Noticias

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda protexer os pés dos seus principais inimigos no verán, o sol e os fungos

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda protexer os pés dos seus principais inimigos no verán, o sol e os fungos

Aconsella usar crema de alta protección para evitar queimaduras na zona do empeine e chanclas en piscinas e praias para non contraer “pé de atleta”

Advirte de que o abuso dos esmaltes permanentes pode converter á unlla nun “foco xerador de fungos”

Xa en pleno verán, as praias e piscinas galegas esperan ansiosas aos seus veraneantes, dispostos tamén a gozar do bo tempo ao aire libre. Pero ademais de descansar e divertirse, o Colexio de Podólogos de Galicia lembra que os pés sofren moito no verán e recomenda prestarlles especial coidado nesta época do ano.

O Colexio de Podólogos de Galicia sinala que é conveniente protexer os pés do sol e das superficies quentes. En contra do que pode parecer, os podólogos indican que adoitan producirse máis queimaduras nos pés por falta de crema que por pisar area ou chans requentes, aínda que no caso da praia é aconsellable camiñar pola area húmida á beira do mar. Para a protección dos pés hai que usar crema solar. Normalmente, os pés deben levar unha protección máis alta que o resto do corpo xa que non están afeitos a que lles dea o sol, ao pasar o resto do ano tapados polo calzado, por iso os podólogos galegos aconsellan usar protección solar principalmente para protexer dos raios ultravioletas a parte de arriba do pé, é dicir a zona do empeine.

Outro das complicacións que poden aparecer nos pés en época estival son os fungos, patoloxía coñecida como “pé de atleta”. O xa novo presidente do Colexio de Podólogos de Galicia, Juan Dios, explica que, na medida do posible, non hai que camiñar descalzo en piscinas nin baños públicos, porque son lugares de contaxio potencial de fungos ou outras afeccións, onde é totalmente necesario o uso de chanclas. Para erradicar aínda máis a posibilidade de contaxio, recoméndase non compartir o calzado nin a toalla, nin camiñar descalzo sobre moquetas de hoteis ou espazos públicos.

Pero o uso das chanclas está totalmente limitado á zona de baño, e é por iso que o presidente lembra que hai que procurar 2non abusar das chanclas”, non utilizalas de forma continuada e durante tempos prolongados pola inestabilidade que xera ao ter o pé menor suxeción. “Non é un calzado deseñado para camiñar, e moito menos para correr, e pode xerar problemas co paso do tempo, como desenvolvemento de dedos en garra ou fascite plantar” – afirma o presidente.

Ademais, segundo os expertos, a area é un perfecto exfoliante natural, e ao correr increméntase a fricción da pel da planta do pé coa area polo que se conseguirá unha pel máis suave, aínda que lembran que se se corre descalzo córrese o risco de cravarse calquera corpo estraño. E para extremar o coidado dos pés e consentilos no verán, os podólogos consideran que pode ser moi útil para manter unha boa saúde dos pés aplicar cremas hidratantes apropiadas para o seu coidado.

Os esmaltes dificultan a transpiración, danan a lámina ungueal e fan que a uña se faga máis fina, perda brillo e rompa con máis facilidade

Nos últimos anos acentuouse a atención estética ás uñas dos pés, coa popularización dos esmaltes permanentes. Coa chegada do verán e a idea de lucir unhas uñas perfectas, o Colexio de Podólogos de Galicia quere trasladar á poboación os problemas que pode carrexar o uso excesivo do esmaltado permanente.

Esta técnica permite ter intacto o esmalte das uñas durante máis tempo. Os podólogos galegos advirten de que un uso continuado deste tipo de produtos pode ocasionar danos na lámina ungueal e facer que as uñas se fagan máis finas, perdan brillo e rompan con máis facilidade ao non transpirar de forma natural.

Os podólogos explican que a perda de brillo e a rotura prodúcense ao puír a lámina ungueal para deixala porosa e facilitar así a adhesión das capas de xel, que se aplican para dar forma e endurecer a uña. O proceso péchase ao utilizar unha lámpada UV ou LED para o secado. Lembran que pasadas unhas dúas ou tres semanas retírase o xel e o esmalte usados mediante un novo limado e o uso dunha acetona concentrada.

Tras este proceso, os podólogos sinalan que as uñas se debilitan, perden grosor, son máis propensas á ruptura e poden sufrir a aparición de manchas amarelas e granulomas de queratina (manchas brancas), ademais de infeccións por fungos. “O abuso dos esmaltes permanentes pode converter á uña nun foco xerador de fungos”- explican­. Algúns sinais que poden mostrar a presenza de fungos son a aparición de rugosidades nas uñas, o aumento da suoración e a maceración interdixital, o ter a pel escamada nesa zona, un cambio de cor nas uñas ou nos dedos e a aparición de mal cheiro ou pequenas bochas.

 

pies duchas piscinas

Cómo tratar los pies secos y agrietados en verano https://t.co/FKutPJIeWR vía @hola
La Audiencia de Valencia ratifica la primera condena por intrusismo en Podología https://t.co/GidthuDbHO vía @valenciaplaza
Juan Dios y Borja Pérez completaron el traspaso de poderes con una última sesión de trabajo presidencial y la consi… https://t.co/qtwvKl83Tg
Juan Dios: «Cuidar los pies es algo indispensable», entrevista en @VozBar y @vozcarballo https://t.co/Ee4O3VR5tQ
Nuestro presidente Juan Dios asistió a la entrega de las #MedallasdeGalicia en la @CidadedaCultura, a los expreside… https://t.co/nKDlsUdhWB
Los consejos para el cuidado de los pies en verano, en el programa A Tarde @RadioGalega https://t.co/8I4JY9emLE
Los podólogos de Galicia recomienda proteger los pies de sus principales enemigos en verano, el sol y los hongos… https://t.co/HwzWfHD3EE
📌Las personas mayores son uno de los colectivos más propensos a sufrir dolencias en los #pies. ¿Cómo afectan estas… https://t.co/1vmgbSYKpf
Dale al ▶️ y escucha los comentarios de nuestro presidente, Juan Dios, en el programa Convivir de @RadioGalega en r… https://t.co/wulGw0HMib
📢📢‼️ Abierto el plazo de inscripción para el CURSO DE INICIACIÓN A LA CIRURGÍA DE MÍNIMA INCISIÓN que se celebra el… https://t.co/cxwnXNLUkf
Asistencia podológica en el medio rural de Galicia, artículo de opinión del presidente Juan Dios en @lavozdegalicia https://t.co/fBiNAFhggT
Podólogos galegos recomendan protexer os pés dos "seus principais inimigos" no verán, como o sol e fungos… https://t.co/zveuHDnqZR
Podólogos gallegos recomiendan proteger los pies de "sus principales enemigos" en verano, como el sol y hongos https://t.co/Gz3YNCJOZ0
Atención para verano‼️ Recomendamos proteger los pies 👣de sus principales enemigos, el sol 🌞 y los hongos 🦶… https://t.co/4RPbVqmRTr
Evitar las ampollas y lesiones en el Camino de Santiago, nuestros consejos en la revista @diezminutos_eshttps://t.co/XxL9ioZk1z
Rocío Dono: «Podemos facer todos os tratamentos que precise o pé, incluída a cirurxía». La nueva vicepresidenta del… https://t.co/wkipib8rae