Novas

O Colexio de Podólogos de Galicia terá unha Xunta de Goberno de continuidade ao proclamarse electa a candidatura do seu actual equipo

O Colexio de Podólogos de Galicia terá unha Xunta de Goberno de continuidade ao proclamarse electa a candidatura do seu actual equipo

Borja Pérez convértese no presidente da entidade para defender os “intereses da profesión” e loitar contra o “intrusismo”

O Colexio de Podólogos de Galicia pechou o día 11 de maio o prazo para a presentación de candidaturas ás eleccións da súa Xunta de Goberno, segundo as condicións establecidas no seu calendario electoral. A entidade recibiu unha única candidatura, que foi admitida tras comprobar que todos os seus membros presentan as condicións para ser elegibles segundo os Estatutos Colexiais.

Así, a comisión electoral ha proclamado electa a seguinte candidatura a Xunta de Goberno do Colexio de Podólogos de Galicia, que tomará posesión dos seus cargos o vindeiro martes, día 26:

-Borja Pérez Serrano, presidente

-Montserrat Martínez Espiño, vicepresidenta

-María dos Anxos Fernández Trigo, secretaria

-Alfonso Alonso González, tesoureiro

-Lucía Pazos Rivera, vogal

-Juan Francisco Dios Tomé, vogal

Esta candidatura supón un proceso de continuidade na Xunta de Goberno do Colexio, ao manter practicamente a todos os membros que exerceron os seus cargos no últimos catro anos, compondo un equipo de traballo “novo e dimámico” que se compromete a representar e defender os “intereses da profesión”, loitar contra o “intrusismo” e achegar a figura do podólogo e as súas competencias á poboación.

O Colexio de Podólogos de Galicia ten entre as súas funcións o labor de velar pola ética profesional, impedir e perseguir os casos de “intrusismo”, organizar actividades e ofrecer servizos comúns de carácter profesional de interese para os colexiados, como a formación avanzada en materia quirúrxica ou a aposta pola administración electrónica, ademais de programar congresos, conferencias e xornadas para estimular o perfeccionamento técnico, científico e humanístico da profesión. Outro obxectivo da entidade céntrase en fomentar as relacións con outros profesionais do ámbito sanitario.

Posted in Novas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Borja Pérez Serrano fixo recomendacións profesionais para o coidado dos pés peregrinos na @TVGalicia @RadioGalegahttps://t.co/gQiYl2b8IN
Borja Pérez Serramo asistió esta tarde a la graduación de los nuevos podólogos en el campus de Ferrol @vozferrolhttps://t.co/gfCvlN8HCe
La directora de comunicación de la Organización Médica Colegial de España, Teresa Alfageme, dirige un equipo de 5 p… https://t.co/cOWeyxoJY4
Os podólogos asesoran os penitentes para evitar doenzas, en Televisión de Galicia​ https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be https://t.co/ZghubCy1Be" target="_blank">https://t.co/ZghubCy1Be
Seguimos apoyando a los #deportistas. Ayer domingo en la carrera popular gandeira de Santa Comba en la asistencia… https://t.co/B3uqseFNjN
Los podólogos dan las pautas para la Semana Santa - Diario Sanitario https://t.co/XVuRiGpGbk
El domingo de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores con i… https://t.co/hRMZwvaw6d
El domingo-21 de Semana Santa estaremos en la “I Clásica Gandeira de Santa Comba” 🐮, asistiendo a los corredores co… https://t.co/DPUl6xcCqE
Consejos para los principiantes en el running y así evitar lesiones innecesarias https://t.co/7vktSb46Z3
Exploración biomecánica para evitar lesiones https://t.co/btxmgbUtKg
Recomendamos na exploración biomecánica previa a la práctica de running para prevenir lesiones Borja Pérez, presid… https://t.co/dKIUouSwG7
📸 Álbum de fotos de la jornada de asistencia podológica a los corredores del maratón Coruña42 , ayer domingo en la… https://t.co/vCr5IH6fAQ
🏃‍♂️🏃‍♀️Este domingo se celebra el VIII Maratón Atlántica @Coruna42 , y allí estaremos los podólogos‼️Asistiremos a… https://t.co/EanFoGTyEw
Nuestro presidente abrió ayer en el congreso de estudiantes en la facultad de FERROL. https://t.co/7ODHEggyWM