Novas

O Colexio de Podólogos colabora con laboratorios Medea na organización dunha xornada sobre patoloxías para un centenar de profesionais galegos

O Colexio de Podólogos colabora con laboratorios Medea na organización dunha xornada sobre patoloxías para un centenar de profesionais galegos

Ademais de falar de biopsias, cirurxía dixital menor, fascitis plantar e anestésicos locais, o podiatra estadounidense Luke Cicchinelli insistirá na importancia da relación podólogo-paciente

Celebrarase mañá sábado no Hotel Porta do Camiño de Santiago a partir das 10:00 horas

O Colexio de Podólogos de Galicia colabora cos Laboratorios Medea (Reig Jofre Group) na organización dunha xornada podológica de patoloxía do paciente mañá sábado, día 12. Celebrarase no Hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela (rúa Miguel Ferro Caaveiro s/n) entre as 10:00 e as 13:30 horas. Na xornada participarán máis de cen podólogos chegados de toda Galicia.

O podiatra estadounidense Luke Cicchinelli ofrecerá un relatorio sobre biopsia, un procedemento diagnóstico-terapéutico de gran utilidade para o podólogo. Trátase dun método sinxelo e eficaz para o diagnóstico dunha gran variedade de lesións, facilitando a súa identificación e tratamento. Cicchinelli describirá técnicas de biopsia sinxelas para sacar mostras de pel e así descartar lesións benginas ou malignas e facer diagnósticos máis certeiros en beneficio dos pacientes.

Cicchinelli falará tamén de podopsicosociofilosofía, termo acuñado polo experto que trata de interpretar como a patoloxía do pé pode afectar os pacientes máis aló dos problemas físicos, provocando consecuencias no seu estado de ánimo, nas súas relacións de parella, situación laboral, vida social e actividades de lecer e mesmo no seu estado mental por mor de síntomas depresivos.

O experto tratará de dotar aos podólogos galegos das ideas necesarias para comprender ao paciente e, de igual maneira, tentar que o propio paciente entenda ao podólogo. “É o momento de que o podólogo abra os ollos e conciencíese de que atender aos pacientes con problemas podológicos non só trátase dunha cuestión de ósos, ligamentos e tendóns, tamén é unha consulta da persoa na súa totalidade” –indica–.

Outro dos contidos da xornada fai referencia a unha explicación anatómica da zona dixital e metatarsal dos pés e o seu consecuente procedemento cirúrxico básico para tratar, por ejemplom o dedo en garra, unha charla que impartirá o podólogo David Cid. “Actualmente calquera podólogo pode realizar este tipo de intervencións na súa consulta sen riscos e sen gran complexidade no equipamento técnico” –explica–.

Tratamentos cirúrxicos para a dor plantar

Ademais, o podólogo Alberto Taboada comentará os principais tratamentos que se usan actualmente para combater a dor plantar no talón, coñecido polos profesionais como fascitis plantar.

Segundo explica Taboada, existe un tratamento conservador para tratar a fascitis plantar, no que se aplican persoais, férulas, infiltracións ou sesións de fisioterapia con ultrasonidos e vendajes. Aínda que hoxe en día, o experto explica que a maioría dos podólogos obtan por un tratamento cirúrxico, onde se poden realizar intervencións clásicas ou outras máis actuais onde priman as técnicas de mínima incisión.

En canto ás técnicas menos invasivas, Alberto Taboada apunta á técnica aberta, na que se fai unha pequena abertura na parte do pé a tratar, a técnica percutánea, creando unha pequena porta de entrada a través dunha incisión de cinco milímetros, e a técnica endoscópia, na que o podólogo fai unha serie de entradas de pequeno tamaño para introducir unha cámara e proceder coa intervención. Ademais, fará mención á recente incorporación de novas técnicas realizadas coa infiltración de toxina botulínica para reducir os procesos dolorosos.

Pola súa banda, o podólogo Antonio Pereira ofrecerá un relatorio sobre anestésicos locais. Falará sobre os diversos tipos de anestésicos, as doses máximas e as súas concentracións, a administración, toxicidade e efectos secundarios. “Nos pés úsanse porcentaxes menores ao ser unha anestesia local e aplícase de diferente maneira se se realiza unha intervención no nocello ou nos dedos. O aconsellable para reducir os riscos de lesión tras unha intervención cirúrxica é o repouso dos pés” –destaca–.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

La Junta de Gobierno se reunió ayer para tratar cuestiones de interés para la profesión y colegiad@s: temas con la… https://t.co/RBQcIPMtcb
#conlosmedicamentosnohayexcusas Muchas veces los pacientes no son conscientes de los efectos que puede conllevar la… https://t.co/ZI0u5qGfxg
«Pero... ¿para esto hace falta receta?» https://t.co/dnXss6iQXB
Intervención de nuestro presidente, Juan Dios, en la rueda de prensa del Colegio de Farmacéuticos presentando la ca… https://t.co/xJRCILilVB
El 90 de los farmacéuticos gallegos reciben cada día peticiones de medicamentos sin receta https://t.co/VEgIce7QLC
🔹El presidente Juan Dios ha asistido hoy al IX Congreso de Estudiantes de Podología, organizado por la Asociación d… https://t.co/PUIwUEcBty
La farmacia coruñesa liderará una campaña contra la automedicación promovida junto a los prescriptores… https://t.co/veRiyZaQ31
La campaña “Siempre con receta” en el Telexornal Galicia, con declaraciones de nuestro presidente Juan Dios… https://t.co/i21AzrK2xm
El presidente del Colexio de Podólogos de Galicia, Juan Dios, participó ayer en la presentación de la campaña sobre… https://t.co/jOtWlzTDgA
"Pero ¿para esto hace falta receta?" https://t.co/wFYp04fe2f vía @laopinioncoruna
Las farmacias de A Coruña inician una campaña informativa sobre la importancia de la receta médica https://t.co/Hn6QUa9xcx
Inicia unha campaña informativa sobre a importancia da receita médica na Coruña https://t.co/UdmJKD0erx vía @Gconfidencial
Las farmacias de A Coruña inician una campaña informativa sobre la importancia de la #recetamédica Médicos, odontó… https://t.co/R86QhZwFxS