Consellos

O Colexio de Podólogos de Galicia aconsella variar o calzado e non abusar nin de deportivas nin de botas para ir ao cole

O Colexio de Podólogos de Galicia aconsella variar o calzado e non abusar nin de deportivas nin de botas para ir ao cole

O Colexio de Podólogos de Galicia aconsella variar o calzado e non abusar nin de deportivas nin de botas para ir ao cole

Non recomenda herdar zapatos, xa que cada persoa ten unha pisada diferente

Montse Martínez, vicepresidenta: “O prezo non é o factor principal que se debe analizar á hora de comprar calzado para os máis pequenos, se non a súa calidade”

A volta á rutina das clases escolares e os preparativos para o novo curso (roupa, uniforme, zapatos etc.) é un bo momento para lles realizar unha revisión podolóxica aos máis pequenos para controlar a evolución da súa pisada e detectar incipientes patoloxías, e iniciar tratamentos correctores no caso de que sexan necesarios.

Con setembro ao virar a esquina, o Colexio de Podólogos de Galicia explica como elixir un bo calzado. Recomenda optar por calzado fabricado en pel ou en materiais naturais e flexibles que axuden á transpiración e á vez permitan liberdade de movemento, sempre asegurándose de que ao dedo máis longo do neno ou a nena lle quede unha distancia de 0,5 centímetros para chegar á punteira do zapato. Os expertos sinalan tamén que deben ser zapatos lixeiros e carecer de costuras internas que poidan provocar rozamentos, cun bo acabado interior porque desta forma non causarán molestias ao camiñar. E destacan que o eixe lonxitudinal da sola do zapato, a forma, debe ser o máis recto posible.

Ademais, os expertos indican que é unha mala práctica comprar o calzado máis grande para que lle valla toda a tempada, xa que o calzado ten que acomodarse ao tamaño real do pé do neno. “Se o zapato non é xusto da súa talla podería alterar a súa forma de camiñar, provocarlle inestabilidade ou crearlle bochas ou laceracións” –sinala a vicepresidenta, Montse Martínez–.

Outros costumes pouco recomendables segundo os profesionais é “herdar” zapatos, pasando duns irmáns a outros ou entre familiares ou amigos, posto que a pisada de cada persoa é diferente e compartir calzado pode distorsionala. Tamén desaconsellan reutilizar o calzado da tempada pasada, sen ter en conta o desgaste do calzado ou o crecemento do pé do pequeno.

Outra práctica é comprar o calzado só atendendo ao seu baixo prezo “porque, total, vai durar pouco”, ou comprar só zapatos caros, detalle que non asegura que sexa mellor. “O prezo non é o factor principal que se debe analizar á hora de comprar calzado para os máis pequenos, se non a súa calidade” –explica a vicepresidenta–.

Calzado con velcro para os menores de seis anos

Os podólogos galegos consideran importante utilizar calzado específico para educación física, e para o día a día ter o hábito de variar de calzado, e non abusar nin do calzado deportivo nin das botas. “Non se debe ir só con botas ao cole, porque a maior parte da musculatura do pé ten a súa orixe na perna, e a bota pode facer que estas estruturas non se desenvolvan correctamente” –apunta Montse Martínez–.

Tamén é recomendable escoller un zapato con cordóns que acheguen suxeición á empeña, ademais dun contraforte semirríxido para controlar os movementos do nocello. E os especialistas apuntan que, para nenos de menos de 6 anos, é moi práctico o calzado con velcro, porque achegan suxeición e resultan máis fáciles de quitar e poñer para os pequenos. No caso de que o neno necesite tratamento con soletas, é mellor optar por calzado que incorpore soletas orixinais extraíbles.

Deporte e extraescolares

Coa volta ao cole tamén empezan as actividades extraescolares e a rutina das actividades deportivas. De maneira xeral recoméndase inculcarlles aos pequenos os hábitos de quentar e estirar antes de practicar deporte, e dosificar a actividade. “O pé dun neno aínda non está formado completamente polo que o exceso de intensidade deportiva nos nenos pode chegar a producir dores e sobrecargas musculares” –sinala a vicepresidenta–.

É importante elixir o calzado adecuado para cada deporte e para a superficie na que se vai xogar (valorar o amortecemento, materiais, contrafortes, acordoado e debuxo da sola segundo o terreo). Se a carcasa do calzado é dura, como en patinaxe ou en esquí, é conveniente elixir a talla adecuada. No caso das botas de fútbol haberá que saber se se xoga en céspede artificial ou céspede natural, e coñecer o estado do terreo de xogo. “Se o céspede non se atopa en bo estado nin son superficies de última xeración, é máis recomendable elixir unha bota con tacos máis pequenos e máis numerosos” –apunta Montse Martínez–. Tamén lembran os podólogos que non se deben estrear as zapatillas deportivas o mesmo día dunha competición, xa que o pé ten que estar adaptado previamente ao calzado.

Revisión unha vez ao ano para previr patoloxías

Do mesmo xeito que no caso dos adultos, o Colexio de Podólogos de Galicia sinala que é recomendable levar os nenos ao podólogo polo menos unha vez ao ano, xa que durante a infancia estamos a tempo de tratar e previr patoloxías que poderían agravarse na idade adulta. Recoméndase que a primeira visita dos máis pequenos se faga con 4 ou 5 anos e a realización do correspondente estudo biomecánico da pisada, ou antes no caso de que se detectase algún problema previo.

Unha das patoloxías típicas do pé infantil é o pé plano, cando o arco plantar interno ten menos altura do normal, e vai acompañado dun ensanche do pé e unha caída cara á parte interna. En realidade, os podólogos explican que todos os nenos nacen cos pés planos, pero segundo van crecendo váiselles formando o arco, o problema preséntase cando este non chega a desenvolverse.

Existen tres tipos de pés planos: ríxido, flexible e semiflexible. O pé plano flexible é normal ata os sete anos, pero se a esa idade non se corrixiu hai que solucionar a patoloxía con soletas personalizadas e exercicios, ou ás veces, é suficiente cun programa efectivo de exercicios. O pé plano semiflexible é normal ata os catro anos. Se a esa idade non se corrixiu débese comezar tratamento para corrixir a patoloxía. O pé plano ríxido de maneira xeral soluciónase con cirurxía, pero non é frecuente atopar este tipo de casos en nenos.

Una docena de postales han sido seleccionadas como finalistas para el premio y pronto lo conoceremos https://t.co/lXolk8hSyz
😉Aprovechamos la jornada de hoy para formarnos en protección de datos, contratación laboral e intrusismo profesiona… https://t.co/xCmhzmErkt
En 2019 hemos registrado treinta y dos casos de intrusismo profesional. Estos datos y otras cuestiones legislativas… https://t.co/flCWsYBLK4
🗣¿Qué hace exactamente un/a podólogo/a? 👩🏻‍⚕️👨🏼‍⚕️ Nosotros os lo contamos en una entrada en nuestro blog y con una… https://t.co/l1DOUlSONQ
Hoy nos llegan las últimas noticias de la profesión, de mano del boletín informativo del @CGPodologos. Lectura obli… https://t.co/itr907xXDq
El trabajo nos expone durante un largo período temporal a diversas circunstancias que pueden repercutir en la salud… https://t.co/RuaNz7FEqO
El @ColexioPodologo reivindica, en el #DíaInternacionaldelaDiversidadFuncional, el derecho a una inclusión social p… https://t.co/w6LpSXZVpv
El podólogo y profesor de la Universidad de Sevilla, Salomón Benhamú, guía a los participantes en el curso de hoy s… https://t.co/TK8NrAysz3
Mañana sábado celebraremos en nuestra sede en Santiago un curso sobre #ortesis para tratar dedos en garra, juanetes… https://t.co/Tw5U4hqYVN
El 14 de diciembre celebraremos la Asamblea General Ordinaria del 2º semestre. La jornada se completará con un semi… https://t.co/uiy5MBhEyS
Antes de que nos opere un podólogo/a u otros/as profesionales sanitarios 👩🏽‍⚕👨🏼‍⚕, deben explicarnos nuestra situac… https://t.co/BwTJL7VDzy
La vicepresidenta Rocío Dono, participó ayer en la VII andaina contra la violencia de género "Camiño ao respecto",… https://t.co/OHO2Gk3Htz
Este pasado sábado se celebró en Boiro una charla por el Día Mundial de la Diabetes de concienciación a la població… https://t.co/EaF4SSYzNy
👋Nos gustaría ayudarte a cuidar tus pies. ¿Conoces todas las especialidades de la podología? Toma nota de ellas y d… https://t.co/uZGoPFg6aS
Nuestro concurso de postales navideñas🎄en el suplemento Xornal Escolar de @LaRegion, para animar a los más peques a… https://t.co/CWLK3xda2j
Concurso de postales de Navidad ☃️🎄 para niñ@s de 3 a 6 años👧👦. Podrán presentar sus dibujos 🎨, con el pie como pro… https://t.co/7A2MPCef2m
#DíaMundialDiabetes La tesorera del Colexio profesional, Celia Sieiro, ha participado esta mañana en la jornada org… https://t.co/qn6tY9jDeY
#DíaMundialdelaDiabetes #14N Alrededor de un 15% de las personas con diabetes desarrollan alguna úlcera en el pie a… https://t.co/tnTLLK5nAF
#DíaMundialdelaDiabetes #14N La creación de Unidades de Pie Diabético en hospitales gallegos, con podólogos en sus… https://t.co/Utju3ns9IL