Novas

O podólogo Daniel López ofrecerá unha conferencia en Santiago para concienciar aos cidadáns sobre a necesidade de coidar os seus pés

O podólogo Daniel López ofrecerá unha conferencia en Santiago para concienciar aos cidadáns sobre a necesidade de coidar os seus pés

Forma parte da campaña Pé Saudable e as actividades programadas polo Colexio de Podólogos de Galicia para festexar o vindeiro sábado-24 o Día da Podoloxía

A charla celebrarase o venres-23 no Centro de Maiores Afundación, a partir das 18:30 horas

Con motivo do Día da Podoloxía e da Semana do Pé Saudable, o Colexio de Podólogos de Galicia celebrará unha charla informativa o vindeiro venres, día 23, no Centro de Maiores Afundación de Santiago (Carreira do Conde, 18 baixo) sobre os coidados xerais do pé e a evolución da profesión. O presidente do Colexio de Podólogos de Galicia, Borja Pérez, presentará a conferencia que impartirá o podólogo Daniel López a partir das 18:30 horas. O proxecto Pé Saudable, patrocinado polo Consello Xeral de Colexios de Podólogos, é unha campaña de concienciación a nivel nacional sobre a necesidade de coidar de forma preventiva os pés.

Así como a xente visita periodicamente ao odontólogo e ao oftalmólogo, o Colexio de Podólogos de Galicia pretende transmitir aos cidadáns a importancia de ter os pés saudables, xa que calquera molestia podería levar a maiores problemas de saúde a curto, mediano ou longo prazo, tanto a pacientes adultos como aos máis pequenos. A semana culminará coa celebración do Día da Podoloxía o vindeiro sábado, 24 de outubro. Podólogos de toda Galicia realizarán o último tramo do Camiño de Santiago a partir das 10:00 horas, camiñando desde o Monte do Gozo até a Praza do Toural. Repartirán información aos peregrinos do camiño, un folleto informativo no que se desenvolven as principais patoloxías podológicas e a necesidade de manter uns pés sans acudindo polo menos unha vez ao ano a unha clínica de podoloxía. A xornada pecharase cunha divertida acción social na Praza do Toural, onde ás 12:00 horas todos os presentes daranlle unha patada a un globo coa lema “pé saudable”.

O podólogo, profesional sanitario que prevén, diagnostica e trata os problemas do pé

Daniel López explica que os podólogos dispoñen de ferramentas de última xeración na avaliación e o diagnóstico das alteracións e deformidades dos pés por medio de ecógrafos que permiten detectar lesións musculares,  digitalizadores de imaxe ou aparellos de raios X para detectar alteracións nos ósos, plataformas de presión  para analizar a forma de pisar e o equilibrio á hora de estar de pé e camiñar e o máis moderno instrumental para medir o tamaño dos ósos e o rango de movementos das articulacións.

Para o tratamento das enfermidades do pé de maneira conservadora Daniel López indica que se poden aplicar vendajes funcionais para restablecer a función do pé, ortesis plantares e próteses realizadas de maneira individualizada para mellorar a postura e axudar a pisar e camiñar de maneira adecuada, do mesmo xeito que existen tratamentos farmacolóxicos como as infiltracións ou a administración de anestésicos locais para reducir a dor do pé. No caso de deformidades que limiten a autonomía, Daniel López sinala que se utilizan técnicas cirúrxicas de cirurxía do pé.

Recomenda acudir polo menos unha vez ao ano ao podólogo

As escordaduras, a fatiga muscular, as tendinites,  a fasctitis plantar, a dor nos pés, neuroma de morton, as deformidades nos dedos martelo ou en garra, os juanetes, as uñas encarnadas, onicodistrosfias), as verrugas plantares ou as infeccións por fungos son os problemas máis habituais que se presentan na consulta do podólogo. Daniel López explica que estas lesións se poden relacionar coa herdanza xenética, enfermidades crónico-dexenerativas, como a obesidade, diabetes, artrose, artrite reumatoidea ou alteracións psicolóxicas, ou por un estilo de vida sedentario. “Debido a que os pés están sometidos a unha gran desprotección convértense en zonas  de alto risco de lesión e preocupación para a saúde das persoas” -destaca Daniel López.

Para coidar os pés, Daniel López comenta que as persoas deben acudir periodicamente a unha clínica de podoloxía, polo menos unha vez ao ano, para controlar, manter e revisar a saúde dos pés. En grupos de poboación vulnerables “escolares, persoas maiores, mulleres embarazadas, persoas diabéticas, deportistas” deben visitar a un podólogo cada menos tempo para incrementar o seu rendemento e  previr a aparición de alteracións e deformidades nos pés.

Non ao autotratamiento con callicidas, pedras ou exfoliantes

Entre os coidados básicos dos pés e para manter uns pés saudables, Daniel López sinala que as persoas deben examinalos regularmente, lavar e secar adecuadamente, hidratar a pel diariamente, curtas as uñas de forma recta, usar medias e calcetíns de fibras naturais que favorezan a transpiración e procurar non camiñar descalzos en espazos públicos para evitar infeccións. O podólogo indica tamén que é importante elixir correctamente o calzado evitando as sandalias sen sujeción, os zapatos demasiado apertados ou frouxos e os zapatos inestables (sola en balancín ou de tacón cun máximo de 4-5 centímetros) que pon en risco o normal funcionamento do pé. Débense comprar sempre ao final do día e optar por materiais naturais e sola de goma que xere confort en cada pisada.

Daniel López destaca que é esencial evitar o “autotratamiento con callicidas, pedras, limas ou exfoliantes” que poden provocar a perda de tecido graso nos pés e o incremento da presión ao camiñar nas articulacións, ademais de facilitar microlesiones.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

📣🗣Os consellos dos podólogos á hora de marcar calzado para a volta ao cole. Así comentó el presidente del COPOGA, J… https://t.co/rYc3Ohf42A
El presidente Juan Dios estará mañana en directo en el programa A Revista Fin de Semana de @TVGalicia, a partir de… https://t.co/3sJczAoM1B
La secretaria del @ColexioPodologo, Cristina Fernández Espiño, habla sobre #lavueltaalcole y el cuidado de los 👣 de… https://t.co/51VnlaGKmg
📢 Abierto el plazo de inscripción del TALLER DE BIOMECÁNICA DEL CORREDOR que se celebrará el 26 de octubre en la se… https://t.co/mmYIDt94HB
Nuestros consejos para #lavueltaalcole en @TVGalicia . Os podólogos recomendan para o curso calzado de calidade e a… https://t.co/YbO1reJgP5
El vocal de la junta de gobierno del @ColexioPodologo, Gonzalo Barros, comenta en el programa A Tarde de… https://t.co/XNg4ogHmLP
Los podólogos aconsejan calzado específico para cada actividad escolar, en @vozdesantiago https://t.co/4StdIiiEDP
El Colegio de Podólogos de Galicia señala la importancia de elegir el calzado adecuado, en https://t.co/8rPqIyxSXX https://t.co/PkWtFN8Xxa
Nuestras recomendaciones para #lavueltaalcole​ 👏👏👏Vuelta al cole: Los errores más frecuentes en la elección de calz… https://t.co/ERK9jgo8Gt
#Lavueltaalcole2019 🧳🎒Recomendamos que los más pequeños usen un calzado específico según el tipo de actividad físic… https://t.co/RMaKPDMQuW
Nuestro presidente Juan Dios ha firmado la renovación del Seguro Colectivo de Responsabilidad Civil Profesional con… https://t.co/ZSPmMB1nVc
Consejos para que los pies sobrevivan al Camino de Santiago https://t.co/bKTmJA7au3
Todavía en verano y con calor ⛱☀️, nuestra junta directiva calienta motores para la recta final de año. Se han reun… https://t.co/pw5cKQR2UA
Cómo tratar los pies secos y agrietados en verano https://t.co/FKutPJIeWR vía @hola
La Audiencia de Valencia ratifica la primera condena por intrusismo en Podología https://t.co/GidthuDbHO vía @valenciaplaza
Juan Dios y Borja Pérez completaron el traspaso de poderes con una última sesión de trabajo presidencial y la consi… https://t.co/qtwvKl83Tg
Juan Dios: «Cuidar los pies es algo indispensable», entrevista en @VozBar y @vozcarballo https://t.co/Ee4O3VR5tQ
Nuestro presidente Juan Dios asistió a la entrega de las #MedallasdeGalicia en la @CidadedaCultura, a los expreside… https://t.co/nKDlsUdhWB