Actividades

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda un coidado diario dos pés do paciente diabético para evitar lesións e úlceras

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda un coidado diario dos pés do paciente diabético para evitar lesións e úlceras

O Colexio de Podólogos de Galicia quere alertar ás persoas diabéticas sobre o coidado diario dos seus pés no Día Mundial da Diabetes, que se celebrará mañá mércores, 14 de novembro. O pé diabético definese como a infección e destrución de tecidos profundos, asociado con alteracións neurolóxicas e varios graos de enfermidade vascular periférica desta extremidade inferior. Unha das complicacións máis frecuentes da diabetes é a súa afectación aos nervios e ás arterias. Isto ten unha especial repercusión nos pés, xa que aumenta a frecuencia de erosións, cortes e mesmo queimaduras que, de non levar un tratamento axeitado, é probable que se convertan en úlceras que poden acabar en amputación.

Segundo explica o voceiro colexial, Borja Pérez, as características clínicas do pé diabético son a perda de sensibilidade táctil, térmica, dolorosa e vibratoria, ademais de observar unha atrofia e debilidade intrínseca do membro, finalmente ata derivar en úlceras. “En España un 30% das persoas entre 70 e 74 anos padecen polineuropatía diabética nos seus pés” –apunta–.

Para un bo coidado do pé diabético, ademais de prestar especial atención ao lavado, secado e hidratación, deben revisarse diariamente, inspeccionando a presenza de rozaduras, chagas, cortes, ampolas, durezas e áreas arroibadas ou inchadas. Ademais, é preciso coidar as unllas e escoller correctamente o material para vestir os pés e o calzado. Esta revisión deberá facerse cunha boa iluminación natural e inspeccionando ben todas as zonas da planta e as dedas coa axuda dun espello.

Os podólogos galegos explican que para evitar o aumento desta neuropatía débese controlar o consumo de bebidas alcohólicas, deixar de fumar e levar unha vida activa a través de exercicios físicos adaptados ao diabético, aproximadamente tres veces por semana.

Coidado dos pés do paciente diabético:

Extremar os coidados hixiénico-sanitarios dos pés (lavado, secado e hidratación).
Examinar todos os días os pés, en especial a planta, as unllas e entre as dedas.
Mirar se hai zonas arroibadas, calos, ampolas, grietas ou feridas. Para ver zonas difíciles como a planta os podólogos recomendan o uso dun espello.

– Evitar costuras interiores en zapatos e calcetíns (revisar coa man).
– Non empregar auga moi quente (probar antes a temperatura co cóbado).
– Alonxar os pés das fontes de calor directa –bolsas de auga quente, xeo, mantas eléctricas–, xa que teñen menos sensibilidade e poden aparecer ampolas ou queimaduras sen percatase.
– Non andar descalzo.
– Evitar a manipulación de lesións.
– Acudir ao podólogo para someterse a unha exploración específica do pé e recibir orientación sobre os coidados específicos que pode necesitar. Aínda que non se teña ningún problema aparente convén realizar revisións periódicas co obxecto de vixiar a súa evolución.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

🔶El próximo 8 de octubre 👉 Día Internacional de la Podología/Podiatría con el I Congreso Internacional Virtual Mono… https://t.co/RsaGgBEzAM
Elena Carrascosa, presidenta del Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos y el gallego Juan Dios, secreta… https://t.co/1C8ReSxokt
Juan Dios, nuevo secretario del Consejo de Colegios de Podólogos https://t.co/ZyEG8PWSZZ
✨ Nueva Junta de Gobierno del @CGPodologos, presidida por Elena Carrascosa, presidenta del Colegio de Podólogos de… https://t.co/ZSOrX1ME4X
🔴 El presidente del Colexio de Podólogos de Galicia, Juan Dios, se convierte en el nuevo secretario del… https://t.co/ujcExG7xef
🔶 Continuamos con las recomendaciones sobre la #vueltaalcole y el cuidado de los pies de los niños, en esta ocasión… https://t.co/cvX19pzy15
🔶Ya está abierto el plazo de inscripciones para I Congreso internacional virtual monográfico de Podología/ Podiatrí… https://t.co/bOHE9FKgH4
🧓👵Día Mundial del #Alzheimer, recomendamos revisiones periódicas para prevenir el empeoramiento de lesiones, aconse… https://t.co/A3DxqmRp67
🦶 En las prácticas sobre intervencionismo ecográfico en tobillo y pie para infiltraciones, punción seca y EPTE, que… https://t.co/mECllNlLar
🔶 Os avanzamos los nombres del comité organizador y los ponentes del primer Congreso Internacional Monográfico Virt… https://t.co/nNPU3MDHIL
El Colexio de Podólogos imparte un curso para tratar diversas patologías https://t.co/5CgKNr1d4b
🔶 La junta de gobierno se ha reunido hoy para tratar cuestiones de gestión del Colexio 🤝 También ha renovado el co… https://t.co/OiiODwUXuN
✍️ Organizamos un curso de ecografía para diagnosticar y tratar diferentes patologías en la planta del pie o en el… https://t.co/3k0cp7R4f3
🤩 El próximo día 8 de octubre se celebrará el primer Congreso Internacional Monográfico Virtual de Podología-Podiat… https://t.co/tHdWzDvsdz
🔶 Ya está abierto el plazo para inscribirse en el I CONGRESO INTERNACIONAL VIRTUAL MONOGRÁFICO DE PODOLOGÍA. Tratar… https://t.co/seYopkSXtO
👣 #lavueltaalcole Desde el Colexio queremos recordar a los padres y madres la importancia de revisar y renovar el c… https://t.co/Slx8LwTux9
🔶 Para que un calzado 👞 sea considerado como óptimo para nuestros pies 👣 debe cumplir una serie de requisitos. Entr… https://t.co/i7m6vdMUTK
🎒👟Na volta ao cole, os pés de nenas e nenos merecen da nosa atención e coidados. Conversa coa podóloga e vicepresi… https://t.co/0FfZMGqlQu
Óscar Estraviz Paz. Subdirector de procesos asistenciales de enfermería del 061, que da un curso a podólogos: «Ense… https://t.co/quIjmHU81C
🔶 Así han realizado hoy las prácticas del curso de soporte vital básico las seis participantes en la #formación org… https://t.co/gMuMuRZbwj