Novas

Expertos médicos recomendan utilizar a menor dose posible de radiación para conseguir un diagnóstico axeitado en podoloxía

Expertos médicos recomendan utilizar a menor dose posible de radiación para conseguir un diagnóstico axeitado en podoloxía

Sandra Baleato, médico do CHUS:

“As probas radiolóxicas son ferramentas que poden axudar ao podólogo no diagnóstico das diferentes patoloxías ás que se enfronta diariamente”

O curso impartirase mañá na sede do Colexio de Podólogos de Galicia en Santiago de Compostela

O Colexio de Podólogos de Galicia (COPOGA) celebrará mañá sábado, día 29, un curso de actualización en radiodiagnóstico en podoloxía no que participarán profesionais da podoloxía. Impartirase na sede do colexio en Santiago (avda. Quiroga Palacios, 65) entre as 9:30 e as 17:00 horas. Esta actividade está patrocinada por SRCL Consenur e Infocitec.

A xornada ten como obxecto actualizar os coñecementos en distintos medios diagnósticos mediante radioloxía. Repasaranse as probas principais de uso en podoloxía, como a radioloxía convencional, Tomografía Axial Computerizada (TAC), Resonancia Magnética Nuclear (RMN) e ecografía. Ademais abordaranse múltiples casos clínicos coas principais patoloxías do pé susceptibles de diagnóstico por imaxe. Este relatorio estará impartido pola doutora especialista en Radioloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), Sandra Baleato. A xornada completarase cunha conferencia sobre dosimetría a radio-protección que ofrecerá o médico e director do Departamento de Radioloxía do Infocitec, Julián Fernández.

Clasificación das técnicas radiolóxicas: ionizantes ou non ionizantes

A doutora Sandra Baleato explica que o pé é unha área anatómica “tremendamente complexa” que pode ser asento de múltiples patoloxías. Neste punto, as técnicas radiolóxicas son “ferramentas que poden axudar ao podólogo a diferenciar diariamente as posibles patoloxías”, dado que o coñecemento do seu comportamento en imaxe pode ser de moita utilidade na práctica clínica do podólogo.

Este curso intentará explicar os achados radiolóxicos máis comúns das patoloxías ás que se enfronta cada día o podólogo e as indicacións e limitacións de cada unha destas técnicas e, á vez, realizalo en base ao principio básico de uso de radiacións ionizantes: ALARA, un acrónimo que significa “As Low As Reasonably Achievable”, é dicir, usar a menor dose de radiación posible para conseguir un diagnóstico axeitado.

As técnicas de imaxe pódense clasificar segundo o uso de radiacións ionizantes ou non. O uso de radiacións ionizantes está perfectamente regulado pola lei (Real Decreto 815/2001, de 13 de xullo, “Sobre xustificación do uso das radiacións ionizantes para a protección radiolóxica das persoas con ocasión de exposicións médicas”) e especificado na formación en protección radiolóxica nas ensinanzas de pregrao das Facultades Universitarias de Podoloxía. A doutora subliña que o Real Decreto prohibe as exposicións médicas que non poden xustificarse. Así, indícase na norma que “o podólogo, no ámbito das súas competencias, será o responsable de valorar: A correcta indicación do procedemento radiolóxico e definir alternativas, ao mesmo, sen risco radiolóxico ou con menor risco radiolóxico”.

As radiografías simples permiten identificar tanto variantes anatómicas como patoloxía ósea, principalmente patoloxía traumática e dexenerativa. Por outro lado, outras técnicas máis avanzadas como a TAC, tamén baseada en radiacións ionizantes, permite unha valoración en múltiples planos, en 3D, e resulta útil en problemas derivados da complexidade anatómica do pé. “Actualmente é unha técnica complementaria que se usa en contadas indicacións” –aclara Baleato–.

Tanto a ecografía como a Resonancia Magnética non usan radiacións ionizantes e a diferenza das técnicas que as usan identifican fundamentalmente lesións correspondentes ás partes brandas (músculos, tendóns, fascias). A ecografía é unha técnica diagnóstica barata e moi accesible, pero moi dependente da habilidade do operador. Pola súa parte, a RM permite un estudo global e máis exhaustivo da articulación do nocello e pé dada a súa resolución espacial e de contraste. Pero tamén hai que lembrar o maior custo e a menor dispoñibilidade da resonancia.

Ademais das técnicas convencionais de radiación, Sandra Baleato apunta que os podólogos teñen a posibilidade de considerar a eficacia, os beneficios e os riscos doutras técnicas alternativas dispoñibles que teñan o mesmo obxectivo, pero non requiran exposición ás radiacións ionizantes ou impliquen unha exposición menor.

Posted in Novas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

🔶 #verano #sol #piscinas ☀️🏊‍♀️🏖Recomendamos el uso de chanclas en playas y piscinas para evitar el contagio de hon… https://t.co/KcoRLqq1Ef
📰 Aquí están las últimas noticias de la profesión, en el boletín número 59 del @CGPodologos 🔶 Si queréis leer la… https://t.co/hYc7p08Q6u
La Asamblea General del @CGPodologos reúne hoy y mañana a todos los presidentes de los Colegios Oficiales de Podolo… https://t.co/qpQEuyF3cq
Homenaje de los colegios sanitarios de Galicia https://t.co/02sfKyIgZH a través de @Farodevigo
29 colegios profesionales sanitarios de Galicia rendirán el próximo día 28 de julio un homenaje histórico a las víc… https://t.co/z8ZMDR7YfN
O COPOGA entre eles‼️ Os 29 colexios profesionais sanitarios de Galicia preparan unha homenaxe ás vítimas do corona… https://t.co/T0OoVivmiX
🔶 La salud de nuestros pies importa.🦶Acude al podólogo una vez al año. No te la juegues #visitaatupodólogo 👣 🔷 A s… https://t.co/ABibYWlVqX
Zapatos de plataforma, ¿es seguro su uso? https://t.co/n1ymgMeEec a través de @webconsultas
🔶 Los podólog@s pueden prescribir medicamentos 💊 y productos sanitarios como las ortesis para aliviar o tratar una… https://t.co/kf5p2tz63y
Expertos lamentan que los podólogos no estén incorporados en el SNS aunque son los especialistas en pie diabético https://t.co/zpifasNMeS
🔶Con la llegada del🌞, cada vez son más las personas que deciden salir a practicar #running 🏃‍♀️🏃‍♂️ 🦶 Pero para evi… https://t.co/4YjjpOMJvv
🤩El presidente del COPOGA, Juan Dios, estuvo ayer en directo en el programa "Quen anda aí?" de @TVGalicia para habl… https://t.co/05cjJn3Zu7
#Sentidiño Medidas necesarias para evitar a xeración de riscos de propagación da covid-19: de hixiene, a distancia… https://t.co/qeRyXQHbGA
El presidente del COPOGA, Juan Dios, ha hablado en el programa Más de uno Vigo de @ondacerovigo sobre el melanoma e… https://t.co/qCsyOKs7Gw
#Sentidiño @Xunta @esaude_sergas https://t.co/L0k5iplVC2
#Sentidiño @Xunta @esaude_sergas https://t.co/b3GILsREj4
Instan a la detección precoz del melanoma en los pies https://t.co/g2vAB9HIn0
Los podólogos aconsejan visitas una vez al año para la detección precoz del melanoma en los pies… https://t.co/TKhRqwbmy9