Novas

O Colexio de Podólogos de Galicia celebrará mañá un curso sobre os últimos avances en podoloxía cirúrxica ungueal e das partes brandas do pé

O Colexio de Podólogos de Galicia celebrará mañá un curso sobre os últimos avances en podoloxía cirúrxica ungueal e das partes brandas do pé

Alfonso Martínez, relator:

“As técnicas para o tratamento da patoloxía da uña do pé evolucionaron para ofrecer resultados óptimos, tempos de recuperación reducidos e unha rápida incorporación á vida diaria”

A sesión continuará o sábado en horario de mañá e tarde

O Colexio de Podólogos de Galicia celebrará mañá e o sábado unha sesión formativa sobre cirurxía podológica, enmarcada dentro do curso de actualización en podoloxía clínica, cirúrxica e biomecánica previsto até o mes de xuño. O curso celebrarase na sede de Santiago de Compostela (rúa Quiroga Palacios, 65), en horario de 16:30 a 20:30 horas o venres e o sábado de 9:30 a 13:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

O  podólogo e profesor da Facultade de Podoloxía de Ferrol, Óscar Álvarez, e o podólogo, profesor do Centro Universitario de Plasencia da Universidade de Estremadura e especialista en podoloxía cirúrxica, Alfonso Martínez, serán  os encargados de explicar aos alumnos os últimos avances e as prácticas máis innovadores na cirurxía de partes brandas e os tratamentos cirúrxicos da patoloxía subungueal.

O curso efectuarase en modo de clase maxistral, con abundante material iconográfico (fotos e vídeos). Fomentarase tamén a discusión e o coloquio cos alumnos para facer a actividade o máis interactiva posible. Segundo o seu contido, Alfonso Martínez indica que o curso pretende mostrar aos participantes o coñecemento científico máis actual, co fin de seleccionar correctamente ao paciente que require unha cirurxía, aplicar a técnica cirúrxica adecuada a cada caso e evitar algunhas das complicacións que poidan xurdir.

Alfonso Martínez explica que as técnicas cirúrxicas para o tratamento da patoloxía da uña do pé evolucionaron durante os últimos anos, coa finalidade de ofrecer “resultados óptimos”, “tempos de recuperación reducidos” e unha “rápida incorporación á vida diaria”.

O curso continuará os días 15 e 16 de maio co segundo bloque do módulo de cirurxía, impartido polos podólogos Mario Suárez, responsable de formación do Colexio de Podólogos de Madrid, e Raúl Reyes, profesor na Universidade Complutense de Madrid.

Posted in Novas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

🔸🗣¿Quieres actualizarte sobre pie plano y los estudios biomecánicos infantiles? Anótate YA en el curso que organiza… https://t.co/jryRjlssCz
¿Sabíais que el pie zambo se suele descubrir al nacer👶? Es una afección que se puede detectar desde edades bien tem… https://t.co/yYb6ubwSIE
🔶 🗣 No paramos nuestra actividad, y hoy se ha reunido la comisión de intrusismo, compuesta por el presidente Juan D… https://t.co/IJgn6ORGM4
Insisten en evitar los sabañones y que no se vuelvan crónicos, en @vozdesantiago https://t.co/kKUPVQ4Q0d
Los podólogos recomiendan evitar contrastes térmicos para prevenir sabañones https://t.co/6lZD2lyngB vía @laopinioncoruna
Usar calzado y calcetines aislantes y evitar los contrastes de frío-calor, claves para prevenir los sabañones en in… https://t.co/eNXaYXigIB
Los podólogos aconsejan "calzado y calcetines aislantes" y evitar contrastes térmicos para prevenir sabañones… https://t.co/FOTxDSI5Ic
Los podólogos gallegos aconsejan "calzado y calcetines aislantes" y evitar contrastes térmicos para prevenir sabaño… https://t.co/1V1sNNM80e
Os podólogos galegos aconsellan "calzado e calcetíns illantes" e evitar contrastes térmicos para previr frieiras… https://t.co/E67qxce1hF
Recomendaciones para el frío invernal ☃️❄️, usar calzado y calcetines aislantes, evitar los contrastes de frío-calo… https://t.co/BWQgyiolnv
Un diagnóstico precoz y un tratamiento adecuado, con hábitos de vida saludables, pueden evitar que el pie reumático… https://t.co/2jg0y3TILl
#formación Mañana sábado celebramos un curso sobre podología reumática en nuestra sede en Santiago 👣 La jefa de se… https://t.co/8Mi2UKv25B
🗞 🗣 ¡Extra, extra! Ya tenemos aquí el 1º boletín del año, con un resumen de la actividad y difusión en medios de la… https://t.co/UeU2Yna8QL
Para empezar el año con buen pie 👣, os recomendamos la lectura del último boletín de 2019 del @CGPodologoshttps://t.co/Z13Z8cvJww
Feliz Año a tod@s‼️ ¿Ya tenéis hecha vuestra lista de propósitos para este 2020? Os recordamos que no se os puede o… https://t.co/hgcGBRSM2j