Novas

O Colexio de Podólogos de Galicia advirte de que o “pé de atleta” e as verrugas plantares son os principais problemas dos pés no verán

O Colexio de Podólogos de Galicia advirte de que o “pé de atleta” e as verrugas plantares son os principais problemas dos pés no verán

Aconsellan o uso de chanclas ou zapatillas de goma para evitar a aparición de fungos en piscinas e duchas públicas

Recomendan non abusar dos esmaltes que impiden a transpiración das uñas

O Colexio de Podólogos de Galicia indica que o “pé de atleta” e os verrugas plantares son dúas das afeccións máis comúns nos meses de verán. O pé de atleta supón unha infección por fungos debida a unha sudación extrema e humidade concentrada nos pés pola calor, que debe ser tratado con antemicóticos. No caso das verrugas, os contaxios son frecuentes en zonas quentes e húmidas como piscinas ou saunas.

Para evitar a aparición de fungos, o Colexio de Podólogos de Galicia recomenda utilizar chanclas ou zapatillas de goma en piscinas, saunas, ximnasios e duchas públicas onde se está en contacto directo coa humidade, ademais de usar calzado que permita a transpiración, se é posible de pel ou materiais naturais, non compartir toallas ou calzado e secar coidadosamente os pés especialmente entre os dedos. O calzado tipo chancleta só é recomendable para un uso puntual; os podólogos indican que non se debe utilizar de forma habitual durante o día, xa que non garante unha correcta suxeición do pé.

Fungos nas uñas dos pés

Os fungos tamén adoitan aparecer nas uñas dos pés. Os cambios de coloración e grosor das uñas poden estar ocasionados por un fungo ou outros factores, polo que é necesario o diagnóstico dun podólogo a través de probas complementarias. O Colexio de Podólogos de Galicia sinala que en caso de detectar algunha anomalía nos pés como a aparición de rugosidades ou cambio da cor nas uñas, escozor, descamacións na pel ou mal cheiro é aconsellable visitar ao podólogo para que realice unha exploración e poida porse en marcha o tratamento máis adecuado para evitar un empeoramento do problema e posibles contaxios.

Segundo explican os podólogos galegos, o tratamento do fungo é longo, de varios meses, porque “ata que non crece a uña boa non está curado”. Os expertos tamén indican que non é recomendable abusar dos esmaltes de uñas e, se se utilizan, cambialos con frecuencia, porque ao non deixar transpirar a uña pode converterse nun factor desencadeamento para a aparición de enfermidades micóticas.

Posted in Novas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

🔶 #verano #sol #piscinas ☀️🏊‍♀️🏖Recomendamos el uso de chanclas en playas y piscinas para evitar el contagio de hon… https://t.co/KcoRLqq1Ef
📰 Aquí están las últimas noticias de la profesión, en el boletín número 59 del @CGPodologos 🔶 Si queréis leer la… https://t.co/hYc7p08Q6u
La Asamblea General del @CGPodologos reúne hoy y mañana a todos los presidentes de los Colegios Oficiales de Podolo… https://t.co/qpQEuyF3cq
Homenaje de los colegios sanitarios de Galicia https://t.co/02sfKyIgZH a través de @Farodevigo
29 colegios profesionales sanitarios de Galicia rendirán el próximo día 28 de julio un homenaje histórico a las víc… https://t.co/z8ZMDR7YfN
O COPOGA entre eles‼️ Os 29 colexios profesionais sanitarios de Galicia preparan unha homenaxe ás vítimas do corona… https://t.co/T0OoVivmiX
🔶 La salud de nuestros pies importa.🦶Acude al podólogo una vez al año. No te la juegues #visitaatupodólogo 👣 🔷 A s… https://t.co/ABibYWlVqX
Zapatos de plataforma, ¿es seguro su uso? https://t.co/n1ymgMeEec a través de @webconsultas
🔶 Los podólog@s pueden prescribir medicamentos 💊 y productos sanitarios como las ortesis para aliviar o tratar una… https://t.co/kf5p2tz63y
Expertos lamentan que los podólogos no estén incorporados en el SNS aunque son los especialistas en pie diabético https://t.co/zpifasNMeS
🔶Con la llegada del🌞, cada vez son más las personas que deciden salir a practicar #running 🏃‍♀️🏃‍♂️ 🦶 Pero para evi… https://t.co/4YjjpOMJvv
🤩El presidente del COPOGA, Juan Dios, estuvo ayer en directo en el programa "Quen anda aí?" de @TVGalicia para habl… https://t.co/05cjJn3Zu7
#Sentidiño Medidas necesarias para evitar a xeración de riscos de propagación da covid-19: de hixiene, a distancia… https://t.co/qeRyXQHbGA
El presidente del COPOGA, Juan Dios, ha hablado en el programa Más de uno Vigo de @ondacerovigo sobre el melanoma e… https://t.co/qCsyOKs7Gw
#Sentidiño @Xunta @esaude_sergas https://t.co/L0k5iplVC2
#Sentidiño @Xunta @esaude_sergas https://t.co/b3GILsREj4
Instan a la detección precoz del melanoma en los pies https://t.co/g2vAB9HIn0
Los podólogos aconsejan visitas una vez al año para la detección precoz del melanoma en los pies… https://t.co/TKhRqwbmy9