Noticias

Os podólogos formanse para coñecer as tecnoloxías actuais destinadas a realizar unha exploración postural

Os podólogos formanse para coñecer as tecnoloxías actuais destinadas a realizar unha exploración postural

Johann Herrera, podólogo: “A posturoloxía sérvenos para diagnosticar e atopar as posibles causas de manifestacións dolorosas, condicionadas polos receptores da vista, audición e pés”.

O Colexio de Podólogos de Galicia este fin de semana un curso de podoposturoloxía para o que se cubriron as 20 prazas convocadas [sábado de 9:00 a 20:00 horas e domingo de 9:00 a 18:00 horas]

O Colexio de Podólogos de Galicia realizará este fin de semana un curso de podoposturoloxía. A formación, para as que se cubriron as 20 prazas dispoñibles, desenvolverase na sede colexial en Santiago (rúa Manuel Vázquez Cacharrón, 8) mañá sábado entre as 9:00 e as 20:00 horas, e o domingo de 9:00 a 18:00 horas.

 

O curso, impartido polo podólogo e posturólogo Johann Herrera e o osteópata-posturólogo David Galego, expón unha visión diagnóstica moi diferente para os profesionais que traballan a posturoloxía. En dúas xornadas desenvolveranse os conceptos máis importantes sobre o captador podal e a súa relación co corpo, pasando pola visión, a oclusión e a integración osteopática.

Este curso ten como finalidade entregar as ferramentas básicas para o diagnóstico postural do paciente, desde o enfoque podal e osteopático. Os módulos están estruturados para que o alumno poida aprender a desenvolver diferentes tipos de exploracións, para poder diagnosticar problemas posturais orixinados desde o captador podal ou mixtos (pés-boca, pés visión, pés raquis, entre outros). E entregar unha dirección terapéutica máis precisa.

Johann Herrera explica que na actualidade visitan as clínicas de podoloxía diferentes tipos de pacientes con manifestacións de dor a nivel de estruturas, como articulacións, musculares, dores cervicais ou mesmo mareos e dores de cabeza que adoitan ser constantes ás veces crónicas. O experto sinala que de forma individual é difícil de diagnosticar a causa, xa que moitas veces estas dores ou alteracións son consecuencia da mala postura ou postura non ideal, que entrega unha mala información ao sistema postural fino. “A posturoloxía como método diagnóstico sérvenos para atopar as posibles causas destas manifestacións dolorosas ao estar condicionada polos receptores da vista, audición e pés, máis a articulación temporo-mandibular” –sinala–.

En relación coas ferramentas necesarias para facer un bo diagnóstico postural, Herrera indica que o podólogo, por ser profesional especializado dun dos principais captadores posturais, debe ter coñecementos básicos para poder orientar o paciente dunha maneira correcta e obter información para derivar ou ben tratalo a través de persoais posturais. “As exploracións e test son fundamentais en posturoloxía, van desde unha valoración inicial dos captadores: visual, auditivo, articulación temporo-mandibular e podais, ata unha exploración máis específica con ferramentas dixitalizadas, como as plataformas posturográficas” –comenta–.

En concreto, Herrera indica que a posturoloxía pode axudar a combater desde unha dor de cabezas ata unha dor de pés, pasando por dor no xeonllo (gonalxias), dores de cadeira, lumbo-sacro, cervicalxias, hemicrania, fascites plantares ou dores escapulares.

Johann Herrera

Mitos y verdades sobre el pie infantil, #prevenciónenlosmáspequeños Faro de Vigo https://t.co/tzifAUr9NZ
¿Sabes qué las personas con cáncer de mama deben extremar los cuidados de sus pies? 🎗En el… https://t.co/huBKtppVYE
Inaugurado el @CongrePodologia en Santander, al que asiste nuestro presidente Juan Dios #formación #podoogíahttps://t.co/S0wrG7Z88u
A debate: el uso de tacones en la oficina. El presidente del @ColexioPodologo, Juan Dios, ha participado hoy en est… https://t.co/qgdkZemxPc
Os pés dos pequenos centran unha xornada en Ferrol con motivo do Día da Podoloxía, en @G24Noticias de Televisión de… https://t.co/VXevL2LVeg
Inciden en la prevención y atención temprana para evitar trastornos en el pie adulto, en @diarioferrol https://t.co/yojsuB02wF
Jornada sobre el pie infantil en @vozferrol https://t.co/8Lrr2aUXy4
La pedagoga Yolanda Rial presentó su cuento dedicado a los pies. @vozferrol @diarioferrol @RadioGalega @Radio_Vozhttps://t.co/GwuFD1a6xu
Un 46% de los niños presenta morfología de pie plano en la huella plantar, según un estudio https://t.co/zeDHvbZOgK
Coidar os pés dende pequenos , en @ecodixital https://t.co/84o8OXAFo5 https://t.co/gNtNyBcC5m
Celebramos una jornada de pie infantil en el Día de la Podología, para incidir en la prevención y atención temprana… https://t.co/pNMTw0IOUn
Hoy, en el @IntPodiatryDay, nuestra vicepresidenta Rocío Dono, se anima con un selfie para apoyar a la profesión… https://t.co/CX7fbSwdXT
Iniciamos o Día da Podoloxía na Facultade de Ferrol @RadioGalega @TVGalicia @diarioferrol @CopeGalicia @Radio_Vozhttps://t.co/Ai0ZwQlQhT