Novas

O Colexio de Podólogos de Galicia aconsella escoller e coidar as botas de esquí para evitar lesións nos pés

O Colexio de Podólogos de Galicia aconsella escoller e coidar as botas de esquí para evitar lesións nos pés

Os expertos recomendan probar as botas durante vinte minutos antes de mercalas para comprobar a súa comodidade

O Colexio de Podólogos de Galicia ofrece unhas indicacións básicas para usar corretamente as botas de esquí e evitar lesións nos pés. As botas de esquí son complexas e, cando se levan postas, os pés non cumpren as súas funcións morfolóxicas e técnicas habituais. Os podólogos galegos aconsellan escoller e coidar o material de esquí para que os pés non sufran lesións.

Dentro da bota de esquí o pé está enclaustrado e transmite unhas presións e unhas reaccións da extremidade completa que lle son totalmente anómalas. “O pé debe estar en perfetas condicións dentro da bota para evitar alteracións que poden provocar accidentes ou converterse en lesións, revisando a bota e a súa fixación” –explican os expertos–.

Como en calquera deporte, quentar antes de practicar esquí é básico. Outra das recomendacións dos profesionais está relacionada coas plantillas. As persoas que usan plantillas ao camiñar, tamén deben utilizalas coas botas de esquí, sobre todo segundo as deformidades dos pés, posto que a súa ausencia podería xerar sobrecargas que empeorarían a alteración podolóxica. Tampouco se debe esquecer a importancia de vestir calcetís axeitados para esquiar, dun grosor determinado, e de utilizar as proteccións dos nocelos.

Cando se mercan as botas de esquí, os especialistas aconsellan telas postas durante vinte minutos para ver que o pé esté cómodo. Segundo indican os podólogos galegos, isto acontece porque co paso do tempo e o aumento da temperatura dentro da bota os materiais adáptanse á morfoloxía do pé.

Á hora de practicar esquí, outro dos consellos que hai que seguir é reabrocharse as botas cada pouco tempo para evitar que se desaxusten cos movementos e os cambios de volume dos pés. Ademais, as botas sempre deben gardarse ao abrigo na habitación por exemplo, pero xamais deixalas no maleteiro do coche porque “esquiar cunhas botas frías pode producir lesións ao día seguinte”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Los podólogos alertan contra la tentación de estar mucho sentado, en @elprogreso_Lugo https://t.co/Nxnhw3CD2a
Recomendaciones del @CGPodologos para atender una urgencia en tiempos del COVID-19 https://t.co/NOWXB5eiSf
«No estar mucho tiempo sentado», nuestros consejos para el confinamiento en @Diario_Pontev https://t.co/KcAGJVCL7W
El @CGPodologos pide al Gobierno el cierre de las consultas. Los podólogos han aparcado su reinvidicación de formar… https://t.co/x7kG3doQXE
Evitar el sedentarismo en confinamiento,nuestros consejos en @elcorreogallego https://t.co/uCfuT4IR47
Los podólogos gallegos recomiendan evitar el sedentarismo por los problemas circulatorios https://t.co/WJAO60Mo9U vía @Farodevigo
Recomendaciones de los podólogos ante el confinamiento, @ABCenGalicia https://t.co/DQfAxv3l19
El Colegio de Podólogos de Galicia recomienda estar poco tiempo sentado https://t.co/80vKCNa9TF https://t.co/6zw6Zl4qhY
Los podólogos gallegos aconsejan "no estar mucho tiempo sentado" para "evitar problemas circulatorios" https://t.co/ivPeLmtof9
🔶 ¿Quieres reducir los efectos del confinamiento en los pies? Recomendaciones básicas para evitar problemas circul… https://t.co/bZZOBDK8QX
🔶 ¿Por qué pedimos el cierre de nuestras clínicas 🔑? Desde el @CGPodologos se han enviado al @sanidadgob los motiv… https://t.co/PxY9WyOtGm
🔶 Hoy conmemoramos el Día Mundial del Síndrome de Down 🎗👦🏼🧒🏽 Es recomendable que estas personas sean revisadas peri… https://t.co/kqaNNQGRhl
🔶Últimos protocolos de actuación frente a COVID-19 #QuedateEnCasaLeyendo .......... 🔷Derradeiros protocolos de act… https://t.co/kI7DqnDoFr
Rogamos a los colegiados prudencia en las redes sociales, nuestros pacientes las observan también. No realicemos ni… https://t.co/sZhUBc2d1A
Consejos sanitarios para el aislamiento domiciliario para personas con COVID-19 --- Consellos sanitarios para o ill… https://t.co/rBWaApI6oW