Noticias

O Colexio de Podólogos de Galicia convoca eleccións para o próximo 27 de xuño

O Colexio de Podólogos de Galicia convoca eleccións para o próximo 27 de xuño

A entidade, defensora dos intereses da profesión, loita actualmente contra o intrusismo e a competencia desleal con doce casos rexistrados no último ano

O Colexio de Podólogos de Galicia convocou eleccións da súa Xunta de Goberno para o próximo 27 de xuño. A xornada electoral celebrarase na sede colexial de Santiago (Avenida Quiroga Palagios, 65, baixo) entre as 11:30 e as 18:30 horas. Os 346 colexiados con dereito a voto poderán participar nestes comicios para renovar os seus órganos de goberno tras as últimas eleccións celebradas en agosto de 2011.

Segundo os estatutos do Colexio, terán dereito a ser elixidos todos os colexiados ejercientes que estean ao día nas súas obrigacións corporativas colexiais. Unha vez superados estes trámites administrativos, poderán concorrer ás eleccións as candidaturas completas con todos os membros da Xunta de Goberno. As candidaturas poderán presentarse até 11 de maio.  A continuación, a comisión electoral proclamará as candidaturas presentadas o 19 de maio. No caso de que só se presente unha candidatura, a comisión electoral proclamaraa electa e non haberá necesidade de celebrar eleccións.

O Colexio de Podólogos de Galicia ten entre as súas funcións o labor de velar pola ética profesional, impedir e perseguir os casos de intrusismo, organizar actividades e ofrecer servizos comúns de carácter profesional de interese para os colexiados, e programar congresos, conferencias e xornadas para estimular o perfeccionamento técnico, científico e humanístico da profesión. Outros obxectivos da entidade céntranse en representar e defender os intereses da profesión e fomentar as relacións con outros profesionais do ámbito sanitario.

Intrusismo en centros de estética e nos estudos biomecánicos

Un dos retos actuais do Colexio de Podólogos de Galicia é a loita contra o intrusismo profesional. Segundo a análise da asesoría xurídica do Colexio, os casos máis frecuentes de instrusismo ou competencia desleal prodúcense en centros de estética e na realización de estudos biomecánicos en centros deportivos a cargo de persoal non sanitario. O equipo xurídico pretende resolver todos os casos de intrusismo, que expostos correctamente polos afectados, poidan derivar nun proceso legal.

Para combater estas actuacións, o Colexio de Podólogos ten na súa páxina web (www.copoga.com) unha sección aberta para que os cidadáns poidan denunciar estas prácticas ilegais. No último ano puxéronse en coñecemento do Colexio doce casos diferentes de intrusismo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

El presidente Juan Dios estará mañana en directo en el programa A Revista Fin de Semana de @TVGalicia, a partir de… https://t.co/3sJczAoM1B
La secretaria del @ColexioPodologo, Cristina Fernández Espiño, habla sobre #lavueltaalcole y el cuidado de los 👣 de… https://t.co/51VnlaGKmg
📢 Abierto el plazo de inscripción del TALLER DE BIOMECÁNICA DEL CORREDOR que se celebrará el 26 de octubre en la se… https://t.co/mmYIDt94HB
Nuestros consejos para #lavueltaalcole en @TVGalicia . Os podólogos recomendan para o curso calzado de calidade e a… https://t.co/YbO1reJgP5
El vocal de la junta de gobierno del @ColexioPodologo, Gonzalo Barros, comenta en el programa A Tarde de… https://t.co/XNg4ogHmLP
Los podólogos aconsejan calzado específico para cada actividad escolar, en @vozdesantiago https://t.co/4StdIiiEDP
El Colegio de Podólogos de Galicia señala la importancia de elegir el calzado adecuado, en https://t.co/8rPqIyxSXX https://t.co/PkWtFN8Xxa
Nuestras recomendaciones para #lavueltaalcole​ 👏👏👏Vuelta al cole: Los errores más frecuentes en la elección de calz… https://t.co/ERK9jgo8Gt
#Lavueltaalcole2019 🧳🎒Recomendamos que los más pequeños usen un calzado específico según el tipo de actividad físic… https://t.co/RMaKPDMQuW
Nuestro presidente Juan Dios ha firmado la renovación del Seguro Colectivo de Responsabilidad Civil Profesional con… https://t.co/ZSPmMB1nVc
Consejos para que los pies sobrevivan al Camino de Santiago https://t.co/bKTmJA7au3
Todavía en verano y con calor ⛱☀️, nuestra junta directiva calienta motores para la recta final de año. Se han reun… https://t.co/pw5cKQR2UA
Cómo tratar los pies secos y agrietados en verano https://t.co/FKutPJIeWR vía @hola
La Audiencia de Valencia ratifica la primera condena por intrusismo en Podología https://t.co/GidthuDbHO vía @valenciaplaza
Juan Dios y Borja Pérez completaron el traspaso de poderes con una última sesión de trabajo presidencial y la consi… https://t.co/qtwvKl83Tg
Juan Dios: «Cuidar los pies es algo indispensable», entrevista en @VozBar y @vozcarballo https://t.co/Ee4O3VR5tQ
Nuestro presidente Juan Dios asistió a la entrega de las #MedallasdeGalicia en la @CidadedaCultura, a los expreside… https://t.co/nKDlsUdhWB
Los consejos para el cuidado de los pies en verano, en el programa A Tarde @RadioGalega https://t.co/8I4JY9emLE
Los podólogos de Galicia recomienda proteger los pies de sus principales enemigos en verano, el sol y los hongos… https://t.co/HwzWfHD3EE