Novas

O Colexio de Podólogos de Galicia demanda a inserción do podólogo dentro da sanidade pública

O Colexio de Podólogos de Galicia demanda a inserción do podólogo dentro da sanidade pública

Os expertos analizaron a marcha infantil, o uso de orteses e a prevención escolar no Día da Podoloxía

O Colexio de Podólogos de Galicia e a Facultade de Podoloxía da Universidade da Coruña (UDC) celebrou hoxe por primeira vez o Día da Podoloxía. Trátase dunha actividade que este ano se dedica á podoloxía Infantil, cunha xornada formativa no salón de actos da Vicerreitoría do Campus de Esteiro, en Ferrol, á que asistiron estudantes e profesionais.

A xornada contou coa asistencia do presidente do Colexio de Podólogos de Galicia, Alfonso Alonso, e o seu voceiro, Borja Pérez; ademais da Xefa Territorial da Consellería de Sanidade, Cristina Pérez Fernández; o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey; a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres; e o vicedecano da Facultade de Podoloxía, Pedro Gil.

Co Día da Podoloxía, o Colexio de Podólogos de Galicia quere reivindicar a profesión e a figura do podólogo como pilar básico dentro do eido da saúde do pé, destacando que se trata dun facultativo que realiza actividades dirixidas ao diagnóstico e tratamento das afeccións e deformidades dos pés. Actualmente, o Colexio de Podólogos dá servizo a aproximadamente 300 colexiados que exercen en toda Galicia. Ademais, con esta acción o colexio profesional pretende loitar contra o intrusismo na profesión e defender a calidade e asistencia sanitaria dos seus pacientes.

Alfonso Alonso destacou que é necesario reafirmar o papel do podólogo como o especialista do pé, estrutura anatómica que “nos permitirá percorrer quilómetros ao longo da nosa vida”. Explicou que estas xornadas informan sobre a prevención da saúde do pé infantil que garantirá o benestar xeral na etapa adulta, evitando a perda de autonomía, a falta de mobilidade, a incapacidade laboral ou o aumento do gasto en tratamentos sanitarios.

Así, Alonso pediu á Administración Autonómica que o podólogo se inclúa dentro do Servizo Galego de Saúde, como un membro máis dentro dun equipo multidisciplinar como ocorre xa nalgunhas comunidades. “A creación dunha unidade de pé diabético pode evitar a amputación do membro inferior causada por unha úlcera, que supón actualmente un gasto sanitario de entre 30.000 y e.000 euros” –indicou–.

A temática da podoloxía infantil abordarase a través de tres relatorios a cargo de docentes da Facultade de Podoloxía da UDC, Carolina Rosende, Fátima Santalla e Daniel López.

Camiñar pola praia e realizar xogos de suxeición con pelotas fortalecen a musculatura dos pés

A podóloga Carolina Rosende impartiu un relatorio sobre “A marcha normal e patolóxica na infancia”. Explicou que as principais alteracións na infancia son o pé plano e a marcha adutora. O pé plano é unha situación fisiolóxica que só debe ser tratada se impide o desenvolvemento dunha vida normal, se causa dor durante a deambulación ou impide realizar actividade física ao neno sen sufrir caídas frecuentes.

Ademais, Rosende indicou que o control de evolución da pegada plantar débese realizar anualmente, coa finalidade de controlar que os parámetros morfoestruturais do pé evolucionen correctamente durante o crecemento. O fortalecemento da musculatura da perna e o pé son clave para conseguir un correcto desenvolvemento do arco lonxitudinal interno do membro. Para mellorar notablemente a forza muscular, os especialistas aconsellan actividades de traballo muscular intenso como camiñar na praia por area seca e realizar xogos de suxeición de pelotas cos pés.

Carolina Rosende falou tamén da marcha adutora, outra situación fisiolóxica presente na infancia. Recoméndase tratamento ortopodolóxico para evitar caídas frecuentes en nenos maiores de seis anos.

Ademais, a podóloga realizou un repaso sobre a deambulación nas diferentes etapas do desenvolvemento infantil. Rosende lembrou que o rango normal de idade para comezar a camiñar atópase entre os 10 e os 16 meses. A continuación, os nenos comezan a correr (18-19 meses), a camiñar de talóns (18-22 meses), saltar (2-3 anos), a conseguir apoio monopodal (4 anos), saltar á corda (6-7 anos)  e a partir dos 5 anos de idade conseguen un patrón de marcha adulto. “A partir dos 18 meses, un 75% dos nenos xa camiña coordinando os movementos de brazos e pernas” –destacou a especialista–.

Recomendan o uso de orteses para o tratamento da dor no pé plano, cavo e en artrite xuvenil

A podóloga Fátima Santalla ofreceu unha conferencia titulada “Efectividade do tratamento ortésico na patoloxía podolóxica infantil”. Na súa intervención destacou que na actualidade, moitas das patoloxías do pé infantil non requiren tratamento e forman parte do desenvolvemento normal do membro inferior. No entanto, indicou que existen moitas patoloxías susceptibles de tratamento ortésico, con persoais ou férulas.

Entre os motivos de consulta podolóxica infantil máis frecuentes atópanse o pé plano e a marcha coas puntas dos pés cara a dentro ou “marcha en adución”. Nestes casos, Fátima Santalla subliña que é necesario coñecer os parámetros de normalidade e a clasificación da patoloxía para determinar a necesidade ou non de tratamento.

Se o podólogo indica un tratamento ortésico nos nenos, a especialista destacou que se converterá en alivio da sintomatoloxía e da aliñación postural e o desenvolvemento normal do membro inferior.

Aínda que queda moito camiño por percorrer no coñecemento da efectividade do tratamento ortésico do pé nos nenos, Fátima Santalla apuntou que actualmente existen estudos que demostran a súa efectividade no tratamento da dor no pé plano, pé cavo e en artrite idiopática ou reumatoide xuvenil, así como na mellora da funcionalidade da marcha na parálise cerebral infantil ou a marcha en adución.

Reivindican a necesidade de potenciar controis sobre os pés nos centros escolares

O profesor Daniel López explicou que na sociedade actual é necesario realizar controis sobre os pés nos centros escolares, xa que as familias, ademais de buscar cobertura educativa, queren recibir atención social (horarios máis flexibles, actividades extraescolares e clases matutinas e vespertinas) e atención en aspectos sanitarios como programas de prevención, promoción, vacinación e revisións sistemáticas da saúde.  Así o explicou no seu relatorio titulado “A podoloxía escolar: a prevención como unha estratexia crave”.

O podólogo lembrou que o nivel de saúde do pé na etapa escolar é baixo. Por iso, destacou que é necesario dar importancia aos problemas dos pés na etapa infantil para impedir que se xeren lesións graves na idade adulta, contribuíndo á perda de calidade de vida, autonomía e a aparición da discapacidade. Indicou que a prevención dos problemas dos pés evita a aparición de lesións e axuda a combater os “pés planos ou cavos, dedos en garra, uñas encarnadas, infeccións por fungos ou bacterias que poden producir problemas posturais e de costas, redución da velocidade da marcha ou maior risco de caídas”.

Os nenos non deben andar descalzos nin someterse a “cirurxía do cuarto de baño”

Para controlar un crecemento saudable en relación aos pés dos nenos débese ter en conta, segundo Daniel López, a hixiene postural, a evolución do calzado e a pegada do pé e supervisión do ton muscular, dos ósos e a pel. Ademais, recomendou fomentar a actividade e o exercicio físico e os hábitos podolóxicos saudables para potenciar e fortalecer o estado do pé. “Hai que evitar que os nenos camiñen descalzos, xa que supón un risco de contaxio e un mecanismo para provocar patoloxías nos pés” –apuntou o especialista–.

Outra recomendación é non facer uso dos autotratamentos, coñecidos popularmente como “cirurxía de cuarto de baño”, que contribúen a lesionar e debilitar os pés e son un risco para a saúde causando a entrada de axentes patóxenos. O podólogo Daniel López aconsella realizar unha hidratación diaria, o aseo e secado dos pés e exercicios podolóxicos, ademais de acudir como mínimo unha vez ao ano ao podólogo para que avalíe e controle a saúde dos pés durante a etapa escolar.

Posted in Novas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Borja Pérez Serrano fixo recomendacións profesionais para o coidado dos pés peregrinos na @TVGalicia @RadioGalegahttps://t.co/gQiYl2b8IN
Borja Pérez Serramo asistió esta tarde a la graduación de los nuevos podólogos en el campus de Ferrol @vozferrolhttps://t.co/gfCvlN8HCe
La directora de comunicación de la Organización Médica Colegial de España, Teresa Alfageme, dirige un equipo de 5 p… https://t.co/cOWeyxoJY4
Os podólogos asesoran os penitentes para evitar doenzas, en Televisión de Galicia​ https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be
Seguimos apoyando a los #deportistas. Ayer domingo en la carrera popular gandeira de Santa Comba en la asistencia… https://t.co/B3uqseFNjN
Los podólogos dan las pautas para la Semana Santa - Diario Sanitario https://t.co/XVuRiGpGbk
El domingo de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores con i… https://t.co/hRMZwvaw6d
El domingo-21 de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores co… https://t.co/DPUl6xcCqE
Consejos para los principiantes en el running y así evitar lesiones innecesarias https://t.co/7vktSb46Z3
Exploración biomecánica para evitar lesiones https://t.co/btxmgbUtKg
Recomendamos na exploración biomecánica previa a la práctica de running para prevenir lesiones Borja Pérez, presid… https://t.co/dKIUouSwG7
📸 Álbum de fotos de la jornada de asistencia podológica a los corredores del maratón Coruña42 , ayer domingo en la… https://t.co/vCr5IH6fAQ
🏃‍♂️🏃‍♀️Este domingo se celebra el VIII Maratón Atlántica @Coruna42 , y allí estaremos los podólogos‼️Asistiremos a… https://t.co/EanFoGTyEw
Nuestro presidente abrió ayer en el congreso de estudiantes en la facultad de FERROL. https://t.co/7ODHEggyWM