Novas privadas

RECEITAS E ORDES DE DISPENSACIÓN

RECEITAS E ORDES DE DISPENSACIÓN

Estimadas colexiadas/os,

Tal e como se vos comunicou no correo electrónico enviado o día 12 de xaneiro con respecto ao RD 1718/2010 do 17 de novembro sobre receitas médicas e ordes de dispensación, dende o Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos informóusenos de que estaba solicitada e “aprobada” unha prorroga de dous meses no prazo estipulado en dito RD para a adaptación das receitas, prazo que finalizaba o luns 21 de xaneiro e que se ampliaba, segundo o Consejo, até a publicación dunha Orde Ministerial que desenrole e concrete como será o modelo de xeración de receitas. Esta prórroga permitiría facer todos os trámites necesarios para a implantación da plataforma de elaboración das receitas dunha maneira mais organizada e ir paulatinamente incorporando as novas receitas nas nosas consultas a través dos Colexios e en colaboración co Consejo.

Pois ben, o venres día 18 ás 14 horas, tras poñernos varias veces en contacto co Consejo durante a semana e este mesmo día para recadar información de como estaban transcorrendo as xestións, comunícannos que tal prórroga non existe.

Dende que o Consejo nos informou, o día 20 de decembro de 2012 na Asemblea Xeral a que asistiu o Presidente, (a pesares de ter solicitada información dende este colexio en varias ocasións sobre o tema) do papel que tiñan que levar a cabo os Colexios Oficiais e das adaptacións que se tiñan que cumprir para unha correcta xestión das receitas, o Colexio foi realizando todos os trámites posibles, nese espazo de tempo, que se nos transmitiron como necesarios; entre outros: planificamos o servizo informático para solicitar as receitas dende o portelo único, solicitamos información e orzamentos para a implantación da sinatura electrónica profesional, orzamentos para impresión dos talonarios en diferentes imprentas, orzamentos para a entrega dos talonarios os colexiados, organización de charlas informativas aos colexiados… etc.

Ante a situación na que nos encontramos de “limbo” e “incertidumbre” (así cualificada polo Consejo nun comunicado que nos enviou esta fin de semana), a proposta do Consejo é que de maneira provisional, e improvisada ó noso entender, establecer un formulario de petición de talonarios feito por eles para que os colexiados cubran na páxina web e estudar a maneira de facerllas chegar: vía web, talonarios impresos ou non, envialos ou recollelos na sede…; todo isto até que se publique a citada Orde Ministerial que especifique o modelo a seguir.

A Xunta de Goberno deste Colexio decidiu que non estamos dispostos a asumir uns gastos en algo provisional, sobre todo nun tema tan importante como é o das receitas, e no que se podería ver afectada a seguridade das prescripcións, polo que decidimos esperar a que se publique a orde ministerial para así saber con certeza as medidas a tomar polo Colexio.

Por isto, instámosvos a que continuedes co sistema actual de receita que cada un tiña na súa consulta e se algún colexiado ten algún problema con algunha farmacia nolo transmita. Dicirvos tamén que dende o Colexio mantívose contacto con algún Colexio Médico e a situación é similar, e por outro lado o Consejo de Farmacéuticos non puxo en marcha o seu programa, polo que non se levaría a cabo a verificación das receitas que se emitan.

Seguirémosvos informando nos vindeiros días de todo o relacionado co tema, convocaremos charlas informativas para explicarvos con maior certeza o asunto e enviaremos, hoxe mesmo, un comunicado aos Colexios de Farmacéuticos, da nosa Comunidade Autónoma, para explicarlle a postura adoptada.
Atentamente,

Xunta de Goberno do COPOGA

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

🔸Los helomas son una de las afecciones más habituales en nuestros pies y, quizás, de las más subestimadas, pero no… https://t.co/dApm6EvEjS
🏃‍♀️🏃‍♂️¿Sientes #dolor después de 30 minutos corriendo? Plantillas personalizadas para ayudar al corredor que hay… https://t.co/AF9ZHOrMsS
📰 Últimas noticias sobre la profesión podológica‼️ Todo ello en el boletín informativo del @CGPodologos Leer aquí… https://t.co/X1r5gtTt01
🔷 La Junta de Gobierno del COPOGA se reunió ayer por videoconferencia para seguir trabajando durante el estado de a… https://t.co/UrfAi4C4tC
Las mejores zapatillas de deporte para cada entrenamiento, con las explicaciones de la podóloga y secretaria del Co… https://t.co/TPZZS3dqEn
🔷 Dejar de fumar puede evitar callosidades en los pies 👣, una lesión que provoca dolor, impide caminar con normalid… https://t.co/hA9n3exyXv
#sentidiño https://t.co/421bWDBsTF
Coronavirus en Galicia | Teletrabajo con dolores. Fisioterapeutas y podólogos alertan del incremento de las dolenci… https://t.co/UL3mNbUu8q
Consejos para los pies tras el confinamiento del presidente del Colexio de Podólogos de Galicia, Juan Dios, en Onda… https://t.co/DWZPDWR8Vw
Compartimos con todos vosotr@s la campaña institucional “Con sentidiño” de la @Xunta, de información a la población… https://t.co/R9R4eL525q
Os podólogos galegos recomendan visitas regulares "para valorar o estado de saúde do pé" https://t.co/bLR3RFZYQR vía @Gconfidencial
Los podólogos gallegos recomiendan visitas regulares "para valorar el estado de salud del pie" y prevenir https://t.co/ABIljO1QoI
Un 85% de personas con fibromialgia son mujeres que sufren problemas en los pies vía @ActaSanitaria https://t.co/NyCbuf8pN9
Un 85% de las personas con fibromialgia son mujeres que s... vía @Consalud_es https://t.co/GzqaJeIG4j
🔶 Clínicas podológicas, un lugar seguro. Nos hemos adaptado a la normativa y seguimos todas las recomendaciones y m… https://t.co/ilYbtfZHjA
Se sufren más problemas en los pies si se padece fibromialgia https://t.co/xxtnEMoMC9
Un 85% de las personas que padecen fibromialgia son mujeres que sufren un incremento de problemas en los pies, como… https://t.co/QxZ88BuxXx
Os podólogos galegos garanten a seguridade dos seus pacientes https://t.co/1ibjfL6JuY https://t.co/iE2gjADcWm