Novas

O Colexio de Podólogos de Galicia celebra o vindeiro martes-29 o Día da Podoloxía na facultade de Ferrol

O Colexio de Podólogos de Galicia celebra o vindeiro martes-29 o Día da Podoloxía na facultade de Ferrol

Tres docentes da UDC falarán sobre a podoloxía infantil

O Colexio de Podólogos de Galicia e a Facultade de Podoloxía da Universidade da Coruña (UDC) celebran por primeira vez o Día da Podoloxía, o vindeiro martes, 29 de abril. Trátase dunha actividade que este ano se dedicará á podoloxía Infantil, cunha xornada formativa que terá lugar no salón de actos do Vicereitoría do Campus de Esteiro, en Ferrol, entre as 10:00 e as 14:00 horas, e á que asistirán estudantes de podoloxía e profesionais.

Co Día da Podoloxía, o Colexio de Podólogos de Galicia quere reivindicar a profesión e a figura do podólogo como pilar básico dentro do eido da saúde do pé, destacando que se trata dun facultativo que realiza actividades dirixidas ao diagnóstico e tratamento das afeccións e deformidades dos pés. Actualmente, o Colexio de Podólogos dá servizo a aproximadamente 300 colexiados que exercen en toda Galicia. Ademais, con esta acción o colexio profesional pretende loitar contra o intrusismo na profesión e defender a calidade e asistencia sanitaria dos seus pacientes.

A temática da podoloxía infantil abordarase a través de tres relatorios a cargo de docentes da Facultade de Podoloxía da UDC, Carolina Rosende, Fátima Santalla e Daniel López.

Reivindican a necesidade de potenciar controles sobre os pés nos centros escolares

O profesor Daniel López explica que na sociedade actual é necesario realizar controles sobre os pé nos centros escolares, xa que as familias, ademais de buscar cobertura educativa, queren recibir atención social (horarios máis flexibles, actividades extraescolares e clases matutinas e vespertinas) e atención en aspectos sanitarios como programas de prevención, promoción, vacinación e revisións sistemáticas da saúde.

O podólogo recorda que o nivel de saúde do pé na etapa escolar é baixo. Por iso, destaca que é preciso dar importancia aos problemas dos pés na etapa infantil para impedir que se xeren lesións graves na idade adulta, contribuíndo á perda de calidade de vida, autonomía e a aparición da discapacidade. Indica que a prevención dos problemas dos pés evita a aparición de lesións e axuda a combater os “pés planos ou cavos, dedas en garra, unllas encarnadas, infeccións por fungos ou bacterias que poden producir problemas posturais e de lombo, redución da velocidade da marcha ou maior risco de caídas”.

-PROGRAMA-

10:00h.- Marcha normal e patolóxica na infancia

Carolina Rosende Bautista

Profesora Departamento de Ciencias da Saúde. Facultade de Podoloxía de Ferrol.

Universidade da Coruña

11:00h.- Acto inaugural do Día de la Podoloxía

Presentación institucional a cargo dos representantes das autoridades presentes

11:20h.- A Podoloxía do S. XXI

Borja Pérez Serrano

Voceiro do Colexio Oficial de Podólogos de Galicia (COPOGA). Membro da Xunta de Goberno do COPOGA.

Podólogo especialista en cirurxía do pé

12:00-12:30h.- Descanso-café

12:30h.- Efectividade do tratamento ortésico na patoloxía podolóxica infantil

Fátima Santalla Borreiros

Profesora Facultade de Podoloxía de Ferrol. Departamento de Ciencias da Saúde.

Universidade da Coruña

13:15h.- A podoloxía escolar: a prevención como unha estratexia clave

Daniel López López

Coordinador da Unidade de Investigación en Saúde e Podoloxía. Profesor Departamento de Ciencias da Saúde. Facultade de Podoloxía. Universidade da Coruña. Podólogo e Doutor pola Universidade da Coruña

14:00h.- Clausura das xornadas

Posted in Novas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

La Junta de Gobierno se reunió ayer para tratar cuestiones de interés para la profesión y colegiad@s: temas con la… https://t.co/RBQcIPMtcb
#conlosmedicamentosnohayexcusas Muchas veces los pacientes no son conscientes de los efectos que puede conllevar la… https://t.co/ZI0u5qGfxg
«Pero... ¿para esto hace falta receta?» https://t.co/dnXss6iQXB
Intervención de nuestro presidente, Juan Dios, en la rueda de prensa del Colegio de Farmacéuticos presentando la ca… https://t.co/xJRCILilVB
El 90 de los farmacéuticos gallegos reciben cada día peticiones de medicamentos sin receta https://t.co/VEgIce7QLC
🔹El presidente Juan Dios ha asistido hoy al IX Congreso de Estudiantes de Podología, organizado por la Asociación d… https://t.co/PUIwUEcBty
La farmacia coruñesa liderará una campaña contra la automedicación promovida junto a los prescriptores… https://t.co/veRiyZaQ31
La campaña “Siempre con receta” en el Telexornal Galicia, con declaraciones de nuestro presidente Juan Dios… https://t.co/i21AzrK2xm
El presidente del Colexio de Podólogos de Galicia, Juan Dios, participó ayer en la presentación de la campaña sobre… https://t.co/jOtWlzTDgA
"Pero ¿para esto hace falta receta?" https://t.co/wFYp04fe2f vía @laopinioncoruna
Las farmacias de A Coruña inician una campaña informativa sobre la importancia de la receta médica https://t.co/Hn6QUa9xcx
Inicia unha campaña informativa sobre a importancia da receita médica na Coruña https://t.co/UdmJKD0erx vía @Gconfidencial
Las farmacias de A Coruña inician una campaña informativa sobre la importancia de la #recetamédica Médicos, odontó… https://t.co/R86QhZwFxS