Novas

Recoméndase realizar un estudo previo da marcha e a pisada para facer deporte

Recoméndase realizar un estudo previo da marcha e a pisada para facer deporte

A maioría das persoas queren perden eses quilos gañados, a modo de propósito de ano novo, tralos excesos gastronómicos das festas do Nadal. Na actualidade, esténdese a moda, pouco sandable e perigosa, das dietas milagre, cando a solución máis lóxica e a recomendada polos médicos é seguir unha correcta alimentación e facer exercicio físico ou mesmo camiñar diariamente.

Camiñar é unha solución fácil e barata para adelgazar e manterse en forma. Neste punto, o Colexio de Podólogos de Galicia aconsella a todos os camiñantes o uso de zapatillas deportivas apropiadas, xa estreadas pero en bo estado. Para atopar o tipo de zapatilla axeitada ao pé, os podólogos galegos recomendan realizar un estudo biomecánico e da pisada nas clínicas podolóxicas co obxecto de “detectar factores de risco no pé, comprobar o estado xeral e evitar lesións nos membros inferiores”. Ademais, lembran que ao iniciar unha camiñata é bo levar apósitos para evitar problemas como as chagas.

O zapato ideal é aquel que se adapta ao pé protexéndoo, suxeitándoo e que permita a total mobilidade deste, sen interceder no movemento natural ao camiñar. Algunhas cuestións que se deben ter en conta á hora de elixir calzado, segundo a entidade colexial, son as seguintes:

Mercar calzados anchos, cómodos e flexibles, que non fagan presión e onde as dedas se poidan mover. Non debemos mercar zapatos agardando que vaian ceder.

Débense mercar a última hora da tarde, cando o pé alcanza o máximo volume e está máis dilatado. Ademais, así non haberá problemas nin equivocacións co número de calzado.

Elixir zapatos que permitan a transpiración para manter os pés limpos e secos.

Revisar o calzado coas mans, comprobar que non teña costuras prominentes e intentar non levar moito tacón (2-4 cm) e alternar diferentes pares de zapatos para non usar os mesmos durante moito tempo.

O mellor calzado para correr

Para as persoas máis enérxicas o feito de camiñar pode supoñer un pequeno esforzo e ao mellor apostar por facer footing ou mesmo correr tramos curtos. Segundo o Colexio de Podólogos de Galicia para correr tamén é moi importante a elección do calzado deportivo que debe ser axeitado para o corredor co fin de evitar lesións derivadas dun calzado inapropiado.

Se ben é frecuente que os deportistas profesionais teñan conciencia das características que debe reunir a zapatilla, un corredor inexperto soe utilizar calzado de sola ríxida que non proporciona a suficiente amortiguación provocando roces e ampolas, ou dolor de pés por sobrecarga.

Existen distintos tipos de calzados para as diferentes superficies polas que se corre, pero para un corredor de estrada principalmente, a amortiguación é moi importante e cando o zapato non a proporciona non só se producen roces e ampolas, senón que os impactos que recibe o pé son transmitidos de maneira ascendente repercutindo en xeonllos, cadeiras e na espalda. Do mesmo xeito, o Colexio de Podólogos de Galicia tampouco recomenda usar zapatillas deportivas de vestir, por exemplo as bambas, xa que non proporcionan a suficiente estabilidade, chegando a provocar escordaduras de nocello ou outro tipo de lesións musculares.

O Colexio de Podólogos de Galicia aconsella acudir a un profesional para comprobar que os pés se atopan nas mellores condicións posibles para camiñar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Os podólogos asesoran os penitentes para evitar doenzas, en Televisión de Galicia​ https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be
Seguimos apoyando a los #deportistas. Ayer domingo en la carrera popular gandeira de Santa Comba en la asistencia… https://t.co/B3uqseFNjN
Los podólogos dan las pautas para la Semana Santa - Diario Sanitario https://t.co/XVuRiGpGbk
El domingo de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores con i… https://t.co/hRMZwvaw6d
El domingo-21 de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores co… https://t.co/DPUl6xcCqE
Consejos para los principiantes en el running y así evitar lesiones innecesarias https://t.co/7vktSb46Z3
Exploración biomecánica para evitar lesiones https://t.co/btxmgbUtKg
Recomendamos na exploración biomecánica previa a la práctica de running para prevenir lesiones Borja Pérez, presid… https://t.co/dKIUouSwG7
📸 Álbum de fotos de la jornada de asistencia podológica a los corredores del maratón Coruña42 , ayer domingo en la… https://t.co/vCr5IH6fAQ
🏃‍♂️🏃‍♀️Este domingo se celebra el VIII Maratón Atlántica @Coruna42 , y allí estaremos los podólogos‼️Asistiremos a… https://t.co/EanFoGTyEw
Nuestro presidente abrió ayer en el congreso de estudiantes en la facultad de FERROL. https://t.co/7ODHEggyWM
Borja Pérez: “Las acciones de los intrusos pueden afectar a la seguridad e integridad de las personas". Ofreció una… https://t.co/6B1cc3Y3is
Nuestro presidente Borja Pérez inaugurará mañana el VIII Congreso de Estudiantes de Podología que se celebrará en e… https://t.co/IotKyEibDq
Abrimos ✍️ del curso exploración biomecánica y técnica de adaptación en directo, que celebremos el 4 de mayo en la… https://t.co/bRiHrkaNvu
Si estás embarazada, mírate los pies. Reportaje en el suplemento #YES de @lavozdegalicia https://t.co/6T7ffUoRc3
La World Health Organization (WHO) celebra cada siete de abril, desde 1950, el Día Mundial de la Salud. Este año l… https://t.co/yFxlePTTSM