Consellos

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda non estar moito tempo sentado para evitar problemas circulatorios durante o confinamento

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda non estar moito tempo sentado para evitar problemas circulatorios durante o confinamento

Nas saídas a supermercados, farmacias ou a unha urxencia recorda que é importante quitar os zapatos na porta da casa, porque poden ser unha fonte de contaxio

Aconsella usar calzado e calcetíns amplos, comer moitas froitas, verduras e froitos secos, beber auga e manter un coidado diario dos pés

Ante a situación actual de Estado de Alarma en España debido á pandemia do coronavirus (COVID-19), a poboación está obrigada a pasar moitas horas na casa, co que aumenta o sedentarismo e el tempo que se está sentado, sen poder saír ao exterior a camiñar, dous factores de risco do confinamento que sumados poden provocar problemas na circulación en pés e pernas.

O Colexio de Podólogos de Galicia detalla unha serie de consellos para reducir, na medida do posible, os efectos que esta situación poida ter nos pés:

•    Evitar prendas e calzados apertados. O calzado debe ser amplo e plano, e intentar que as medias ou calcetíns non sexan moi axustados.
•    Non estar longos períodos de tempo sentado. Cada hora é aconsellable levantarse e dar paseos pola casa. Se se pasa moito tempo sentado, é recomendable colocar as pernas en alto e non cruzar as pernas.
•    Controlar a alimentación. Aumentar a inxesta de alimentos como froitas, verduras e froitos secos que poden axudar a mellorar a circulación, e evitar as graxas saturadas e o sal. Beber polo menos 1,5 litros de auga ao día.
•    Prestar atención ao coidado diario dos pés:

– Cortar as uñas rectas
– Secar ben os pés e prestar especial atención entre os dedos.Revisar os pés por se aparece algunha lesión.
– Non manipular as lesións, así como evitar o uso de calicidas.
– Hidratar os pés diariamente, dando unha masaxe desde os dedos ata o xeonllo. Evitar aplicar crema entre os dedos.
– En caso de que a persoa presente unha lesión grave, é preciso contactar co seu podólogo/a habitual, e este profesional sanitario tratará de darlle indicacións telefonicamente. Se a lesión é moi grave (presenza de infección ou úlcera), considerarase unha urxencia e poderá atenderse na clínica podolóxica. Só se poderán atender casos urxentes, co obxectivo de evitar que o paciente teña que asistir a urxencias hospitalarias, e así evitar o colapso do sistema sanitario público.

•    Se ten que saír da casa, por causa de extrema necesidade, para comprar alimentos ou medicamentos ou para unha urxencia, ao regresar debe sacar o calzado na porta. O calzado podería ser unha fonte de contaxio.

«No estar mucho tiempo sentado», nuestros consejos para el confinamiento en @Diario_Pontev https://t.co/KcAGJVCL7W
El @CGPodologos pide al Gobierno el cierre de las consultas. Los podólogos han aparcado su reinvidicación de formar… https://t.co/x7kG3doQXE
Evitar el sedentarismo en confinamiento,nuestros consejos en @elcorreogallego https://t.co/uCfuT4IR47
Los podólogos gallegos recomiendan evitar el sedentarismo por los problemas circulatorios https://t.co/WJAO60Mo9U vía @Farodevigo
Recomendaciones de los podólogos ante el confinamiento, @ABCenGalicia https://t.co/DQfAxv3l19
El Colegio de Podólogos de Galicia recomienda estar poco tiempo sentado https://t.co/80vKCNa9TF https://t.co/6zw6Zl4qhY
Los podólogos gallegos aconsejan "no estar mucho tiempo sentado" para "evitar problemas circulatorios" https://t.co/ivPeLmtof9
🔶 ¿Quieres reducir los efectos del confinamiento en los pies? Recomendaciones básicas para evitar problemas circul… https://t.co/bZZOBDK8QX
🔶 ¿Por qué pedimos el cierre de nuestras clínicas 🔑? Desde el @CGPodologos se han enviado al @sanidadgob los motiv… https://t.co/PxY9WyOtGm
🔶 Hoy conmemoramos el Día Mundial del Síndrome de Down 🎗👦🏼🧒🏽 Es recomendable que estas personas sean revisadas peri… https://t.co/kqaNNQGRhl
🔶Últimos protocolos de actuación frente a COVID-19 #QuedateEnCasaLeyendo .......... 🔷Derradeiros protocolos de act… https://t.co/kI7DqnDoFr
Rogamos a los colegiados prudencia en las redes sociales, nuestros pacientes las observan también. No realicemos ni… https://t.co/sZhUBc2d1A
Consejos sanitarios para el aislamiento domiciliario para personas con COVID-19 --- Consellos sanitarios para o ill… https://t.co/rBWaApI6oW
¿Y si tenía cita para el dentista? Odontólogos, ópticos y podólogos gallegos atenderán solo las urgencias… https://t.co/Ww52lGxIae
El Colegio de Podólogos combate los problemas de las personas con Síndrome de Down, en @Galicia24Horas ⬇️… https://t.co/KrTGIgwgkB
Juan Dios (Podólogos de Galicia) sobre los pies de las personas con Síndrome de Down vía @ActaSanitaria https://t.co/ZNGEqL5NIz
Podólogos dicen que pasar cuatro horas sentado causa trombos, en @elprogreso_Lugo y @Diario_Pontev ▶Nuestros compa… https://t.co/Ch8XfrIjHs
La estimulación precoz y las revisiones continuas, las mejores armas para combatir los problemas podológicos de las… https://t.co/bKDAdmsXKq