Novas

Carta Aberta da Xunta do Colexio de Podólogos de Galicia

Carta Aberta da Xunta do Colexio de Podólogos de Galicia

Apreciados compañeiros,

O pasado día 17 de Decembro de 2010 celebrouse en Madrid a Asemblea Ordinaria correspondente ao 2º semestre do Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos de España; entre os puntos a tratar na Orde do Día figuraba a dimisión da Xunta de Goberno do Consejo.

Chegados a este punto, membros da Asemblea, expuxeron a posibilidade de que seguise á fronte a actual presidenta (elixindo ela ao resto dos membros da Xunta) e levou a cabo unha votación que obtivo como resultado 14 votos a favor e 3 votos en contra (entre os cales figura o deste Colexio). Seguindo a nosa política de transparencia cara aos colexiados, queremos explicarvos o porqué adoptamos esta postura:

1.- En base aos Estatutos actuais do Consejo, temos as nosas dúbidas, respecto de si a Xunta de Goberno elixida está acorde cos mesmos.

2.- A nosa preocupación prioritaria é que no Ministerio hai un novo proxecto de Estatutos para o Consejo, que foi aprobado en Asemblea en Madrid antes de que a actual Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Podólogos fose elixida. Neste proxecto de Estatuto entendemos que os Colexios de tamaño pequeno e mediano (a maioría), quedamos moi prexudicados tal como indícase no cadro adxunto cos datos de colexiados quitados do Estudo Socioprofesional Sobre a Podoloxía en España, pre-informe entregado ao Presidente do Colexio en marzo do 2010.

Segundo os datos que se achegan todos os Colexios pequenos e medianos perden poder, quedando as decisións que se tomen no Consello en mans dos 3 Colexios máis grandes (que suman entre os 3 máis da metade dos votos).

Na Asemblea Xeral celebrada o 17/12/2010 estes datos foron postos en coñecemento do resto dos presidentes de Colexios, polo presidente do Colexio Oficial de Podólogos de Galicia. Cónstanos que moitos deses presidentes ignoraban a situación real da nova repartición de votos que figuran na proposta de Estatutos (rectificar é de sabios).

Ante esta situación, queremos deixar claro que non imos apoiar ningunha opción que defenda esta repartición inxusta de votos. Por iso, imos unirnos á proposta que fai o presidente doutro Colexio, que a pesar de que apoiou a actual presidencia, consideramos moi sensata. A repartición de votos realizaríase da seguinte maneira:

– Colexios que teñan de 1 a 25 colexiados: 1 voto
– Colexios que teñan de 26 a 200 colexiados: 2 votos
– Colexios que teñan de 201 a 500 colexiados: 3 votos
– Colexios que teñan de 501 a 1000 colexiados: 4 votos
– Colexios que teñan máis de 1001 colexiados terase 1 voto máis por cada 500 colexiados

Esperamos que a maioría dos presidentes dos Colexios apoien esta opción, atendendo aos intereses dos seus colexiados, posto que entendemos que é a máis xusta e equivalente e podamos conseguir modificar a actual proposta.

Posted in Novas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

🔶🆕 ‼️ Ya está disponible el nuevo número de nuestro Boletín Trimestral, en el que puedes consultar la actualidad de… https://t.co/0AiwOCnqog
🔷 El presidente del COPOGA, Juan Dios, intervino hoy en el programa Bos días de @TVGalicia para hablar sobre la cam… https://t.co/GMx2k7jUGi
⚽️🎾 Los podólogos recuerdan que un pie sano es clave en el rendimiento del deportista, en @elprogreso_Lugo y… https://t.co/JJdNlVX2OU
🔷Manifestamos o noso rexeitamento á proposta da subida do IVE ao 21% nos servizos sanitarios privados 🦶A podoloxía… https://t.co/AugyLFksVJ
Los podólogos inician una campaña sobre la salud de los pies de los deportistas, en @lavozdegalicia https://t.co/XpFPCQOALP
Podólogos alertan del cuidado del pie del deportista, vía @elcorreogallego https://t.co/hTG5sBddTr
🦶🏽👣 Los esguinces representan el 30% de las lesiones deportivas, pero también son frecuentes la fasciopatía plantar… https://t.co/aQZBUZQvEi
🤩 Faltan 24 horas para comenzar el I CONGRESO INTERNACIONAL VIRTUAL MONOGRÁFICO DE #PODOLOGÍA/PODIATRÍA, organizad… https://t.co/zt64c5iRGT
🔶 El vocal del Colexio, Gonzalo Barros, se ha reunido con Iñaki Villaverde, responsable de Ava Soluciones Tecnológi… https://t.co/Ll5mI0ZgMX
🗞 Últimas novedades y actividades de la profesión en España, de la mano del boletín nº 62 del @CGPodologos: 🔴 Nueva… https://t.co/cBjo7r1Yz8