Novas

Un 71% das persoas maiores de 65 anos padece algún problema podolóxico en Galicia

Un 71% das persoas maiores de 65 anos padece algún problema podolóxico en Galicia

A predisposición a tropezos e caídas dos anciáns débese principalmente a problemas nos pés

As doenzas xeriátricas máis comúns son xuanetes e dedas en garra

As caídas son un dos problemas xeriátricos máis importantes, xa que poñen en risco a saúde dos maiores provocando lesións, dificultade para a mobilidade e mesmo incapacidade. O Colexio de Podólogos de Galicia (COPOGA) sinala que os problemas nos pés dos anciáns son unha das causas que propician as caídas, acrecentadas pola debilidade dos membros inferiores e a falta de equilibrio que padecen, ademais da mala visión.

Segundo un estudo realizado polo Programa de Atención Podolóxica Itinerante ás persoas maiores de 65 anos con dependencia do ámbito rural e semiurbano galego en 2006 (programa que contou coa colaboración di Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, Xunta de Galicia, Facultade de Podoloxía de Ferrol e o Colexio de Podólogos de Galicia), Galicia conta cun 71% de persoas maiores de 65 anos con algún problema podolóxico relacionado con queratopatías e onicopatías. Ante este avellentamento poboacional, o Colexio de Podólogos de Galicia aconsella ás persoas maiores realizar revisións podolóxicas anuais, para que os profesionais poidan revisar o estado dos seus pés.

Nesta liña, o Colexio de Podólogos de Galicia explica que os pacientes de idade avanzada presentan cambios de reflexos nas extremidades e poden ter afectadas as sensacións táctil e vibratoria e o sentido posicional. Así, a marcha das personas maiores caracterízase pola súa forma lenta de camiñar con pasos curtos e meditados e o arrastre dos pés.

As patoloxías máis frecuentes na terceira idade son os xuanetes, dedas en garra e aplanamento do pé. “É fundamental acudir ao podólogo para que detecte as posibles anomalías e deformidades no pé que poden dificultar a deambulación antes de que xeren complicacións maiores” –apuntan desde o Colexio de Podólogos de Galicia–. Recomendan tamén eliminar as durezas e calos.

Ademais, nos casos necesarios, os profesionais recomendan protexer as prominencias óseas e deformidades dos pés co uso de ortese de siliconas ou a confección de plantillas, para evitar a dor causada co movemento que podería alterar a marcha e incrementar a inestabilidade. O uso de plantillas nas persoas maiores pode proporcionar unha marcha máis estable, carente de malestar e confortable.

Outro dos problemas máis frecuentes co paso dos anos son os diversos cambios que sofre a pel e s unllas dos pés. O proceso de avellentamento causa na pel adelgazamento da superficie cutánea  nun 15% a partir dos 60 anos, perda dun 20% de espesor na capa dérmica, diminución de elasticidade e flexibilidade na pel, perda de permeabilidade, de melanocitos, glándulas sudoríparas, tecido adiposo, vasos sanguíneos e pelo. Estas alteracións acarrexarán consecuencias como a sequidade da pel ou xerose, a falta de protección, alteración termorreguladora, xurdirán infeccións crónicas máis frecuentes, aumentará o umbral da dor, con menor resistencia a pequenos traumas e tendencia ao frío.

Ademais, outra zona afectada polo avellentamento son as unllas, que sufrirán cambios como o aumento do contido de calcio, descenso de ferro, afección da epiderme do leito ungueal con diminución de tecido elástico, engrosamento, aumento de residuos e diminución do crecemento das unllas.

Calzado con suxección de cordóns ou velcros e sola antideslizante

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda ás persoas maiores o uso de zapatos que suxeiten ben o pé con cordóns ou con velcros, que dispoñan de sola antideslizante e que permitan a transpiración natural. Ademais, deben evitar o calzado con solas desgastadas, tacóns altos, en chancleta ou zapatilla solta. Como é moi frecuente que os pés se inchen e o calzado prema ao longo do día, é aconsellable o uso de zapatos confeccionados con materiais especiais, lycras e espumas que cedan.

Polo que se refire ás medias e calcetíns, recomendase utilizalos de algodón e descartar as fibras sintéticas, porque non favorecen a transpiración e incrementan a sudoración. É importante que as persoas maiores non utilicen calcetíns ou medias remendadas ou con costuras, ligas ou calcetíns con elástico superior que preman, xa que ao impedir ou entorpecer o retorno venoso son causa de edemas periféricos.

DOSIER DE PRENSA

Posted in Novas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

🎨 Niños, niñas 👧🧒‼ Aún estáis a tiempo de participar en el Concurso de Postales de Navidad del #COPOGA 🎄 🎁 Ya hemo… https://t.co/8W2SN3BwA4
📰 Extra, extra‼️ Aquí tenéis el boletín informativo del @CGPodologos, el nº 64 que llega con las últimas noticias d… https://t.co/wUjad7T0VA
🦶 Los juanetes tienen solución. Este es el título del artículo de opinión que hoy publica en su sección de Opinión… https://t.co/h1COQoUZun
Curso ‘online’ de podología de niños https://t.co/kQGgboQuGa
🔶 Iniciamos webinar sobre podología pediátrica 👶, con 60 podólogos en línea actualizando conocimientos con las expl… https://t.co/vowNbNmtdN
👣 Los podólogos analizan el #pieplanoinfantil, alteración normal entre los seis y ochos años que se puede prolongar… https://t.co/0VCPvakN5i
El presidente Juan Dios explica las bases del concurso de postales de Navidad en COPE Pontevedra​ (a partir do minu… https://t.co/k3PWN86LkA
Los dibujos deberán tener a los pies como protagonistas y serán valorados por su originalidad https://t.co/H8p1sk6TXp
🎨 Convocamos la 2ª edición del concurso de postales de Navidad para niños y niñas de tres a seis años 🎄 👣 Las cre… https://t.co/YEPkBVflUt
⚠️ Últimas plazas para inscribirse en el curso online de podología pediátrica, que impartirá el podólogo… https://t.co/sfuIkSkJLw
El pasado sábado se celebró el Día Mundial de la Diabetes. ¿Qué relación puede haber entre la diabetes y los podólo… https://t.co/53jYlW20Km
🔶 Con motivo del Día Mundial de la Diabetes desde el COPOGA hemos o preparado un decálogo con consejos para la pre… https://t.co/A3vU3VYLAy
🔶 El sábado se celebró el Día Mundial de la Diabetes. 1 de cada 4 personas con diabetes va a sufrir problemas grav… https://t.co/EKCUybh6nH
🗣 Marisa, paciente con diabetes cuenta como su pierna fue amputada tras padecer pie diabético 📣… https://t.co/rU9xLWGDDo
‼️Firma la petición. Por la #podología en la Sanidad Pública #podologíapúblicaya https://t.co/vOM4hegj7d
🔶 La junta de gobierno del Copoga se ha reunido esta mañana, vía telemática, para tratar diferentes temas colegiale… https://t.co/3EsL32ZTb5
“Hoy la prevención podológica temprana es crucial” #DíaMundialDiabetes #14N #PieDiabético https://t.co/inVis7EZfX