Novas

O Colexio de Podólogos de Galicia denuncia a práctica de probas da pisada en establecementos de material deportivo

O Colexio de Podólogos de Galicia denuncia a práctica de probas da pisada en establecementos de material deportivo

Estes exames poden resultar prexudiciais para a saúde da poboación

Estudos universitarios afirman que os aparatos para diagnóstico podolóxico só deben ser empregados por persoal sanitario

Informes realizados polas Universidades de Barcelona, Sevilla e Extremadura sobre a realización de estudos da pisada en establecementos de material deportivo demostran que o podólogo é o único profesional sanitario cualificado para desenvolver as “probas da pisada” ou biomecánicas. Así o pon de manifesto o Colexio de Podólogos de Galicia ante a afluencia nos últimos tempos deste tipo de prácticas en grandes superficies deportivas para diagnosticar un pé pronador ou supinador.

O aumento de seguidores das carreiras atléticas favoreceu a extensión deste tipo de prácticas nocivas para a saúde da poboación. Determinadas grandes superficies, tendas e distribuidores de material deportivo realizan probas da pisada, con equipamento de análise biomecánico, ofrecendo diagnósticos ao corredor e recomendacións sobre o calzado idóneo para o seu tipo de pisada (neutra, pronada ou supinada).

Os sistemas de análise da marcha –tanto cinéticos (plataformas de presións) como cinemáticos (sistemas 3D)– aportan datos biomecánicos que serven para realizar o diagnóstico da normalidade ou patoloxía do pé e para establecer un plan diagnóstico axeitado a cada paciente ou corredor, pero esta maquinaria non está deseñada para diagnosticar patoloxías como a pronación ou a supinación. O seu protocolo de uso é complexo, e requiren de condicións de uniformidade (humidade, temperatura, sentido da marcha, metodoloxía) para obter unhas corretas e fiables medicións para todos os pacientes, ademais de ser calibrados.

Neste punto, o Colexio de Podólogos de Galicia considera que este tipo de estudos só poden ser realizados por persoal sanitario con formación específica e coñecementos de biomecánica para analizar e interpretar correctamente os datos, facer posteriormente un estudo estático e da postura global e finalmente ofrecer ao paciente un plan diagnóstico personalizado.

“Un caso similar é o das radiografías. A toma dunha radiografía faina un aparato de raios X manexado por un técnico con formación específica, pero interpretada por un médico. Do mesmo modo que non deixamos que diagnostique unha máquina de raios X, non debemos tolerar que sexa unha máquina de análise biomecánico a que determine se un corredor ten unha pisada neutra, pronada ou supinada ou que a interpretación de datos a realice persoal non cualificado” –explican desde o Colexio de Podólogos de Galicia–.

Ademais, o Colexio de Podólogos de Galicia indica que os aparatos de medición biomecánica son produtos sanitarios suxeitos á normativa específica sanitaria e non poden ser empregados como medio de diagnóstico nestes espazos comerciais que carecen de licenza sanitaria, recaendo polo tanto no intrusismo profesional.

O mesmo acontece coas soletas ou soportes plantares personalizadas que son usadas para a corrección das deformidades e distribuír a carga corporal nos pés (soletas antifatiga, anatómicas ou de carga). O Colexio de Podólogos de Galicia lembra que as soletas personalizadas son un produto sanitario e non se poden vender en tendas de deportes sen licencias de fabricante de produtos sanitarios a medida. Moitos destes establecementos ofertan soletas previo estudo da pegada plantar mediante un escáner.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Comunicado del @CGPodologos https://t.co/WtsVW7RmgT
Así nos afecta a todos #podólogo El deber de proteger a los más vulnerables, en @elprogreso_Lugo https://t.co/5ecTKlthcr
Consejos del Colexio de Podólogos de Galicia para no descuidar el cuidado de los pies en el confinamiento. Nuetro p… https://t.co/MLIkTqgQfd
Los podólogos alertan contra la tentación de estar mucho sentado, en @elprogreso_Lugo https://t.co/Nxnhw3CD2a
Recomendaciones del @CGPodologos para atender una urgencia en tiempos del COVID-19 https://t.co/NOWXB5eiSf
«No estar mucho tiempo sentado», nuestros consejos para el confinamiento en @Diario_Pontev https://t.co/KcAGJVCL7W
El @CGPodologos pide al Gobierno el cierre de las consultas. Los podólogos han aparcado su reinvidicación de formar… https://t.co/x7kG3doQXE
Evitar el sedentarismo en confinamiento,nuestros consejos en @elcorreogallego https://t.co/uCfuT4IR47
Los podólogos gallegos recomiendan evitar el sedentarismo por los problemas circulatorios https://t.co/WJAO60Mo9U vía @Farodevigo
Recomendaciones de los podólogos ante el confinamiento, @ABCenGalicia https://t.co/DQfAxv3l19
El Colegio de Podólogos de Galicia recomienda estar poco tiempo sentado https://t.co/80vKCNa9TF https://t.co/6zw6Zl4qhY
Los podólogos gallegos aconsejan "no estar mucho tiempo sentado" para "evitar problemas circulatorios" https://t.co/ivPeLmtof9
🔶 ¿Quieres reducir los efectos del confinamiento en los pies? Recomendaciones básicas para evitar problemas circul… https://t.co/bZZOBDK8QX
🔶 ¿Por qué pedimos el cierre de nuestras clínicas 🔑? Desde el @CGPodologos se han enviado al @sanidadgob los motiv… https://t.co/PxY9WyOtGm
🔶 Hoy conmemoramos el Día Mundial del Síndrome de Down 🎗👦🏼🧒🏽 Es recomendable que estas personas sean revisadas peri… https://t.co/kqaNNQGRhl