Consellos

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda unha exploración biomecánica previa á práctica de running para previr lesións

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda unha exploración biomecánica previa á práctica de running para previr lesións

Borja Pérez, presidente: “A aparición de lesións depende da calidade biolóxica de cada corredor”

Aconsella aos penitentes preparar os seus pés para o esforzo das procesións de Semana Santa

Moitas persoas deciden dedicar na actualidade o seu tempo libre á práctica de running, sen dúbida unha actividade moi saudable que se converte nun fiel reflexo do desenvolvemento social. A motivación para saír a correr é diversa, pero prevalece especialmente o desexo de sentirse mellor cun mesmo, tanto fisicamente “coa intención de perder peso, mellorar os niveis de glicosa, colesterol e acedo úrico ou baixar as pulsacións e a tensión arterial”, como mentalmente para combater a tensión e a ansiedade.

A medida que o corpo se adapta, van aparecendo desafíos na práctica de running, xa sexa aumentando a distancia percorrida ou a duración do adestramento. O Colexio de Podólogos de Galicia lembra que en moitos casos a súa práctica pode desencadear lesións físicas, que xorden por factores como a idade e o sexo, ritmos excesivos para o corpo, novas cargas musculares e alteracións no aparello locomotor, mala elección do calzado deportivo e o uso dunha zapatilla deportiva inadecuada para o tipo de pé e pisada, o abuso de superficies duras e unha mala técnica de adestramento. “No momento menos esperado pode chegar a lesión, polo que se debe de entrar nun período de repouso e tratamento”- indica o presidente do Colexio, Borja Pérez Serrano.

O Colexio de Podólogos de Galicia sinala que o pé é a estrutura anatómica máis castigada e sometida a maior peso durante a carreira, e por iso será a que máis lesións sufrirá, ademais do xeonllo, a cadeira e a columna lumbar. Os podólogos afirman que a maior parte das lesións son transmitidas pola existencia dun pé mal estruturado. “A pronación fisiolóxica do pé aumenta de maneira progresiva durante a carreira a consecuencia da fatiga muscular, o que leva que a pegada plantar dun corredor véxase modificada despois de realizar unha carreira, converténdose nunha pegada máis plana e con maior apoio na rexión metatarsal, a efecto do aumento de pronación- explica o presidente.

Ademais, os especialistas aclaran que existen corredores que, tendo unha mala estrutura anatómica, adoitan padecer unicamente sobrecargas musculares ou outras pequenas molestias e, en cambio, aqueles que contan aparentemente cunha boa morfoloxía sofren unha lesión tras outra. “A aparición de lesións depende da calidade biolóxica de cada corredor” -asegura Borja Pérez.

Consellos para evitar lesións durante o running:

–       Partir dun peso acorde á fisonomía do corredor. A unha persoa con obesidade recoméndaselle que realice unha dieta para perder peso antes de comezar a carreira. Polo momento aconséllaselle camiñar.

–       Manter unha nutrición e alimentación adecuadas, xa que ao realizar a actividade aumenta o consumo enerxético.

–       É fundamental realizar un quecemento previo antes de comezar a correr.

–       A roupa e o calzado utilizado debe permitir a correcta transpiración.

–       Os ritmos de adestramento débense aumentar de maneira progresiva sen obsesionarse polo progreso nin comparándose con outros corredores, xa que cada un ten unhas características específicas.

–       Prestar especial atención á superficie. Recoméndase comezar correndo en parques ou camiños de terra ao ser unha superficie menos agresiva que o asfalto ou as beirarrúas.

O factor máis preventivo para previr lesións é, segundo o Colexio de Podólogos, a exploración biomecánica do pé. Así mesmo, os persoais do corredor deben ser recomendadas e personalizadas por un podólogo, no caso de que sexa necesaria a súa utilización.

O calzado para as procesións: sola flexible, grosa e antiescorregadiza, suxeito ao empeine, con contraforte e punteira ancha

Miles de persoas participarán, como confrades ou fieis, nos desfiles procesionais de Semana Santa que se celebrarán ao longo desta semana en toda Galicia, aínda que de forma destacada en localidades como Ferrol ou Viveiro, declaradas Festas de Interese Turístico Internacional, ou noutros puntos como Fisterra, Cangas do Morrazo ou Paradela en Meis.

O Colexio de Podólogos de Galicia explica que os pés constitúen unha das partes do corpo que máis sofre durante a participación nas procesións, porque se someten a esforzos pouco habituais, como soportar a carga dos pasos, longas camiñadas ou horas de espera sen asento. É importante manter prácticas saudables antes, durante e despois das procesións, así como visitar a consulta dun profesional da podoloxía ante calquera dúbida para previr doenzas e lesións. “Permanecer demasiado tempo de pé, camiñar durante horas a paso moi lento, cargar cun peso, utilizar un calzado inadecuado ou pisar os restos de cera das procesións poden provocar bochas, dores ou uñas negras que se poderían evitar” -explica o presidente.

Ademais, o Colexio recomenda comprar o calzado pola tarde, cando os pés están máis inchados, e usalo uns días antes para non estrealo no momento das procesións. “O calzado é preferible que sexa de sola flexible, grosa e antiescorregadiza, suxeito ao empeine, con contraforte e punteira ancha. Hai que lavar os pés sen baños prolongados e secalos moi ben, cortar as uñas rectas e manter a pel hidratada” – apunta o presidente.

Á hora de formar parte das procesións, o Colexio aconsella non saír descalzo pola cantidade de riscos de feridas e infeccións ás que se expoñen os pés. En caso de desatender este consello, sinala que hai dous hábitos fundamentais, hidratar os pés ben cunha crema cunha porcentaxe alta dun composto químico chamado urea, e lavalos con esmero ao chegar a casa.

Tanto nos casos de formar parte da procesión como de asistir como público, os podólogos destacan que outras prácticas recomendables nos casos de paradas prolongadas son cambiar alternativamente a perna de apoio, realizar movementos xiratorios con cada pé e porse ás veces no bico dos pés para reactivar a circulación.

Ademais, os podólogos lembran que os pés poden recuperarse nunha soa noite, pero subliñan que é moi importante observalos minuciosamente, do mesmo xeito que o calzado para comprobar posibles alteracións ao chegar a casa tras as procesións. Baños de contraste con auga fría e quente, colocar os pés no alto e masaxear desde os dedos cara ao talón son algunhas prácticas recomendables para aliviar os pés inchados. No caso de bochas, Borja Pérez destaca a importancia de non abrilas, limpar con antiséptico, cubrir con gasa e consultar ao podólogo.

“A aparición de lesións depende da calidade biolóxica de cada corredor”

Aconsella aos penitentes preparar os seus pés para o esforzo das procesións de Semana Santa

Borja Pérez Serrano fixo recomendacións profesionais para o coidado dos pés peregrinos na @TVGalicia @RadioGalegahttps://t.co/gQiYl2b8IN
Borja Pérez Serramo asistió esta tarde a la graduación de los nuevos podólogos en el campus de Ferrol @vozferrolhttps://t.co/gfCvlN8HCe
La directora de comunicación de la Organización Médica Colegial de España, Teresa Alfageme, dirige un equipo de 5 p… https://t.co/cOWeyxoJY4
Os podólogos asesoran os penitentes para evitar doenzas, en Televisión de Galicia​ https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be
Seguimos apoyando a los #deportistas. Ayer domingo en la carrera popular gandeira de Santa Comba en la asistencia… https://t.co/B3uqseFNjN
Los podólogos dan las pautas para la Semana Santa - Diario Sanitario https://t.co/XVuRiGpGbk
El domingo de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores con i… https://t.co/hRMZwvaw6d
El domingo-21 de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores co… https://t.co/DPUl6xcCqE
Consejos para los principiantes en el running y así evitar lesiones innecesarias https://t.co/7vktSb46Z3
Exploración biomecánica para evitar lesiones https://t.co/btxmgbUtKg
Recomendamos na exploración biomecánica previa a la práctica de running para prevenir lesiones Borja Pérez, presid… https://t.co/dKIUouSwG7
📸 Álbum de fotos de la jornada de asistencia podológica a los corredores del maratón Coruña42 , ayer domingo en la… https://t.co/vCr5IH6fAQ
🏃‍♂️🏃‍♀️Este domingo se celebra el VIII Maratón Atlántica @Coruna42 , y allí estaremos los podólogos‼️Asistiremos a… https://t.co/EanFoGTyEw
Nuestro presidente abrió ayer en el congreso de estudiantes en la facultad de FERROL. https://t.co/7ODHEggyWM