Noticias

O Colexio de Podólogos de Galicia mostra a súa oposición ao programa móbil de apoio a maiores no rural da Xunta de Galicia, ao considerar que ofrece un uso pouco efectivo dos servizos de podoloxía

O Colexio de Podólogos de Galicia mostra a súa oposición ao programa móbil de apoio a maiores no rural da Xunta de Galicia, ao considerar que ofrece un uso pouco efectivo dos servizos de podoloxía

Propón crear unha unidade de pé diabético en cada unha do sete Estruturas de Xestión Integrada, cun podólogo por área sanitaria para dar á poboación atención asistencial de calidade cun menor custo económico

O Colexio de Podólogos de Galicia (COPOGA) demanda á Xunta de Galicia unha eficiente repartición dos recursos no ámbito da podoloxía. Tras a entrada en servizo o pasado luns da nova rede de apoio a maiores no rural, denominada RedMay, o Colexio de Podólogos de Galicia mostra a súa oposición a este programa da Consellería de Política Social  que ofrece servizos gratuítos de podoloxía, saúde visual, prevención do alzhéimer e de apoio persoal para persoas maiores de 55 anos a través de unidades móbiles que circularán por unha vintena de concellos galegos.

Propón crear unha unidade de pé diabético en cada unha do sete Estruturas de Xestión Integrada, cun podólogo por área sanitaria para dar á poboación atención asistencial de calidade cun menor custo económico

O colectivo considera que este programa, que conta cun orzamento de 590.000 euros achegados pola Administración Autonómica e un 75% máis de fondos europeos, fai un uso pouco efectivo do que é a podoloxía, con instalacións que non están indicadas para os tratamentos podolóxicos e un servizo que mesmo pode chegar a confundir á poboación. Tamén aclara que este servizo itinerante polo rural desprázase a municipios nos que xa hai servizos de podoloxía en lugar de acudir a zonas nas que non existen.

Para ofrecer á poboación un servizo de calidade asistencial, o Colexio de Podólogos de Galicia xa presentou á Xunta diversos programas cun bo criterio podolóxico e cun custo máis reducido que o RedMay, como é crear unha unidade de pé diabético en cada Estrutura de Xestión Integrada, para o que se necesitaría a sete podólogos “un por cada área sanitaria”. Ademais, apuntan a outra opción pola que apostaron outras comunidades autónomas, como é un programa piloto no que se incorpora a figura do podólogo en Atención Primaria.

 

Seguimos trabajando para ofrecer los mejores servicios a nuestro colegiados y colegiadas‼️ Hoy se ha reunido la Jun… https://t.co/mJLKdr8TNo
Llega #Samaín #Halloween. Hoy las brujas y los muertos nos acompañarán para vivir una noche terrorífica. Vivamos es… https://t.co/6Y6Z6j505g
Taller de biomecánica del corredor en el Colexio de Podólogos de Galicia, en @elcorreogallego https://t.co/Y1KYl8oEOO
Hoy actualizamos nuestra formación en un taller de biomecánica del corredor, con Luis Enrique Roche en el hotel TRY… https://t.co/iaioTL6BPB
Mañana organizamos un taller de biomecánica del corredor 🏃‍♀️🏃‍♂️en el que participarán 50 podólogos gallegos. El p… https://t.co/Yn9gm3VA9v
Mitos y verdades sobre el pie infantil, #prevenciónenlosmáspequeños Faro de Vigo https://t.co/tzifAUr9NZ
¿Sabes qué las personas con cáncer de mama deben extremar los cuidados de sus pies? 🎗En el… https://t.co/huBKtppVYE
Inaugurado el @CongrePodologia en Santander, al que asiste nuestro presidente Juan Dios #formación #podoogíahttps://t.co/S0wrG7Z88u
A debate: el uso de tacones en la oficina. El presidente del @ColexioPodologo, Juan Dios, ha participado hoy en est… https://t.co/qgdkZemxPc
Os pés dos pequenos centran unha xornada en Ferrol con motivo do Día da Podoloxía, en @G24Noticias de Televisión de… https://t.co/VXevL2LVeg
Inciden en la prevención y atención temprana para evitar trastornos en el pie adulto, en @diarioferrol https://t.co/yojsuB02wF
Jornada sobre el pie infantil en @vozferrol https://t.co/8Lrr2aUXy4
La pedagoga Yolanda Rial presentó su cuento dedicado a los pies. @vozferrol @diarioferrol @RadioGalega @Radio_Vozhttps://t.co/GwuFD1a6xu
Un 46% de los niños presenta morfología de pie plano en la huella plantar, según un estudio https://t.co/zeDHvbZOgK
Coidar os pés dende pequenos , en @ecodixital https://t.co/84o8OXAFo5 https://t.co/gNtNyBcC5m
Celebramos una jornada de pie infantil en el Día de la Podología, para incidir en la prevención y atención temprana… https://t.co/pNMTw0IOUn