Noticias

Hidratar os pés a noite antes e outros consellos do Colexio de Podólogos de Galicia para coidar as extremidades inferiores ao realizar o Camiño de Santiago, actividade que aumenta coa chegada do bo tempo primaveral

Hidratar os pés a noite antes e outros consellos do Colexio de Podólogos de Galicia para coidar as extremidades inferiores ao realizar o Camiño de Santiago, actividade que aumenta coa chegada do bo tempo primaveral

Una podóloga, la actual secretaria del Colexio Ángeles Fernández, asistiendo a los peregrinos en la campaña de la entidad en el verano de 2013

A visita previa ao podólogo é especialmente importante ante calquera dúbida, molestia e en caso de doenzas xa existentes como exceso de sudación, fungos ou helomas

Co bo tempo primaveral por fin instaurado en Galicia e as vacacións xa ao virar a esquina, o Camiño de Santiago é unha das actividades ao aire libre que aumentan nestas datas e onde os pés son grandes protagonistas. O Colexio de Podólogos de Galicia ofrece as principais recomendacións para preparar os pés dos peregrinos antes das longas marchas e coidalos durante e despois destas. Neste sentido, a hidratación dos pés a noite antes do inicio de cada ruta é un dos consellos que realizan os profesionais.

O presidente do colexio profesional, Borja Pérez Serrano, explica que “os pés constitúen unha das partes do corpo que máis sofre durante as longas marchas do Camiño de Santiago debido a que se someten a esforzos pouco habituais. É importante ter en conta certas prácticas, tanto antes como durante e despois das rutas, e sobre todo, visitar a consulta dun profesional da podoloxía debidamente titulado e colexiado ante calquera dúbida para previr lesións e especialmente en caso de doenzas previas como exceso de sudación, fungos ou helomas, entre outras” –matiza o presidente–.

Coidados do pé antes de realizar o Camiño de Santiago

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda, entre outros coidados, adestrar previamente en función das etapas programadas, utilizar botas de trekking ou de montaña, cortar as uñas axustándose á forma destas e non deixar picos.

Xusto antes da saída

Para a noite previa, o colexio recomenda hidratar os pés con crema. Outros consellos son evitar lavalos con auga quente antes da ruta xa que favorece a aparición de bochas, axustar adecuadamente o calzado e o calcetín e protexer os rozamentos, se os houbese, con apósitos.

Durante a marcha

Entre outras recomendacións, o colexio destaca utilizar calzado e calcetíns habituais, non estrealos, camiñar relaxado, usar bastóns para ter máis estabilidade ou descansar entre 5 e 10 minutos cada hora.

Tras finalizar cada día, é importante lavar e revisar ben os pés tras un secado minucioso para poder detectar posibles alteracións. Os pés poden recuperarse do esforzo nunha soa noite se se aplica crema hidratante, se poñen en alto e se se realizan estiradas da súa musculatura. “A dor de pés non debe ignorarse e é o podólogo colexiado o profesional sanitario especializado” –destaca Borja Pérez–.

Borja Pérez Serrano fixo recomendacións profesionais para o coidado dos pés peregrinos na @TVGalicia @RadioGalegahttps://t.co/gQiYl2b8IN
Borja Pérez Serramo asistió esta tarde a la graduación de los nuevos podólogos en el campus de Ferrol @vozferrolhttps://t.co/gfCvlN8HCe
La directora de comunicación de la Organización Médica Colegial de España, Teresa Alfageme, dirige un equipo de 5 p… https://t.co/cOWeyxoJY4
Os podólogos asesoran os penitentes para evitar doenzas, en Televisión de Galicia​ https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be
Seguimos apoyando a los #deportistas. Ayer domingo en la carrera popular gandeira de Santa Comba en la asistencia… https://t.co/B3uqseFNjN
Los podólogos dan las pautas para la Semana Santa - Diario Sanitario https://t.co/XVuRiGpGbk
El domingo de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores con i… https://t.co/hRMZwvaw6d
El domingo-21 de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores co… https://t.co/DPUl6xcCqE
Consejos para los principiantes en el running y así evitar lesiones innecesarias https://t.co/7vktSb46Z3
Exploración biomecánica para evitar lesiones https://t.co/btxmgbUtKg
Recomendamos na exploración biomecánica previa a la práctica de running para prevenir lesiones Borja Pérez, presid… https://t.co/dKIUouSwG7
📸 Álbum de fotos de la jornada de asistencia podológica a los corredores del maratón Coruña42 , ayer domingo en la… https://t.co/vCr5IH6fAQ
🏃‍♂️🏃‍♀️Este domingo se celebra el VIII Maratón Atlántica @Coruna42 , y allí estaremos los podólogos‼️Asistiremos a… https://t.co/EanFoGTyEw
Nuestro presidente abrió ayer en el congreso de estudiantes en la facultad de FERROL. https://t.co/7ODHEggyWM