Novas

O Colexio de Podólogos de Galicia ofrece asistencia profesional no VI Maratón A Coruña10, que se celebra este domingo na cidade herculina

O Colexio de Podólogos de Galicia ofrece asistencia profesional no VI Maratón A Coruña10, que se celebra este domingo na cidade herculina

O Colexio de Podólogos de Galicia colabora no VI Maratón A Coruña10, que se celebra este domingo, 7 de outubro, na cidade da Coruña. Formarán parte do dispositivo médico da proba, para o que se habilitará unha carpa nas inmediacións da meta. Un grupo de profesionais procedentes de toda Galicia integrarán o equipo de podólogos que asistirá aos atletas que o precisen tanto durante como despois da carreira.

O voceiro do Colexio, Borja Pérez Serrano, sinala que atenderán aos corredores que poidan sufrir algún tipo de alteración. Destaca que, no caso dos maratóns, as complicacións máis frecuentes son a aparición de ampolas, rozaduras e mesmo hematomas debaixo das unllas. O pé é a parte do corpo que máis estrés sofre neste tipo de actividades deportivas. Nesta liña, indican que “a prevención é crucial, xa que a miúdo pequenas alteracións estruturais do aparato locomotor poden provocar lesións, mesmo ata chegar a facérense crónicas”. E resaltan a importancia de acudir ao podólogo, por ser o profesional sanitario formado especificamente na patoloxía do pé, co fin de que realice unha exploración biomecánica que avalíe a estática e a dinámica do pé, así como a súa relación co resto do aparato locomotor.

Consellos para os corredores

O Colexio de Podólogos de Galicia ofrece unha serie de consellos aos participantes no maratón. En primeiro lugar, indican que á hora de cortar as unllas se practique un corte recto, para evitar que se craven polo continuo traumatismo que sofre o pé durante a proba. Ademais, o roce, a fricción e os traumatismos de repetición poden provocar unha serie de complicacións como ampolas ou hematomas que pode previrse. Nesta liña, recomendan evitar os lavados con auga quente antes da actividade deportiva, xa que a pel se debilita, co que se incrementa o risco de aparición de ampolas. Ademais, lembran que cómpre empregar zapatillas de baño en vestiarios e duchas colectivas.

Por outro lado, os podólogos resaltan que os calcetíns que se empreguen durante a carreira deben ser de algodón ou fío. E tanto o calzado como o calcetíns non deben ter relevos nin costuras en contacto coa pel para evitar posibles lesións. Tamén recomendan acudir ao podólogo varios días antes da proba para que os pés se atopen nas mellores condicións posibles.

Os podólogos inciden en que non se debe estrear o calzado deportivo o día da competición. Este debe axeitarse ademais ás características da actividade e ao tipo de terreo onde se vaia desenvolver. Pola contra, se o calzado sofre un desgaste excesivo pode deberse a unha alteración da marcha, co que cómpre consultar o problema cun podólogo.

Esta carreira comezou a celebrarse en en 2007, sendo xa todo un clásico no calendario do atletismo español. En 2011 participaron preto de 2000 atletas que completaron un circuito de dez mil metros homologado pola Real Federación Española de Atletismo. A saída terá lugar nas inmediación do Obelisco ás 11:00 hora, e discorrerá polo paseo marítimo, pechando un trazado prácticamente plano, ideal para grandes marcas e para gozar do atletismo.

Posted in Novas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

La Audiencia de Valencia ratifica la primera condena por intrusismo en Podología https://t.co/GidthuDbHO vía @valenciaplaza
Juan Dios y Borja Pérez completaron el traspaso de poderes con una última sesión de trabajo presidencial y la consi… https://t.co/qtwvKl83Tg
Juan Dios: «Cuidar los pies es algo indispensable», entrevista en @VozBar y @vozcarballo https://t.co/Ee4O3VR5tQ
Nuestro presidente Juan Dios asistió a la entrega de las #MedallasdeGalicia en la @CidadedaCultura, a los expreside… https://t.co/nKDlsUdhWB
Los consejos para el cuidado de los pies en verano, en el programa A Tarde @RadioGalega https://t.co/8I4JY9emLE
Los podólogos de Galicia recomienda proteger los pies de sus principales enemigos en verano, el sol y los hongos… https://t.co/HwzWfHD3EE
📌Las personas mayores son uno de los colectivos más propensos a sufrir dolencias en los #pies. ¿Cómo afectan estas… https://t.co/1vmgbSYKpf
Dale al ▶️ y escucha los comentarios de nuestro presidente, Juan Dios, en el programa Convivir de @RadioGalega en r… https://t.co/wulGw0HMib
📢📢‼️ Abierto el plazo de inscripción para el CURSO DE INICIACIÓN A LA CIRURGÍA DE MÍNIMA INCISIÓN que se celebra el… https://t.co/cxwnXNLUkf
Asistencia podológica en el medio rural de Galicia, artículo de opinión del presidente Juan Dios en @lavozdegalicia https://t.co/fBiNAFhggT
Podólogos galegos recomendan protexer os pés dos "seus principais inimigos" no verán, como o sol e fungos… https://t.co/zveuHDnqZR
Podólogos gallegos recomiendan proteger los pies de "sus principales enemigos" en verano, como el sol y hongos https://t.co/Gz3YNCJOZ0
Atención para verano‼️ Recomendamos proteger los pies 👣de sus principales enemigos, el sol 🌞 y los hongos 🦶… https://t.co/4RPbVqmRTr
Evitar las ampollas y lesiones en el Camino de Santiago, nuestros consejos en la revista @diezminutos_eshttps://t.co/XxL9ioZk1z
Rocío Dono: «Podemos facer todos os tratamentos que precise o pé, incluída a cirurxía». La nueva vicepresidenta del… https://t.co/wkipib8rae