Novas

O Colexio de Podólogos de Galicia ofrecerá o domingo asistencia sanitaria aos corredores do maratón Coruña42

O Colexio de Podólogos de Galicia ofrecerá o domingo asistencia sanitaria aos corredores do maratón Coruña42

Ampolas, rozaduras e hematomas son as complicacións máis frecuentes en competicións de trazado plano e urbano

O Colexio de Podólogos de Galicia colabora no III Maratón Atlántica Coruña42 que se celebra este domingo, día 27, na cidade herculina. O Concello coruñés e a Federación Galega de Atletismo organizan este evento deportivo, cunha distancia homologada de 42.195 metros, que coincidirá co Campionato Galego Absoluto e de Veteranos desta distancia, e pertencerá ao calendario nacional da Real Federación Española de Atletismo (R.F.E.A.). Paralelamente celebrarase unha proba de 10 Km. Un equipo de podólogos procedentes de toda Galicia, composto por podólogos titulados e estudantes, integrará o dispositivo de profesionais sanitarios que asistirá aos participantes durante e despois da carreira nunha carpa que se habilitará nas inmediacións da meta, na Praza de María Pita.

Os podólogos atenderán aos corredores que poidan sufrir algún tipo de alteración. O Colexio de Podólogos de Galicia destaca que, no caso dos maratóns, e en concreto neste circuíto plano, urbano e rápido, as complicacións máis frecuentes son a aparición de ampolas, rozaduras e mesmo hematomas debaixo das unllas.

Ao ser o pé unha das partes que máis estrés padece nunha actividade deportiva, os podólogos indican que “a prevención é crucial, porque a miúdo pequenas alteracións estruturais do aparato locomotor poden provocar lesións que se poden converter en crónicas”. E resaltan a importancia de acudir ao podólogo, por ser o profesional sanitario formado especificamente na patoloxía do pé, para que realice unha exploración biomecánica que avalíe a estática e dinámica do membro inferior, así como o seu comportamento en relación ao aparato locomotor.

Os podólogos inciden en que non se debe estrear calzado deportivo o día da competición. As zapatillas deben axustarse ás características da actividade e ao tipo de terreo onde se vaia a desenvolver. Por outro lado, os calcetíns que se usen durante a proba deben ser de algodón ou fío, e tanto o calzado como os calcetíns non deben ter releves nin costuras en contacto coa pel para evitar molestias e rozaduras.

Posted in Novas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

La Junta de Gobierno se reunió ayer para tratar cuestiones de interés para la profesión y colegiad@s: temas con la… https://t.co/RBQcIPMtcb
#conlosmedicamentosnohayexcusas Muchas veces los pacientes no son conscientes de los efectos que puede conllevar la… https://t.co/ZI0u5qGfxg
«Pero... ¿para esto hace falta receta?» https://t.co/dnXss6iQXB
Intervención de nuestro presidente, Juan Dios, en la rueda de prensa del Colegio de Farmacéuticos presentando la ca… https://t.co/xJRCILilVB
El 90 de los farmacéuticos gallegos reciben cada día peticiones de medicamentos sin receta https://t.co/VEgIce7QLC
🔹El presidente Juan Dios ha asistido hoy al IX Congreso de Estudiantes de Podología, organizado por la Asociación d… https://t.co/PUIwUEcBty
La farmacia coruñesa liderará una campaña contra la automedicación promovida junto a los prescriptores… https://t.co/veRiyZaQ31
La campaña “Siempre con receta” en el Telexornal Galicia, con declaraciones de nuestro presidente Juan Dios… https://t.co/i21AzrK2xm
El presidente del Colexio de Podólogos de Galicia, Juan Dios, participó ayer en la presentación de la campaña sobre… https://t.co/jOtWlzTDgA
"Pero ¿para esto hace falta receta?" https://t.co/wFYp04fe2f vía @laopinioncoruna
Las farmacias de A Coruña inician una campaña informativa sobre la importancia de la receta médica https://t.co/Hn6QUa9xcx
Inicia unha campaña informativa sobre a importancia da receita médica na Coruña https://t.co/UdmJKD0erx vía @Gconfidencial
Las farmacias de A Coruña inician una campaña informativa sobre la importancia de la #recetamédica Médicos, odontó… https://t.co/R86QhZwFxS