Novas

BÓ NADAL E PRÓSPERO ANO 2021 E FECHE SEDE COLEXIAL

Etiquetas:

Os membros que compoñemos a Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Podólogos de Galicia non queríamos deixar pasar a ocasión de desexarvos unhas Felices Festas e un próspero Ano Novo.

Aproveitamos para informarvos que a sede colexial permanecerá fechada até o día 11 de xaneiro por vacacións do persoal administrativo. A pesares de isto, a Xunta de Goberno mantén a súa actividade, polo que podedes deixar as vosas mensaxes ou correos electrónicos e atenderémonos na maior brevidade posible.

Asemade, có ánimo de adecuarnos á demanda de atención presencial e telefónica e garantir unha maior calidade do servizo, o ano 2021 dará comezo coa fixación de un horario de atención continuada de 9.00h a 17.00h de luns a xoves e os venres de 9.00h a 16.00h.