Actividades

O Colexio de Podólogos de Galicia organiza mañá en Santiago un seminario sobre a elaboración de dispositivos ortésicos para protexer os pés de patoloxías

O Colexio de Podólogos de Galicia organiza mañá en Santiago un seminario sobre a elaboración de dispositivos ortésicos para protexer os pés de patoloxías

O Colexio de Podólogos de Galicia organiza mañá sábado, 20 de outubro, un seminario internacional de ortesioloxía a medida para a patoloxía do antepé ao que asistirán vinte e cinco podólogos galegos. O curso, que conta coa colaboración do laboratorio Herbitas, comezará ás 9:00 horas na sede colexial de Santiago (avenida Quiroga Palacios, 65) e finalizará ás 21:00 horas.

Este seminario será impartido polos podólogos Francisco Alonso, Carlos Álvarez e Daniel López, profesores da Facultade de Podoloxía da Universidade da Coruña; ademais participarán na docencia do curso o podólogo, Sergio Pérez; e o podólogo e vicepresidente do Colexio de Podólogos de Galicia, Ángel Domínguez.

O obxectivo xeral do seminario é introducir ao alumno na metodoloxía de elaboración de dispositivos ortésicos para previr e paliar diferentes patoloxías do antepé, profundizando no coñecemento e utilidade de distintas siliconas de uso humano no mantemento, rehabilitación ou mellora do comportamento biomecánico do pé.

Na parte práctica do programa formativo, os alumnos do curso aprenderán a elaborar dispositivos ortésicos, unha serie de produtos sanitarios que se utilizan para protexer distintos segmentos do pé de afeccións de roce e presión, e para correxir e frenar deformidades nos pés durante a mocidade. “Un dos dispositivos de axuda máis usados son os separadores de dedas para reducir a presión, evitar a fricción do calzado e mesmo frear o avance de deformidades” –indica o coordinador do curso e voceiro do Colexio de Podólogos de Galicia, Borja Pérez–.

Os relatores do seminario tamén ensinarán aos alumnos a valorar as posicións básicas do paciente, en función do grao de solicitación mecánica, para a obtención das ortese dixitais no pé en función das diferentes técnicas. Os alumnos aprenderán a realizar unha exploración básica previa á ortese e a localizar e marcar puntos de referencia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

La Audiencia de Valencia ratifica la primera condena por intrusismo en Podología https://t.co/GidthuDbHO vía @valenciaplaza
Juan Dios y Borja Pérez completaron el traspaso de poderes con una última sesión de trabajo presidencial y la consi… https://t.co/qtwvKl83Tg
Juan Dios: «Cuidar los pies es algo indispensable», entrevista en @VozBar y @vozcarballo https://t.co/Ee4O3VR5tQ
Nuestro presidente Juan Dios asistió a la entrega de las #MedallasdeGalicia en la @CidadedaCultura, a los expreside… https://t.co/nKDlsUdhWB
Los consejos para el cuidado de los pies en verano, en el programa A Tarde @RadioGalega https://t.co/8I4JY9emLE
Los podólogos de Galicia recomienda proteger los pies de sus principales enemigos en verano, el sol y los hongos… https://t.co/HwzWfHD3EE
📌Las personas mayores son uno de los colectivos más propensos a sufrir dolencias en los #pies. ¿Cómo afectan estas… https://t.co/1vmgbSYKpf
Dale al ▶️ y escucha los comentarios de nuestro presidente, Juan Dios, en el programa Convivir de @RadioGalega en r… https://t.co/wulGw0HMib
📢📢‼️ Abierto el plazo de inscripción para el CURSO DE INICIACIÓN A LA CIRURGÍA DE MÍNIMA INCISIÓN que se celebra el… https://t.co/cxwnXNLUkf
Asistencia podológica en el medio rural de Galicia, artículo de opinión del presidente Juan Dios en @lavozdegalicia https://t.co/fBiNAFhggT
Podólogos galegos recomendan protexer os pés dos "seus principais inimigos" no verán, como o sol e fungos… https://t.co/zveuHDnqZR
Podólogos gallegos recomiendan proteger los pies de "sus principales enemigos" en verano, como el sol y hongos https://t.co/Gz3YNCJOZ0
Atención para verano‼️ Recomendamos proteger los pies 👣de sus principales enemigos, el sol 🌞 y los hongos 🦶… https://t.co/4RPbVqmRTr
Evitar las ampollas y lesiones en el Camino de Santiago, nuestros consejos en la revista @diezminutos_eshttps://t.co/XxL9ioZk1z
Rocío Dono: «Podemos facer todos os tratamentos que precise o pé, incluída a cirurxía». La nueva vicepresidenta del… https://t.co/wkipib8rae