Eventos

ASEMBLEA XERAL E WEBINAR

Coa finalidade de garantir as medidas de prevención contra o contaxio do COVID-19 e de favorecer a asistencia á Asemblea Xeral Ordinaria, este ano celebrarase de maneira telemática, previa inscrición dos/as asistentes, o sábado día 19 de decembro ás 12.00h en primeira convocatoria e 12.30h en segunda convocatoria.

As persoas que desexen asistir deben inscribirse na seguinte ligazón da páxina web colexial (ligazón: https://copoga.com/servizos/formacion/?t=info&id=78 ).

Asemade, as persoas que desexen delegar o voto poden cubrir, asinar e enviar o Colexio por correo electrónico, o modelo de delegación de voto que aparece o final da convocatoria anexa.

Lembramos que a Asemblea é o órgano soberano do Colexio e que todas os seus acordos obrigan a todos os colexiados/as, aínda que non estean presentes; de aí a importancia da asistencia á mesma.

Para completar a xornada ás 9.30h celebrarase o webinar “Manexo precirúrxico de doentes para podoloxía”, impartido polo Dr. Óscar Álvarez-Calderón Iglesias e que será de balde para todos os colexiados que desexen asistir.

Quedando a programación do día da seguinte maneira:

9.30 h.-12.00h            webinar Manexo precirúrxico de doentes para podoloxía

12.00 h                      1ª convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria do 2º semestre do ano

12.30h                       2ª convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria do 2º semestre do ano

As persoas que desexen inscribirse no webinar deben facelo dende a páxina web colexial ( ligazón: https://copoga.com/servizos/formacion/?t=info&id=79 )