Noticias

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda o uso dun calzado de seguridade adecuado para protexer os pés e previr posibles lesións durante a xornada laboral

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda o uso dun calzado de seguridade adecuado para protexer os pés e previr posibles lesións durante a xornada laboral

Protección na punteira e talón, materiais impermeables e transpirables, sola antiescorregadiza e antiestática para previr accidentes eléctricos, e un interior reforzado para evitar perforacións son características dun bo calzado profesional

O Colexio de Podólogos de Galicia ofrece unha serie de recomendacións para o coidado dos pés durante o desenvolvemento da xornada laboral de traballadores de sectores como o da construción ou o industrial.
Con motivo do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, que se conmemora mañá martes 28 de abril, o Colexio de Podólogos de Galicia sinala a importancia de usar o calzado laboral ou de seguridade, elemento que forma parte do equipo de protección individual ( EPI) de calquera traballador ou traballadora, e das normativas de seguridade laboral vixentes (EN-344, EN-345, EN-346 e EN-347).

Segundo destaca o Colexio profesional, a finalidade do calzado de seguridade é protexer o pé e especialmente dedos e uñas e, por tanto, o corpo humano dos posibles riscos que comporta desenvolver unha actividade laboral.
“Os pés, especialmente os dedos, adoitan ser as zonas máis expostas a sufrir lesións por caídas de obxectos, impactos e golpes varios, polo que é necesario elixir un calzado resistente” –explica o presidente Juan Dios–.
En concreto, se a actividade laboral implica permanecer un longo período de tempo de pé, xa sexa en posición estático ou de movemento, o presidente apunta que os problemas en articulacións de pés, xeonllos, cadeiras e columna adoitan ser habituais, “polo que o calzado laboral pode ser un bo método de prevención”.

Doutra banda, os zapatos de uso profesional elabóranse actualmente con diferentes materiais protectores, aínda que os podólogos aconsellan revisar os compoñentes da súa fabricación, o seu deseño e forma para que os pés dos traballadores non se resintan pola utilización incorrecta dun calzado mal seleccionado, o que pode incidir negativamente na saúde e no desenvolvemento da actividade laboral. O Colexio de Podólogos de Galicia especifica os aspectos que se deben ter en conta á hora de elixir o tipo de zapato adecuado para cada usuario: o tempo que se vai traballar co calzado, o posto e o lugar no que se desenvolve a actividade laboral co obxecto de adaptar as propiedades do zapato ao traballo e á lexislación de cada sector. É importante tamén atender as características físicas de cada persoa para adecuar o calzado ás necesidades do seu corpo. Os podólogos recomendan elixir a talla correcta, probándoo para asegurarse, se é posible, cara ao final do día cando o pé está máis dilatado.

Características idóneas para un calzado laboral

Respecto das especificacións do calzado, o Colexio de Podólogos de Galicia aconsella elixir un resistente ao frío e á calor, con protección na punteira e zona do talón, cun peche que proporcione boa suxeición, que sexa o máis ergonómico posible, para facilitar o movemento do pé no seu interior, e que os materiais sexan impermeables. Tamén indica que é imprescindible que sexa transpirable, que inclúa unha sola antiescorregadiza e antiestática para previr accidentes eléctricos, e que a mediasola teña reforzo interior para evitar perforacións. Por outra banda, o Colexio recomenda utilizar zapatos lixeiros, xa que un calzado pesado dificultaralle ao usuario desempeñar correctamente a súa actividade profesional e, no caso das mulleres non se considera conveniente o uso de zapatos con tacón. Por último, no caso de que o traballador teña dúbidas con respecto ao calzado máis apropiado para o seu pé e a actividade que realiza, pode consultar co seu podólogo de confianza para que lle aconselle sobre o zapato que máis se adapte ás súas necesidades.

✨ Nueva Junta de Gobierno del @CGPodologos, presidida por Elena Carrascosa, presidenta del Colegio de Podólogos de… https://t.co/ZSOrX1ME4X
🔴 El presidente del Colexio de Podólogos de Galicia, Juan Dios, se convierte en el nuevo secretario del… https://t.co/ujcExG7xef
🔶 Continuamos con las recomendaciones sobre la #vueltaalcole y el cuidado de los pies de los niños, en esta ocasión… https://t.co/cvX19pzy15
🔶Ya está abierto el plazo de inscripciones para I Congreso internacional virtual monográfico de Podología/ Podiatrí… https://t.co/bOHE9FKgH4
🧓👵Día Mundial del #Alzheimer, recomendamos revisiones periódicas para prevenir el empeoramiento de lesiones, aconse… https://t.co/A3DxqmRp67
🦶 En las prácticas sobre intervencionismo ecográfico en tobillo y pie para infiltraciones, punción seca y EPTE, que… https://t.co/mECllNlLar
🔶 Os avanzamos los nombres del comité organizador y los ponentes del primer Congreso Internacional Monográfico Virt… https://t.co/nNPU3MDHIL
El Colexio de Podólogos imparte un curso para tratar diversas patologías https://t.co/5CgKNr1d4b
🔶 La junta de gobierno se ha reunido hoy para tratar cuestiones de gestión del Colexio 🤝 También ha renovado el co… https://t.co/OiiODwUXuN
✍️ Organizamos un curso de ecografía para diagnosticar y tratar diferentes patologías en la planta del pie o en el… https://t.co/3k0cp7R4f3
🤩 El próximo día 8 de octubre se celebrará el primer Congreso Internacional Monográfico Virtual de Podología-Podiat… https://t.co/tHdWzDvsdz
🔶 Ya está abierto el plazo para inscribirse en el I CONGRESO INTERNACIONAL VIRTUAL MONOGRÁFICO DE PODOLOGÍA. Tratar… https://t.co/seYopkSXtO
👣 #lavueltaalcole Desde el Colexio queremos recordar a los padres y madres la importancia de revisar y renovar el c… https://t.co/Slx8LwTux9
🔶 Para que un calzado 👞 sea considerado como óptimo para nuestros pies 👣 debe cumplir una serie de requisitos. Entr… https://t.co/i7m6vdMUTK
🎒👟Na volta ao cole, os pés de nenas e nenos merecen da nosa atención e coidados. Conversa coa podóloga e vicepresi… https://t.co/0FfZMGqlQu
Óscar Estraviz Paz. Subdirector de procesos asistenciales de enfermería del 061, que da un curso a podólogos: «Ense… https://t.co/quIjmHU81C
🔶 Así han realizado hoy las prácticas del curso de soporte vital básico las seis participantes en la #formación org… https://t.co/gMuMuRZbwj
🩺Podólogos de Lugo se forman en primeros auxilios y técnicas de reanimación en el Centro de Saúde de Fingoi Leer m… https://t.co/gXycaUoKvV