe ser mediante unha carga axial en liña co eixo do corpo. Calquera inclinación do pé que provoque unha desalineación dese eixo supón un risco importante de lesións de musculatura paravertebral e dorsal” –indican–.

Os profesionais da podoloxía tamén desaconsellan a práctica de facer penitencia descalzo, polo risco de poder cravarse calquera corpo estraño ou para aquela persoa que tivese lesións previas en nocellos e pés. Nestes casos, débese utilizar calzado cómodo e flexible.

Entre os consellos para coidar os pés de nazarenos e penitentes, os podólogos galegos apuntan que para evitar o cansazo durante a procesión aconséllase non estar moito tempo parado, e se non fose posible, cambiar alternativamente o peso do pé que está apoiado ou realizar movementos de flexión e extensión dos dedos para mellorar a circulación.

Coidados posteriores

Ao concluír o acto procesional, os podólogos destacan que é recomendable introducir os pés en auga fría, realizando baños de cinco a viente minutos sen pausa, que provocará un “efecto antinflamatorio local”. A continuación, é conveniente concluír coa aplicación dunha crema masajeando lixeiramente o pé.

Para os especialistas dos pés, as lesións máis comúns tras realizar a penitencia son a metatarsalgia e a talalgia, causas principais da inflamación articular debido ao peso soportado, ademais da aparición de bochas e rozamentos.

Posted in Novas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

🔶🆕 ‼️ Ya está disponible el nuevo número de nuestro Boletín Trimestral, en el que puedes consultar la actualidad de… https://t.co/0AiwOCnqog
🔷 El presidente del COPOGA, Juan Dios, intervino hoy en el programa Bos días de @TVGalicia para hablar sobre la cam… https://t.co/GMx2k7jUGi
⚽️🎾 Los podólogos recuerdan que un pie sano es clave en el rendimiento del deportista, en @elprogreso_Lugo y… https://t.co/JJdNlVX2OU
🔷Manifestamos o noso rexeitamento á proposta da subida do IVE ao 21% nos servizos sanitarios privados 🦶A podoloxía… https://t.co/AugyLFksVJ
Los podólogos inician una campaña sobre la salud de los pies de los deportistas, en @lavozdegalicia https://t.co/XpFPCQOALP
Podólogos alertan del cuidado del pie del deportista, vía @elcorreogallego https://t.co/hTG5sBddTr
🦶🏽👣 Los esguinces representan el 30% de las lesiones deportivas, pero también son frecuentes la fasciopatía plantar… https://t.co/aQZBUZQvEi
🤩 Faltan 24 horas para comenzar el I CONGRESO INTERNACIONAL VIRTUAL MONOGRÁFICO DE #PODOLOGÍA/PODIATRÍA, organizad… https://t.co/zt64c5iRGT
🔶 El vocal del Colexio, Gonzalo Barros, se ha reunido con Iñaki Villaverde, responsable de Ava Soluciones Tecnológi… https://t.co/Ll5mI0ZgMX
🗞 Últimas novedades y actividades de la profesión en España, de la mano del boletín nº 62 del @CGPodologos: 🔴 Nueva… https://t.co/cBjo7r1Yz8