Achéganse os resultados da enquisa de prezos realizada no ano 2011.
Esta enquisa, como xa sabedes, só ten valor informativo, xa que, dende a entrada en vigor da Lei 25/2009, do 22 de xaneiro os Colexios Profesionais non poden establecer honorarios orientativos, por isto, a nosa única recomendación é que as/os profesionais actúen sempre baixo os orzamentos dos seus servizos, pactando entre as partes un PREZO XUSTO polo traballo realizado, que conserve a DIGNIDADE PROFESIONAL do colectivo, e que non se acepten salarios denigrantes e vergonzosos que non toman en consideración o custe real do servizo e que, en definitiva, acaba influíndo negativamente na relación podólogo-paciente xa que “para que compense” é preciso racionalizar de maneira contraproducente a asistencia sanitaria producindo deficiencias no servizo.