Novas

Os podólogos galegos melloran a súa praxe en terapia con fármacos

Os podólogos galegos melloran a súa praxe en terapia con fármacos

Actualizaron os seus coñecementos sobre o uso de fármacos en pacientes pediátricos e en embarazadas

O curso celebrouse na sede do Colexio de Podólogos de Galicia

O Colexio de Podólogos de Galicia organizou hoxe sábado, día 20, un curso sobre “Actualización en farmacoloxía podolóxica” na súa sede de Santiago de Compostela (Avda. Quiroga Palacios, 65), no que participaron corenta podólogos.

Os  farmacéuticos e autores da “Guía Farmacolóxica de Utilización en Podoloxía 2011”, Santiago Gómez Ortiz e Santiago Gómez Facundo, foron os encargados de impartir o programa. O seu obxectivo é preparar e actualizar os coñecementos do podólogo para instaurar tratamentos farmacolóxicos avaliados, eficaces e seguros no seu ámbito profesional e analizar de forma crítica o contexto farmacolóxico no que se desenvolve a súa actividade profesional.

Durante a súa celebración, analizáronse e avaliado os diversos grupos terapéuticos, principios activos e fórmulas maxistrais podolóxicas  de utilización  en pacientes pediátricos e en embarazadas.  Tamén se comentaron  os novos fármacos antitrombóticos, as heparinas de baixo peso molecular e a súa posible utilización en cirurxía osteoarticular, así como o resto de grupos farmacolóxicos de utilización na práctica podolóxica diaria.

O programa impartiuse en forma de clases maxistrais, fomentando a participación dos alumnos co apoio de medios audiovisuais. Ao finalizar a xornada, os alumnos realizaron un test de avaliación interactivo para comprobar a asimilación dos obxectivos propostos.

Novas incorporacións á guía

Ademais, os alumnos revisaron as novas incorporacións de fármacos na ?Guía Farmacolóxica de Utilización en Podoloxía?. Trátase dun instrumento de traballo creado para que os podólogos realicen unha elección das mellores opcións fármaco-terapéuticas para o tratamento das diversas patoloxías do pé. Incluíronse aqueles medicamentos e fórmulas maxistrais, elaboradas nas farmacias, máis comúns e de uso cotián na práctica podolóxica que precisan receita médica. A guía farmacolóxica propón unha selección de medicamentos de utilidade podolóxica atendendo a parámetros de calidade na prescrición –eficacia, seguridade, avaliación na súa utilización e comodidade de prescrición–.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

🔶 🗣 No paramos nuestra actividad, y hoy se ha reunido la comisión de intrusismo, compuesta por el presidente Juan D… https://t.co/IJgn6ORGM4
Insisten en evitar los sabañones y que no se vuelvan crónicos, en @vozdesantiago https://t.co/kKUPVQ4Q0d
Los podólogos recomiendan evitar contrastes térmicos para prevenir sabañones https://t.co/6lZD2lyngB vía @laopinioncoruna
Usar calzado y calcetines aislantes y evitar los contrastes de frío-calor, claves para prevenir los sabañones en in… https://t.co/eNXaYXigIB
Los podólogos aconsejan "calzado y calcetines aislantes" y evitar contrastes térmicos para prevenir sabañones… https://t.co/FOTxDSI5Ic
Los podólogos gallegos aconsejan "calzado y calcetines aislantes" y evitar contrastes térmicos para prevenir sabaño… https://t.co/1V1sNNM80e
Os podólogos galegos aconsellan "calzado e calcetíns illantes" e evitar contrastes térmicos para previr frieiras… https://t.co/E67qxce1hF
Recomendaciones para el frío invernal ☃️❄️, usar calzado y calcetines aislantes, evitar los contrastes de frío-calo… https://t.co/BWQgyiolnv
Un diagnóstico precoz y un tratamiento adecuado, con hábitos de vida saludables, pueden evitar que el pie reumático… https://t.co/2jg0y3TILl
#formación Mañana sábado celebramos un curso sobre podología reumática en nuestra sede en Santiago 👣 La jefa de se… https://t.co/8Mi2UKv25B
🗞 🗣 ¡Extra, extra! Ya tenemos aquí el 1º boletín del año, con un resumen de la actividad y difusión en medios de la… https://t.co/UeU2Yna8QL
Para empezar el año con buen pie 👣, os recomendamos la lectura del último boletín de 2019 del @CGPodologoshttps://t.co/Z13Z8cvJww
Feliz Año a tod@s‼️ ¿Ya tenéis hecha vuestra lista de propósitos para este 2020? Os recordamos que no se os puede o… https://t.co/hgcGBRSM2j
Comer marisco en exceso también puede provocar gota https://t.co/i1h1pRGjhn vía @hola