Noticias

Máis de 1 000 podólogos de 21 países diferentes participarán no Congreso Nacional de Podoloxía os días 5 e 6 de outubro en Santiago de Compostela

Máis de 1 000 podólogos de 21 países diferentes participarán no Congreso Nacional de Podoloxía os días 5 e 6 de outubro en Santiago de Compostela

As patoloxías do corredor, o calzado deportivo ou o pé diabético serán tema de mesas redondas, sesións Pecha Kucha, conferencias e talleres prácticos

Organizarase unha Podoquedada runner peregrina desde o Monte do Gozo á Praza do Obradoiro

Santiago de Compostela acollerá os días 5 e 6 de outubro o 49 Congreso Nacional de Podoloxía 2018, organizado polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Podólogos de España e o Colexio de Podólogos de Galicia. Celebrarase no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. O programa xa se pode consultar na web do Congreso.

Os máis de 1 000 podólogos participantes no simposio, entre conferenciantes e congresistas, chegan a Santiago de Compostela desde 21 países diferentes (Portugal, Italia, A Arxentina, Ecuador, México, Reino Unido, O Uruguai, Francia, Haití, Costa Rica, Os Estados Unidos, Brasil, Alemaña, Guatemala, Colombia, Malta, Israel, Marrocos, Bahamas, Chile e, por suposto, España), o que lle confire ao evento un marcado carácter internacional.

O congreso será inaugurado o venres 5 de outubro, ás 11:00 horas, polo presidente do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Podólogos de España, José García Mostazo; o presidente do Colexio de Podólogos de Galicia, Borja Pérez Serrano; o conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez Almuiña; o presidente da Federación Internacional de Podólogos, Christian Jerome; e o presidente da Asociación Americana de Podólogos (EUA), Denis Frisch.

Unha peregrinación á carreira

Como acto social previo ao congreso, o xoves día 4 organizarase, entre as 19:30 e as 20:30 horas, una Podoquedada runner peregrina para que os podólogos afeccionados ao running poidan facer a última etapa do Camiño de Santiago. Os runners baixarán desde o Monte do Gozo ata a Catedral de Santiago, organizados en dous grupos segundo a velocidade á que queiran correr, acompañados por dous guías locais que os levarán por algún dos monumentos máis característicos do casco histórico da cidade.

Actualización efectiva na abordaxe de patoloxías

O congreso contará con mesas redondas tradicionais e outras en formato Pecha Kucha nas que se debaterán casos clínicos reais para aprender a proceder nestes casos e incentivarase a participación activa dos asistentes para aclarar conceptos e permitir unha actualización efectiva na abordaxe desas patoloxías.

Así, o programa científico contará o venres con mesas redondas sobre as patoloxías do tendón de Aquiles, fascite plantar, patoloxías do corredor, patoloxías ungulares e dérmicas, patoloxía do primeiro radio, pé plano e intrusismo no mundo do material deportivo.

O sábado comezará con senllas mesas redondas centradas na podoloxía deportiva sobre aplicacións prácticas na exploración biomecánica, calzado deportivo, patoloxía metatarso-dixital, aplicacións prácticas do calzado deportivo e continuará con outra sobre pé diabético. Finalmente terán lugar simposios sobre podoloxía pediátrica e cirurxía reconstrutiva por complicacións provocadas por profesionais sanitarios e amputacións.

Talleres sobre técnicas de cirurxía ou exploración do pé diabético

O congreso contará con dez talleres teórico-prácticos sobre distintos temas. O obxectivo é profundar na actualización de coñecementos, nos temas que máis lle interesen ao congresista. Poderán mellorar a técnica en exploración vascular ecográfica, tratamentos e actualización en terapia láser, órteses dixitais, ecografía avanzada, dermatoscopia, exploración e descargas en pé diabético, cirurxía osteoarticular e técnicas de cirurxía ungular e partes brandas.

Ademais, as catro principais sociedades científicas españolas relacionadas coa podoloxía –Asociación Española de Cirurxía Podolóxica (AECP), Asociación Española de Cirurxía de Mínima Incisión do Pé (AEMIS), Sociedade Española de Biomecánica e Ortopodoloxía (SEBIOR), Sociedade Española de Podoloxía Deportiva (SEPOD)– terán unha presenza destacada no congreso impartindo conferencias e talleres e participando en diversas mesas redondas.

Zona de ONG e exposicións artísticas relacionadas coa podoloxía

Así mesmo, o Palacio de Congresos contará cunha área comercial para as 25 empresas colaboradoras do evento. E habilitarase tamén unha zona de ONG con fins sociais relacionados coa podoloxía e un espazo expositivo de pezas artísticas que xirarán arredor dos pés a cargo de varios artistas.

Web do 49 Congreso Nacional de Podoloxía (ver programa): www.49congresopodologia.com

Os podólogos asesoran os penitentes para evitar doenzas, en Televisión de Galicia​ https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be
Seguimos apoyando a los #deportistas. Ayer domingo en la carrera popular gandeira de Santa Comba en la asistencia… https://t.co/B3uqseFNjN
Los podólogos dan las pautas para la Semana Santa - Diario Sanitario https://t.co/XVuRiGpGbk
El domingo de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores con i… https://t.co/hRMZwvaw6d
El domingo-21 de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores co… https://t.co/DPUl6xcCqE
Consejos para los principiantes en el running y así evitar lesiones innecesarias https://t.co/7vktSb46Z3
Exploración biomecánica para evitar lesiones https://t.co/btxmgbUtKg
Recomendamos na exploración biomecánica previa a la práctica de running para prevenir lesiones Borja Pérez, presid… https://t.co/dKIUouSwG7
📸 Álbum de fotos de la jornada de asistencia podológica a los corredores del maratón Coruña42 , ayer domingo en la… https://t.co/vCr5IH6fAQ
🏃‍♂️🏃‍♀️Este domingo se celebra el VIII Maratón Atlántica @Coruna42 , y allí estaremos los podólogos‼️Asistiremos a… https://t.co/EanFoGTyEw
Nuestro presidente abrió ayer en el congreso de estudiantes en la facultad de FERROL. https://t.co/7ODHEggyWM
Borja Pérez: “Las acciones de los intrusos pueden afectar a la seguridad e integridad de las personas". Ofreció una… https://t.co/6B1cc3Y3is
Nuestro presidente Borja Pérez inaugurará mañana el VIII Congreso de Estudiantes de Podología que se celebrará en e… https://t.co/IotKyEibDq
Abrimos ✍️ del curso exploración biomecánica y técnica de adaptación en directo, que celebremos el 4 de mayo en la… https://t.co/bRiHrkaNvu
Si estás embarazada, mírate los pies. Reportaje en el suplemento #YES de @lavozdegalicia https://t.co/6T7ffUoRc3
La World Health Organization (WHO) celebra cada siete de abril, desde 1950, el Día Mundial de la Salud. Este año l… https://t.co/yFxlePTTSM