Novas

O Colexio de Podólogos de Galicia aconsella visitar a un profesional para revisar os pés antes de facer o Camiño de Santiago para evitar lesións e diversas patoloxías dolorosas

O Colexio de Podólogos de Galicia aconsella visitar a un profesional para revisar os pés antes de facer o Camiño de Santiago para evitar lesións e diversas patoloxías dolorosas

“É importante saber que non se deben manipular as lesións con coitelas ou calicidas”

O inicio da primavera provoca o aumento dos peregrinos polas rutas xacobeas do Camiño de Santiago, animados polo bo tempo e o cesamento das continuas choivas. Ademais dos peregrinos que camiñan cara a Santiago de Compostela, son moitas as persoas que aproveitan o tempo de lecer para realizar rutas de sendeirismo e actividades en contornas naturais.

No caso dos peregrinos, que realizan longas etapas de máis de trinta quilómetros, chegan á capital galega para selar a súa Compostelá con graves rozaduras, bochas e dores nos pés. Para evitar lesións e molestias, o Colexio de Podólogos de Galicia aconsella acudir a un profesional días antes de comezar o Camiño de Santiago, para comprobar que os pés se atopan nas mellores condicións posibles para camiñar.

As doenzas máis comúns entre peregrinos son as bochas e rozaduras, aínda que tamén hai algúns peregrinos con fascite plantar, metatarsalxias e escordaduras a metade do camiño. O presidente do Colexio de Podólogos de Galicia, Alfonso Alonso González, recomenda o uso de cremas hidratantes e ante-rozaduras ao comezar o día, e unha vez que finalice a etapa, é necesario aplicar xeles de frío ou produtos para controlar o exceso de transpiración e evitar as bochas ao día seguinte.

Un dos primeiros consellos que ofrece un podólogo a calquera peregrino ou camiñante é non abusar do calzado tipo chancleta ou chancla porque non presta a suxeición idónea ao pé. “É o calzado que fai sufrir ao pé que se move máis ao camiñar cunha maior fricción”- explica Alfonso Alonso.

O zapato ideal é aquel que se adapta ao pé protexéndoo, ofrecendo suxeición e total mobilidade, sen interferir no movemento natural ao camiñar. “Para andar é imprescindible un calzado cun sistema de peche que se adapte perfectamente ao pé, con sola ancha para amortecer e controlar o impacto das numerosas pisadas”- apunta o presidente do Colexio de Podólogos. Ademais, o colexio profesional recomenda aos camiñantes calzar zapatillas deportivas apropiadas, usadas, pero non moi desgastadas.

Outras recomendacións do Colexio de Podólogos refírense ao uso de complementos adaptados para actividades deportivas como os calcetíns e medias de fibras naturais, como seda, fío ou la, que non opriman o pé en exceso.

Os podólogos galegos tamén advirten que é necesario vixiar cautelosamente as feridas. “É moi importante saber que non se deben manipular as lesións con coitelas ou calicidas que só poden agravar a situación”- indica Alfonso Alonso.

Recomendacións básicas para o coidado dos pés

Cando unha persoa camiña durante horas, os pés adoitan sufrir unha lixeira inflamación e xorde a dor. “Nestes casos o mellor é elevalos e darlles un baño de auga morna”-
destacan membros do Colexio de Podólogos de Galicia. Dentro das recomendacións básicas para o coidado dos pés, o colexio galego centra a súa atención na hixiene diaria dos pés,  mediante un lavado con xabrón neutro en auga tépeda ou fría, limpando os espazos entre os dedos, sen utilizar cepillos duros que poidan danar a pel. “É bo secar os pés cunha toalla suave, sen deixar humidade entre os dedos para evitar a aparición de fungos, verrugas ou bacterias, ou usando o secador de pelo a baixa temperatura”, suxiren os podólogos que tamén recomendan “hidratar os pés con pequenas cantidades de cremas e aceites para previr a aparición de sequidade e gretas, feridas ou outras lesións dérmicas”.

Posted in Novas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Los farmacéuticos gallegos participan hoy en el acto de homenaje que los sanitarios rinden a las víctimas de COVID-… https://t.co/JlQiyrGBAA
🔶 Los Colegios Profesionales Sanitarios Gallegos homenajean, en el día de hoy, a las 619 personas que, en Galicia,… https://t.co/AYCldhJQ1g
Estamos en el especial Camino de Santiago de La Voz de Galicia https://t.co/g2NhL6eJN1
Alpargatas, chanclas, menorquinas, náuticos... Los zapatos de verano a examen por los médicos de los pies… https://t.co/LEfp65SzBJ
La podóloga y tesorera del COPOGA, Celia Sieiro, comenta en Radio Coruña​ los consejos para el cuidado de los pies… https://t.co/IWZ8MFyj32
👣 La salud de nuestros pies en verano a análisis por el presidente del COPOGA, Juan Dios, en el programa A Revista… https://t.co/pnWFqkHnoo
🔸 El presidente del COPOGA, Juan Dios, participará el próximo lunes en las XXIV Jornadas de Orientación en Podologí… https://t.co/hgdi5u3uwF
Sancionado con 10.500 euros un enfermero que ejercía como podólogo en Pontevedra, en las páginas de Galicia del per… https://t.co/g0z2fbXhQE
🔶 Sanidade sanciona con 10.500 euros a un enfermero que ejercía labores de podólogo tras la denuncia del COPOGA, qu… https://t.co/QtVzY6dMds
🤩 El vocal del COPOGA, Gonzalo Barros, habla en A Tarde de @RadioGalega sobre las chanclas en verano, solo recomend… https://t.co/aFSX3DO9QC
🔶 Organizamos con @Radiomedicasl el curso ecografía básica e intervencionismo ecográfico en tobillo y pie ℹ️ 18 y 1… https://t.co/0QaOkNLHyK
🔶 El presidente Juan Dios se ha reunido hoy con la subdirectora xeral de Inspección para analizar los casos de intr… https://t.co/vpVWeEBm36
🔶 Curemos el dolor de talón 🦶 #LosPiesImportan #FeetMatter #DíaInternacionalPodiatría @IntPodiatryDay #8Octubre https://t.co/AOvmyFQEjf
#Sentidiño Indicaciones para la ciudadanía, para nuestra protección y para los que nos rodean, además de cuidar el… https://t.co/OyI4Hn3FM6
Los podólogos recomiendanpara el verano las sandalias sujetas al pie. Las chanclas se deben usar en playas y piscin… https://t.co/NA1HJd3Kp9