Noticias

Máis do 70 % dos problemas nos pés poderían resolverse con podólogos en atención primaria, sen chegar aos hospitais

Máis do 70 % dos problemas nos pés poderían resolverse con podólogos en atención primaria, sen chegar aos hospitais

O 40 % das lesións no pé diabético poderíanse evitar se se diagnosticasen e tratasen dunha maneira precoz, de maneira ambulatoria

  • Estes datos despréndense da memoria presentada polo Consello de Colexios de Podólogos ao Ministerio de Sanidade para xustificar a inclusión de podólogos en atención primaria na sanidade pública
  • O Colexio de Podólogos de Galicia reuniuse hoxe coa Consellería de Sanidade para continuar desenvolvendo o convenio de colaboración para a elaboración dun programa de prevención e atención podolóxica a pacientes diabéticos e de risco

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2018 (Vía Láctea Comunicación).- Máis do 70 % dos problemas nos pés poderían resolverse con podólogos en atención primaria. Así se reflicte nun informe realizado polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Podólogos que xustifica a inclusión dos podólogos no Sistema Nacional de Saúde e, máis concretamente, nos centros de saúde. A memoria foi presentada pola Comisión de Sanidade do Consello Xeral de Colexios de Podólogos ao Ministerio de Sanidade e nela reflíctese que o 40 % das lesións no pé diabético se poderían evitar se se diagnosticasen e tratasen dunha maneira precoz, de maneira ambulatoria.

Sobre esta cuestión de pé diabético, o presidente do Colexio de Podólogos de Galicia, Borja Pérez Serrano, mantivo hoxe un encontro co subdirector xeral de Planificación e Programación Asistencial da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria da Xunta de Galicia, Alfonso Alonso. Na reunión de traballo proseguiuse co desenvolvemento do futuro convenio de colaboración entre ambas as organizacións para a elaboración dun programa de prevención e atención podolóxica a pacientes diabéticos e de risco, tratando de achegar posturas co obxecto final de ofrecer a mellor asistencia podolóxica aos pacientes. Ademais, o Colexio de Podólogos recibiu o apoio explícito de diversas entidades, como son a Federación Galega de Asociacións de Persoas con Diabete (Fegadi), a Sociedade Galega de Endocrinoloxía, Nutrición e Metabolismo (SGENM), e os colexios profesionais de médicos.

A Unidade do Pé en atención primaria

A atención integral da saúde dos cidadáns, ademais dun mandato constitucional, supón un investimento que, a medio e longo prazo, rebaixa os custos sanitarios e mellora a calidade de vida dos cidadáns. Neste sentido, a Unidade do Pé en atención primaria tería unha positiva incidencia por diferentes motivos:

– Descargaría as consultas, mediante a colaboración coas distintas especialidades que requirisen a intervención do podólogo. En Atención Primaria o podólogo podería recibir ao paciente derivado polo médico de familia e evitar a miúdo tratamentos innecesarios.

– Serviría de filtro para a remisión de pacientes á área hospitalaria.

– Reduciría as listas de espera, tanto clínicas como cirúrxicas, xa que supoñería unha axuda valiosa nos servizos de Endocrinoloxía, Dermatoloxía, Traumatoloxía, Rehabilitación, Neuroloxía, Cirurxía e Urxencias. Así, en Endocrinoloxía, por exemplo, co tratamento do pé diabético, enfermidade que afecta o 7 % da poboación con moitas complicacións no pé. Entre os factores de risco atópase a idade, o tempo de evolución da enfermidade, a biomecánica, o mal control metabólico, a falta de hixiene e a obesidade. Estes factores poderíanse minimizar desde unha boa atención primaria por parte dos podólogos. O pé diabético é unha das complicacións máis frecuente na diabetes e a principal causa das amputacións non traumáticas na extremidade inferior. A prevalencia está entre o 8 e o 13 % da poboación diabética e en persoas entre 45 e 65 anos. O 20 % dos diabéticos que ingresan no hospital son por problemas nos pés e 5 de cada 6 amputacións non traumáticas que se practicaron en pés son en pacientes diabéticos. Úlceras, amputacións, infeccións ou neuropatías son as complicacións máis frecuentes.

Outro exemplo de redución das listas de espera sería como consecuencia da atención temperá das patoloxías dérmicas simples como as verrugas, durezas e callos (helomas neurovasculares ou hiperqueratose), fungos nas uñas (onicomicose), suor excesiva (hiperhidrose) etc. Se fosen tratadas polos podólogos reduciríase o tempo de espera nas consultas dos dermatólogos.

A resolución de patoloxías ungueais (uñas enterradas, onicogrifose, onicomadese etc.), problemas músculo-esqueléticos e osteoarticulares (fascite, tendinopatías, neurite, metatarsalxias, dedos en garra, xoanetes ou hallux valgus, exostose etc.) poderían ser resoltos pola Podoloxía en réxime ambulatorio. Isto axudaría a diminuír dunha maneira notable as listas de espera doutros especialistas como cirurxiáns ou traumatólogos e descargaría as consultas dos médicos de primaria de tal maneira que, colaborando con eles, aumentaríase a calidade asistencial aos pacientes.

– Reduciríanse tamén os custos psíquicos e sociais derivados da ansiedade xerada nas listas de espera, as baixas laborais e as amputacións en pacientes con pés de risco. Neste tipo de pés de riscos entrarían tanto os vasculares como os diabéticos. (Curación e prevención de úlceras, feridas abertas etc.).

– Diminuiríanse os custos asistenciais derivados de patoloxías podolóxicas, actualmente atendidas por outros profesionais da saúde.

– Os podólogos atenderían, ademais, as urxencias podolóxicas.

Funcións: diagnóstico e tratamento de afeccións e deformidades dos pés

Coa proposta do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Podólogos corresponderíanlle ao podólogo o diagnóstico e tratamento de afeccións e deformidades dos pés como as seguintes:

Podoloxía Xeral.- Recepción do paciente, remitido polo seu médico, para o primeiro exame clínico, tratamento directo (curas cirúrxicas, tratamentos complementarios nos pés de risco, aplicación e comprobación dos tratamentos ortopodolóxicos etc.) ou remisión a outra unidade ou servizo. Ademais asumiría a exploración biomecánica e ortopodolóxica: estudo e diagnóstico das alteracións na estrutura anatómica e funcionalidade dos pés tanto no neno como no adulto. Así mesmo, realizaría o estudo preventivo nos pés de risco (vascular, diabético, neurolóxico etc.) e o control posterior dos tratamentos ortopodolóxicos.

Pés de risco.- Avaliación e tratamento das patoloxías no pé dos pacientes diabéticos, con alteracións neurolóxicas e isquémicas.

Cirurxía podolóxica.- Tratamento cirúrxico ambulatorio con fins terapéuticos (uñas enterradas, exostose, dedos en garra, xoanetes etc.) ou con fins diagnósticos, (nevus ou lunares, neuromas etc.).

En base a esta memoria, a Comisión de Sanidade do Consello de Podólogos elaborou un documento coa “Carteira de servizos podolóxicos mínimos imprescindibles para a sanidade pública”. Os servizos podolóxicos que se deben incluír na sanidade pública, segundo este documento, son os seguintes: A Podoloxía en atención primaria, a Podoloxía para o coidado do pé xeriátrico e a Podoloxía para o coidado do pé diabético.

📣🗣Os consellos dos podólogos á hora de marcar calzado para a volta ao cole. Así comentó el presidente del COPOGA, J… https://t.co/rYc3Ohf42A
El presidente Juan Dios estará mañana en directo en el programa A Revista Fin de Semana de @TVGalicia, a partir de… https://t.co/3sJczAoM1B
La secretaria del @ColexioPodologo, Cristina Fernández Espiño, habla sobre #lavueltaalcole y el cuidado de los 👣 de… https://t.co/51VnlaGKmg
📢 Abierto el plazo de inscripción del TALLER DE BIOMECÁNICA DEL CORREDOR que se celebrará el 26 de octubre en la se… https://t.co/mmYIDt94HB
Nuestros consejos para #lavueltaalcole en @TVGalicia . Os podólogos recomendan para o curso calzado de calidade e a… https://t.co/YbO1reJgP5
El vocal de la junta de gobierno del @ColexioPodologo, Gonzalo Barros, comenta en el programa A Tarde de… https://t.co/XNg4ogHmLP
Los podólogos aconsejan calzado específico para cada actividad escolar, en @vozdesantiago https://t.co/4StdIiiEDP
El Colegio de Podólogos de Galicia señala la importancia de elegir el calzado adecuado, en https://t.co/8rPqIyxSXX https://t.co/PkWtFN8Xxa
Nuestras recomendaciones para #lavueltaalcole​ 👏👏👏Vuelta al cole: Los errores más frecuentes en la elección de calz… https://t.co/ERK9jgo8Gt
#Lavueltaalcole2019 🧳🎒Recomendamos que los más pequeños usen un calzado específico según el tipo de actividad físic… https://t.co/RMaKPDMQuW
Nuestro presidente Juan Dios ha firmado la renovación del Seguro Colectivo de Responsabilidad Civil Profesional con… https://t.co/ZSPmMB1nVc
Consejos para que los pies sobrevivan al Camino de Santiago https://t.co/bKTmJA7au3
Todavía en verano y con calor ⛱☀️, nuestra junta directiva calienta motores para la recta final de año. Se han reun… https://t.co/pw5cKQR2UA
Cómo tratar los pies secos y agrietados en verano https://t.co/FKutPJIeWR vía @hola
La Audiencia de Valencia ratifica la primera condena por intrusismo en Podología https://t.co/GidthuDbHO vía @valenciaplaza
Juan Dios y Borja Pérez completaron el traspaso de poderes con una última sesión de trabajo presidencial y la consi… https://t.co/qtwvKl83Tg
Juan Dios: «Cuidar los pies es algo indispensable», entrevista en @VozBar y @vozcarballo https://t.co/Ee4O3VR5tQ
Nuestro presidente Juan Dios asistió a la entrega de las #MedallasdeGalicia en la @CidadedaCultura, a los expreside… https://t.co/nKDlsUdhWB