Novas

O Colexio de Podólogos de Galicia pon en marcha o portal Receita Fácil para que os seus colexiados poidan emitir dixitalmente a receita médica privada

O Colexio de Podólogos de Galicia pon en marcha o portal Receita Fácil para que os seus colexiados poidan emitir dixitalmente a receita médica privada

Esta plataforma permite ofrecer maior seguridade aos pacientes e loitar contra o intrusismo profesional

O Colexio de Podólogos de Galicia crea un software multiplataforma, chamado Receita Fácil, que achegará aos colexiados a ferramenta de traballo necesaria para realizar a xestión e emisión de receitas electrónicas oficiais aos seus pacientes. É unha aplicación web moi intuitiva e de fácil manexo que facilitará o traballo dos podólogos á hora de dispensar a receita médica privada.

A páxina presenta información sobre o usuario, o número de receitas dispoñibles e os datos do paciente e o seu tratamento. Ademais, os colexiados poderán administrar os persoais de receitas, dispensacións ou documentos, consultar o Vademecum, revisar o número de receitas dispoñibles no talonario activo ou descargar novos talonarios. O obxecto deste novo método é deter o intrusismo profesional e a falsificación das prescricións médicas, achegando unha maior seguridade aos pacientes e loitando contra a erradicación e identificación dos falsos profesionais médicos.

Podólogos, médicos e odontólogos prescriben desde xaneiro de 2013 receitas na sanidade privada

A receita médica privada para podólogos, médicos e odontólogos no ámbito da sanidade privada entrou en vigor en xaneiro de 2013, regulada polo Real Decreto 1718/2010 sobre receita médica e ordes de dispensación, aínda que pendente dunha orde ministerial de Sanidade para o seu desenvolvemento e execución e para establecer até onde van chegar as obrigacións e os controis. “A lei iguálanos a podólogos, médicos e odontólogos como os profesionais facultativos para prescribir a receita médica privada” –conclúe o presidente do Colexio de Podólogos de Galicia, Borja Pérez–. Os Consellos Xerais de podólogos, médicos e odontólogos, responsables da edición, xestión, control e inspección da impresión e entrega das receitas médicas persoais, presentaron conxuntamente unha plataforma única de prescrición.

Como novidade, estas receitas inclúen un código de barras para garantir a súa autenticidade e evitar falsificacións, á vez que se combaterá o uso inadecuado de medicamentos. Trátase dun código de verificación electrónica (CVE), único para cada receita a partir dos datos do prescritor e do número de cada receita, que permitirá comprobar a que profesional en concreto foille asignado o talonario, a que Colexio pertenence o facultativo prescritor, a súa especialidade, o medicamento prescrito e a farmacia na que se dispensou. A receita terá unha validez de dez días unha vez realizada a expedición, e o farmacéutico deberá conservala durante tres meses. Toda esta información quedará gardada nunha central de datos, onde se poderá consultar o estado da receita e verificar a súa autoría.

Posted in Novas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Os podólogos asesoran os penitentes para evitar doenzas, en Televisión de Galicia​ https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be
Seguimos apoyando a los #deportistas. Ayer domingo en la carrera popular gandeira de Santa Comba en la asistencia… https://t.co/B3uqseFNjN
Los podólogos dan las pautas para la Semana Santa - Diario Sanitario https://t.co/XVuRiGpGbk
El domingo de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores con i… https://t.co/hRMZwvaw6d
El domingo-21 de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores co… https://t.co/DPUl6xcCqE
Consejos para los principiantes en el running y así evitar lesiones innecesarias https://t.co/7vktSb46Z3
Exploración biomecánica para evitar lesiones https://t.co/btxmgbUtKg
Recomendamos na exploración biomecánica previa a la práctica de running para prevenir lesiones Borja Pérez, presid… https://t.co/dKIUouSwG7
📸 Álbum de fotos de la jornada de asistencia podológica a los corredores del maratón Coruña42 , ayer domingo en la… https://t.co/vCr5IH6fAQ
🏃‍♂️🏃‍♀️Este domingo se celebra el VIII Maratón Atlántica @Coruna42 , y allí estaremos los podólogos‼️Asistiremos a… https://t.co/EanFoGTyEw
Nuestro presidente abrió ayer en el congreso de estudiantes en la facultad de FERROL. https://t.co/7ODHEggyWM
Borja Pérez: “Las acciones de los intrusos pueden afectar a la seguridad e integridad de las personas". Ofreció una… https://t.co/6B1cc3Y3is
Nuestro presidente Borja Pérez inaugurará mañana el VIII Congreso de Estudiantes de Podología que se celebrará en e… https://t.co/IotKyEibDq
Abrimos ✍️ del curso exploración biomecánica y técnica de adaptación en directo, que celebremos el 4 de mayo en la… https://t.co/bRiHrkaNvu
Si estás embarazada, mírate los pies. Reportaje en el suplemento #YES de @lavozdegalicia https://t.co/6T7ffUoRc3
La World Health Organization (WHO) celebra cada siete de abril, desde 1950, el Día Mundial de la Salud. Este año l… https://t.co/yFxlePTTSM