Consellos

O Colexio de Podólogos de Galicia advirte que o abuso dos esmaltes permanentes pode converter á uña nun “foco xerador de fungos”

O Colexio de Podólogos de Galicia advirte que o abuso dos esmaltes permanentes pode converter á uña nun “foco xerador de fungos”

O Colexio de Podólogos de Galicia advirte que o abuso dos esmaltes permanentes pode converter á uña nun “foco xerador de fungos”

Dificultan a transpiración, danan a lámina ungueal e fan que a uña se faga máis fina, perda brillo e rompa con máis facilidade

 

Nos últimos anos acentuouse a atención estética ás uñas dos pés, coa popularización dos esmaltes permanentes. Coa chegada do verán e a idea de lucir unhas uñas perfectas, o Colexio de Podólogos de Galicia quere trasladar á poboación os problemas que pode carrexar un uso excesivo do esmaltado permanente.

Esta técnica permite ter intacto o esmalte das uñas durante máis tempo. Os podólolos galegos advirten que un uso continuado deste tipo de produtos pode ocasionar danos na lámina ungueal e facer que as uñas se fagan máis finas, perdan brillo e rompan con máis facilidade ao non transpirar de forma natural.

Os podólogos explican que a perda de brillo e a rotura prodúcense ao puír a lámina ungueal para deixala porosa e facilitar así a adhesión das capas de xel, que se aplican para dar forma e endurecer a uña. O proceso péchase ao utilizar unha lámpada UV ou LED para o secado. Lembran que pasadas unhas dúas ou tres semanas retírase o xel e o esmalte usados mediante un novo limado e o uso dunha acetona concentrada.

Tras este proceso, os podólogos sinalan que as uñas se debilitan, perden grosor, son máis propensas á ruptura e poden sufrir a aparición de manchas amarelas e granulomas de queratina (manchas brancas), ademais de infeccións por fungos. “O abuso dos esmaltes permanentes pode converter á uña nun foco xerador de fungos” –explican–. Algúns sinais que poden mostrar a presenza de fungos son a aparición de rugosidades nas uñas, o aumento da sudoración e a maceración interdigital, o ter a pel escamada nesa zona, un cambio de cor nas uñas ou nos dedos e a aparición de mal cheiro ou pequenas bochas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

🔶 🗣 No paramos nuestra actividad, y hoy se ha reunido la comisión de intrusismo, compuesta por el presidente Juan D… https://t.co/IJgn6ORGM4
Insisten en evitar los sabañones y que no se vuelvan crónicos, en @vozdesantiago https://t.co/kKUPVQ4Q0d
Los podólogos recomiendan evitar contrastes térmicos para prevenir sabañones https://t.co/6lZD2lyngB vía @laopinioncoruna
Usar calzado y calcetines aislantes y evitar los contrastes de frío-calor, claves para prevenir los sabañones en in… https://t.co/eNXaYXigIB
Los podólogos aconsejan "calzado y calcetines aislantes" y evitar contrastes térmicos para prevenir sabañones… https://t.co/FOTxDSI5Ic
Los podólogos gallegos aconsejan "calzado y calcetines aislantes" y evitar contrastes térmicos para prevenir sabaño… https://t.co/1V1sNNM80e
Os podólogos galegos aconsellan "calzado e calcetíns illantes" e evitar contrastes térmicos para previr frieiras… https://t.co/E67qxce1hF
Recomendaciones para el frío invernal ☃️❄️, usar calzado y calcetines aislantes, evitar los contrastes de frío-calo… https://t.co/BWQgyiolnv
Un diagnóstico precoz y un tratamiento adecuado, con hábitos de vida saludables, pueden evitar que el pie reumático… https://t.co/2jg0y3TILl
#formación Mañana sábado celebramos un curso sobre podología reumática en nuestra sede en Santiago 👣 La jefa de se… https://t.co/8Mi2UKv25B
🗞 🗣 ¡Extra, extra! Ya tenemos aquí el 1º boletín del año, con un resumen de la actividad y difusión en medios de la… https://t.co/UeU2Yna8QL
Para empezar el año con buen pie 👣, os recomendamos la lectura del último boletín de 2019 del @CGPodologoshttps://t.co/Z13Z8cvJww
Feliz Año a tod@s‼️ ¿Ya tenéis hecha vuestra lista de propósitos para este 2020? Os recordamos que no se os puede o… https://t.co/hgcGBRSM2j
Comer marisco en exceso también puede provocar gota https://t.co/i1h1pRGjhn vía @hola