Noticias

O Colexio de Podólogos de Galicia ofrecerá o domingo asistencia podolóxica aos corredores do maratón Coruña42

O Colexio de Podólogos de Galicia ofrecerá o domingo asistencia podolóxica aos corredores do maratón Coruña42

Bochas, rozaduras e hematomas son as complicacións máis frecuentes en competicións de trazado chairo e urbano

O Colexio de Podólogos de Galicia colabora no VIII Maratón Atlántica Coruña42 que se celebra este domingo, día 14, na cidade herculina. O concello coruñés e a Federación Galega de Atletismo organizan este evento deportivo, cunha distancia homologada de 42.195 metros, única competición oficial de longa distancia que ten lugar no noroeste da península. A proba coincide co Campionato Galego Absoluto e de Veteranos desta distancia, e pertence ao calendario nacional da Real Federación Española de Atletismo (RFEA). Ao mesmo tempo, celebrarase a proba popular 10K, unha carreira de 10.000 metros.

Un equipo de podólogos integrará o dispositivo de profesionais sanitarios que asistirá aos participantes durante e despois da carreira nunha carpa que se habilitará nas inmediacións da meta, na Praza de María Pita.

Os podólogos atenderán aos corredores que poidan sufrir algún tipo de alteración. O Colexio de Podólogos de Galicia destaca que, no caso dos maratóns, e en concreto neste circuíto chairo, urbano e rápido, as complicacións máis frecuentes son a aparición de bochas, rozaduras e mesmo hematomas debaixo das uñas.

Ao ser o pé una das partes que máis tensións padece nunha actividade deportiva, a secretaria do Colexio, Ángeles Fernández, indica que “a prevención é crucial, porque a miúdo pequenas alteracións estruturais do aparello locomotor poden provocar lesións que se poden converter en crónicas”. E resalta a importancia de acudir ao podólogo, por ser o profesional sanitario formado especificamente na patoloxía do pé, para que realice unha exploración biomecánica que avalíe a estática e dinámica do membro inferior, así como o seu comportamento en relación ao aparello locomotor.

Os podólogos inciden en que non se debe estrear calzado deportivo o día da competición, xa que debe axustarse ás características da actividade e ao tipo de terreo onde se vaia a desenvolver. Doutra banda, os calcetíns que se usen durante a proba deben ser de algodón ou fío, e tanto o calzado como os calcetíns non deben ter relevos nin costuras en contacto coa pel para evitar molestias e rozaduras.

Atención podológica a corredores (foto de archivo)

Borja Pérez Serrano fixo recomendacións profesionais para o coidado dos pés peregrinos na @TVGalicia @RadioGalegahttps://t.co/gQiYl2b8IN
Borja Pérez Serramo asistió esta tarde a la graduación de los nuevos podólogos en el campus de Ferrol @vozferrolhttps://t.co/gfCvlN8HCe
La directora de comunicación de la Organización Médica Colegial de España, Teresa Alfageme, dirige un equipo de 5 p… https://t.co/cOWeyxoJY4
Os podólogos asesoran os penitentes para evitar doenzas, en Televisión de Galicia​ https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be
Seguimos apoyando a los #deportistas. Ayer domingo en la carrera popular gandeira de Santa Comba en la asistencia… https://t.co/B3uqseFNjN
Los podólogos dan las pautas para la Semana Santa - Diario Sanitario https://t.co/XVuRiGpGbk
El domingo de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores con i… https://t.co/hRMZwvaw6d
El domingo-21 de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores co… https://t.co/DPUl6xcCqE
Consejos para los principiantes en el running y así evitar lesiones innecesarias https://t.co/7vktSb46Z3
Exploración biomecánica para evitar lesiones https://t.co/btxmgbUtKg
Recomendamos na exploración biomecánica previa a la práctica de running para prevenir lesiones Borja Pérez, presid… https://t.co/dKIUouSwG7
📸 Álbum de fotos de la jornada de asistencia podológica a los corredores del maratón Coruña42 , ayer domingo en la… https://t.co/vCr5IH6fAQ
🏃‍♂️🏃‍♀️Este domingo se celebra el VIII Maratón Atlántica @Coruna42 , y allí estaremos los podólogos‼️Asistiremos a… https://t.co/EanFoGTyEw
Nuestro presidente abrió ayer en el congreso de estudiantes en la facultad de FERROL. https://t.co/7ODHEggyWM