Novas

O Colexio de Podólogos de Galicia desaconsella o uso de botíns no verán e recomenda calzado que axude á transpiración dos pés

O Colexio de Podólogos de Galicia desaconsella o uso de botíns no verán e recomenda calzado que axude á transpiración dos pés

Alerta da importancia de aplicar protector solar para evitar queimaduras no dorso e planta do pé

 

 

O Colexio de Podólogos de Galicia lanza unha serie de advertencias para evitar complicacións nos pés durante a tempada estival. Un dos consellos é hidratar a diario os pés para previr a aparición de asperezas e durezas que se ocasionan, xeralmente, nos talóns, a planta e os metatarsianos. Se pola contra os pés teñen predisposición a suar débense aplicar produtos antitranspirantes, que regulen o exceso de suor e impidan a creación de gretas.

Ademais, os podólogos non aproban o uso de botíns no verán porque aumentan a probabilidade dunha excesiva sudoración do pé, sendo o calzado máis aconsellable o que permita a transpiración, fabricado con fibras naturais, flexible e de gran sujeción. Destacan que se debe evitar o uso continuado e diario de calzado deportivo pechado. Por outra banda, recomendan secarse ben os pés, sobre todo na zona entre os dedos, e aplicar pos de talco antes de calzarse.

E con chegada da calor, os profesionais inciden na importancia de aplicar protección solar nos pés para evitar queimaduras. “Sufrir queimaduras na infancia aumenta o risco potencial de ter cancro de pel na idade adulta. A pel dos pés está a maior parte do ano protexida da radiación solar polos calcetíns e os zapatos e, por tanto, está menos preparada para o sol do que o están outras zonas” –sinala o presidente do Colexio, Borja Pérez–. Ademais de aplicar crema solar no dorso do pé, é necesario aplicar protección na planta xa que esta pel tamén é moi sensible á radiación solar e ao tombarse boca abaixo na praia ou piscina está especialmente exposta. Os podólogos lembran que aínda que os pés estean mergullados na auga continúan expostos á radiación solar e poden sufrir queimaduras igualmente, a pesar de non notar as molestias.

E á hora de frecuentar as duchas públicas é fundamental vixiar a posible aparición de fungos e verrugas. Con este tipo de recomendacións, os podólogos pretender alertar á poboación para evitar a aparición de patoloxías como o pé de atleta ou os papilomas. O primeiro aparece nos dedos e provoca picor, unha pel arroibada, seca e escamosa. Os segundos orixinan verrugas plantares, xerados en lugares húmidos e quentes como piscinas, ximnasios ou saunas. Tanto para o pé de atleta como para o papiloma é moi recomendable usar chancletas ou zapatillas de goma en lugares públicos. Os profesionais recomendan as visitas regulares ao podólogo para evitar este tipo de doenzas nos pés.

Posted in Novas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Os podólogos asesoran os penitentes para evitar doenzas, en Televisión de Galicia​ https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be
Seguimos apoyando a los #deportistas. Ayer domingo en la carrera popular gandeira de Santa Comba en la asistencia… https://t.co/B3uqseFNjN
Los podólogos dan las pautas para la Semana Santa - Diario Sanitario https://t.co/XVuRiGpGbk
El domingo de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores con i… https://t.co/hRMZwvaw6d
El domingo-21 de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores co… https://t.co/DPUl6xcCqE
Consejos para los principiantes en el running y así evitar lesiones innecesarias https://t.co/7vktSb46Z3
Exploración biomecánica para evitar lesiones https://t.co/btxmgbUtKg
Recomendamos na exploración biomecánica previa a la práctica de running para prevenir lesiones Borja Pérez, presid… https://t.co/dKIUouSwG7
📸 Álbum de fotos de la jornada de asistencia podológica a los corredores del maratón Coruña42 , ayer domingo en la… https://t.co/vCr5IH6fAQ
🏃‍♂️🏃‍♀️Este domingo se celebra el VIII Maratón Atlántica @Coruna42 , y allí estaremos los podólogos‼️Asistiremos a… https://t.co/EanFoGTyEw
Nuestro presidente abrió ayer en el congreso de estudiantes en la facultad de FERROL. https://t.co/7ODHEggyWM
Borja Pérez: “Las acciones de los intrusos pueden afectar a la seguridad e integridad de las personas". Ofreció una… https://t.co/6B1cc3Y3is
Nuestro presidente Borja Pérez inaugurará mañana el VIII Congreso de Estudiantes de Podología que se celebrará en e… https://t.co/IotKyEibDq
Abrimos ✍️ del curso exploración biomecánica y técnica de adaptación en directo, que celebremos el 4 de mayo en la… https://t.co/bRiHrkaNvu
Si estás embarazada, mírate los pies. Reportaje en el suplemento #YES de @lavozdegalicia https://t.co/6T7ffUoRc3
La World Health Organization (WHO) celebra cada siete de abril, desde 1950, el Día Mundial de la Salud. Este año l… https://t.co/yFxlePTTSM