Noticias

A “Declaración de Santiago con motivo do Día Internacional da Podoloxía” reivindica a importancia da saúde dos pés e a figura sanitaria do podólogo

A “Declaración de Santiago con motivo do Día Internacional da Podoloxía” reivindica a importancia da saúde dos pés e a figura sanitaria do podólogo

Os representantes das máis altas organizacións da podoloxía en España e a nivel mundial leron o manifesto en oito idiomas diferentes

Víctor Alfaro, podólogo do primeiro equipo do Real Madrid: “Calquera deportista, amateur ou profesional, debería ter un podólogo deportivo de cabeceira”

 

O 49 Congreso Nacional de Podoloxía 2018, organizado polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Podólogos de España e o Colexio de Podólogos de Galicia. Tivo lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, concluíu hoxe en Santiago de Compostela, con máis de 1000 congresistas chegados de 23 países. 

O marcado carácter internacional de congreso permitiulles aos representantes das máis altas organizacións da podoloxía en España e no mundo facer unha “Declaración de Santiago de Compostela con motivo do Día Internacional da Podoloxía”, efeméride que terá lugar este próximo luns día 8 de outubro, convocado pola Federación Internacional de Podólogos. Os presidentes da Federación Internacional de Podólogos (FIP), Sociedade Americana de Podólogos (AMPA), Associação Portuguesa de Podoloxía, Consello Xeral de Colexios Oficiais de Podólogos, e os presidentes autonómicos dos colexios profesionais de Galicia, Catalunya, País Vasco e o secretario do comité científico do congreso realizaron a lectura deste manifesto en oito idiomas diferentes (francés, inglés, portugués, italiano, español, catalán, eúscaro e galego). Ligazón de descarga do vídeo: https://we.tl/t-fqiPxZw0A1.

Facéndolle unha chiscadela ao Camiño de Santiago, o presidente do Colexio de Podólogos de Galicia, Borja Pérez, destacou que durante séculos millóns de pés de peregrinos pisaron as pedras de Compostela, e por iso “os especialistas do pé de todo o mundo queremos aproveitar este encontro nesta cidade universal para iniciar a realización do noso Día Internacional con esta Declaración de Santiago”.

O presidente do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Podólogos, José García Mostazo sinalou a importancia de traballar nunha concienciación social e global sobre a podoloxía e o impacto e os perigos das doenzas do pé e do nocello. O presidente da FIP, Christian Jerome, indicou que é un día de celebración que pode servir para chamar a atención sobre a necesidade da presenza recoñecida dos podólogos na sanidade pública. O presidente das AMPA, Denis Frisch, reivindicou a importancia dunha formación en podoloxía de alto nivel.

Tamén o presidente portugués, Manuel Portela, manifestou a conveniencia de garantir que o nivel de formación adquirido na universidade se incremente e non se dilúa. Pola súa banda, o presidente catalán, Manel Pérez, fíxolles unha chamada de atención aos propios cidadáns, para que lles dean aos seus pés a importancia que teñen e lles reclamen aos seus gobernantes que a sanidade pública atenda patoloxías de pé e nocello. O titular vasco, Álvaro Díaz, recalcou que os representantes políticos deben loitar contra o intrusismo, ofrecer un bo servizo público de podoloxía e unha universidade de calidade. Finalmente, o secretario do comité científico do congreso, Luke Cicchinelli, incidiu no lema do Día Internacional da Podoloxía, #lospiesimportan, insistindo en que para procurar unha boa saúde dos pés a podoloxía é prioritaria e axudará a mellorar a calidade de vida das persoas.

Últimas técnicas e manexo de tecnoloxía, claves na podoloxía deportiva

Unha das mesas redondas da xornada, titulada “Os pés tamén xogan”, estivo moderada polo podólogo do Real Madrid, Víctor Alfaro, contou cos expertos José Antonio Berná, Julio Calleja, Amol Saxena, Víctor García, Beno Nigg y Daniel Bonnano. Os especialistas trataron distintos temas de interese na contorna da podoloxía deportiva como o calzado deportivo, o traballo multidisciplinar ou patoloxías concretas.

Como podólogo desde hai sete anos do primeiro equipo do Real Madrid, Víctor Alfaro, considera que en podoloxía deportiva é clave estar ao día nas últimas técnicas e manexo de tecnoloxía. Ademais, o experto explicou que a podoloxía deportiva non é só importante no deporte profesional senón que ten unha grande importancia no deporte amateur, xa que a forma de pisar é a causante dun gran número de lesións en deportistas afeccionados. “Calquera deportista, amateur ou profesional, debería ter un podólogo deportivo de cabeceira. Na actualidade, unha parte importante da poboación segue vendo o podólogo deportivo como unha figura reservada para os deportistas de elite, e non debería ser así” –indicou–,

A bota de fútbol, un calzado minimalista

Nesa mesma mesa de debate sobre a podoloxía deportiva, o podólogo do Elxe Club de Fútbol, José Berná, fixo unha valoración sobre a evolución da bota de fútbol nos últimos 20 anos, en canto a cambios estéticos e para mellorar o golpeo do balón e o peso do calzado.

O experto explicou que un xogador de fútbol profesional percorre un 13 km nun partido, dato que demostra que o xesto deportivo do fútbol non só é xutar o balón senón tamén o salto ou a carreira. Ante esta cuestión, Berná asegurou que a bota debe ter sistemas de protección que se asemellen aos dun calzado de correr, uns 8 milímetros de altura no talón para previr lesións do tendón de Aquiles. “Podemos afirmar que a bota de fútbol é un calzado minimalista, do que existen tres tipos: moi lixeira con tacos máis pequenos e alongados para correr, outra con tacos máis cónicos para o control do balón, e unha terceira para potenciar o golpeo cunha combinación de diferentes tacos” –concretou–.

Berná sinalou que a bota ideal debe ser confortable, cómoda, deseñada para mellorar o rendemento e reducir o número de lesións, con tecido flexible e sempre adecuada para cada terreo –céspede natural ou artificial e terra–.

O andar dos nenos coas puntas cara a dentro ou no bico dos pés

Por outra banda, o congreso tamén deu lugar a analizar as últimas cuestións en podoloxía pediátrica. Contouse coa presenza do podólogo especialista en infantil Roberto Pascual. Destacou os principais motivos de consulta, incidindo en que o maior índice é referente aos pés planos e outros problemas relacionados coa marcha ou co crecemento.

É moi típico ver en consulta e pola rúa a nenos que andan coa puntas dos pés cara a dentro, dato que se pode considerar como normal durante os primeiros anos de vida, pero que na maioría dos casos co crecemento non se vai normalizar, e a medida que o neno crece é máis difícil poder modificar eses patróns torsionais ou rotacionais” –manifestou–. Pero puntualizou que ultimamente é máis común que acudan nenos a consulta andando no bico dos pés, un tipo de marcha moi “gracioso” asociado en certos casos a problemas neurolóxicos e noutros moitos considerado un tipo de marcha idiomático, pero puntualizou que sempre se precisa a consulta dun podólogo.

Os podólogos asesoran os penitentes para evitar doenzas, en Televisión de Galicia​ https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be
Seguimos apoyando a los #deportistas. Ayer domingo en la carrera popular gandeira de Santa Comba en la asistencia… https://t.co/B3uqseFNjN
Los podólogos dan las pautas para la Semana Santa - Diario Sanitario https://t.co/XVuRiGpGbk
El domingo de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores con i… https://t.co/hRMZwvaw6d
El domingo-21 de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores co… https://t.co/DPUl6xcCqE
Consejos para los principiantes en el running y así evitar lesiones innecesarias https://t.co/7vktSb46Z3
Exploración biomecánica para evitar lesiones https://t.co/btxmgbUtKg
Recomendamos na exploración biomecánica previa a la práctica de running para prevenir lesiones Borja Pérez, presid… https://t.co/dKIUouSwG7
📸 Álbum de fotos de la jornada de asistencia podológica a los corredores del maratón Coruña42 , ayer domingo en la… https://t.co/vCr5IH6fAQ
🏃‍♂️🏃‍♀️Este domingo se celebra el VIII Maratón Atlántica @Coruna42 , y allí estaremos los podólogos‼️Asistiremos a… https://t.co/EanFoGTyEw
Nuestro presidente abrió ayer en el congreso de estudiantes en la facultad de FERROL. https://t.co/7ODHEggyWM
Borja Pérez: “Las acciones de los intrusos pueden afectar a la seguridad e integridad de las personas". Ofreció una… https://t.co/6B1cc3Y3is
Nuestro presidente Borja Pérez inaugurará mañana el VIII Congreso de Estudiantes de Podología que se celebrará en e… https://t.co/IotKyEibDq
Abrimos ✍️ del curso exploración biomecánica y técnica de adaptación en directo, que celebremos el 4 de mayo en la… https://t.co/bRiHrkaNvu
Si estás embarazada, mírate los pies. Reportaje en el suplemento #YES de @lavozdegalicia https://t.co/6T7ffUoRc3
La World Health Organization (WHO) celebra cada siete de abril, desde 1950, el Día Mundial de la Salud. Este año l… https://t.co/yFxlePTTSM